Programa de Termalismo Social da Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo puxo en marcha o Programa de Termalismo Social “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”  dirixido ás persoas maiores de 50 anos da provincia de Lugo que acoden aos balnearios fundamentalmente a efectuar curas de saúde e/ou buscando a realización de actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio.

Os balnearios participantes no programa son os da provincia de Lugo: Balneario de Lugo “Termas Romanas”, Balneario “Oca Río Pambre”, Guitiriz “Hotel Balneario & Golf Club”, “Oca Aguas Santas Balneario Golf Resort”), e ofértanse un total de 1.400 prazas, durante os meses de agosto a decembro do 2011.
Requisitos:Ter cumpridos 50 anos, ou máis. No caso de ser acompañante, sempre e cando sexa cónxuxe ou análoga relación, non será preciso que cumpla co requisito da idade.Estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo.
Prazo de inscrición:Comezará o 20 de xuño, e rematará cando se cubran todas as prazas ofertadas.