Viaxe da Escola de Maiores a Ferrol

Onte, día 14 de xuño, a Escola de Maiores do Concello de Xove visitou a Cidade de Ferrol dentro do seu programa de visitas culturais. En total viaxaron 36 maiores da escola, acompañados da concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, e a Educadora Familiar, Angélica Casabella, responsable da actividade.

vistaFerrol

Acompañados dunha guía turística percorreron as instalacións do Arsenal, o barrio da Magdalena e a Concatedral. Despois do xantar, desplazáronse para vistar o castelo de San Felipe.

A visita tivo un punto de profunda emoción, polo menos para unha parte do grupo, xa que moitos dos homes presentes recordaron o seu paso por Ferrol cando fixeron a “mili”, lóxicamente xa hai moitos anos. Inda tiñan frescas as vivencias de cando moraban neses espazos que onte percorreron, vivencias que compartiron cos restantes membros do grupo.