Concurso "LETRAS GALEGAS" 2014.- literario e de artes plásticas

Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende 4º de Infantil a 4º de ESO

Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á lingua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos, COAS BASES REGULADORAS SEGUINTES....

BASES REGULADORAS

CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:

No Concurso Literario poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluídos. Loxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluídos deste Concurso por razóns obvias.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:

 As técnicas a empregar tanto en debuxo como en cómic, quedan á elección do autor, podendo empeñarse mesmo o “collage”.

 -Loxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso adicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamenente o galego.

 -Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ou sexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do participante.

 No momento da entrega do traballo na Biblioteca Municipal HABERÁ QUE CUBRIR A “FICHA DE INSCRICIÓN” establecida, incluíndo os datos seguintes: nome e apelidos do/a concursante, curso e colexio/instituto no que estuda, enderezo onde vive, nome e apelidos e DNI do pai, nai ou titor/a (maior de 18 anos) e un tfno. de contacto.

 -En calquer dos dous concursos, cada traballo que se presente non poderá ocupar máis de dous folios por unha soa cara. En ningún caso se poderá realizar o traballo (poesía, redacción, debuxo, cómic, etc.) polas dúas caras dun mesmo folio.

 -Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ou sexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.

 - A recepción dos traballos, que haberá que entregar obrigatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o LUNS 5 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS.

 -Os cursos participantes neste Concurso, son: 4º Infantil, 5º Infantil, 6º Infantil, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria, 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO. A Organización otorgará tres premios (un primeiro, un segundo e un terceiro) por curso para cada un dos Concursos; polo tanto, para cada curso haberá 6 premios (3 para o Concurso Literario e 3 para o de Artes Plásticas), agás para os de Infantil (nenos/as de 3, 4 e 5 anos), que terán 3 premios por curso, dado que só poden participar no Concurso de Artes Plásticas.

 -O Xurado do Concurso Letras Galegas 2014 estará formado por:

 3 representantes de asociacións do noso Concello, 1 por asociación.

 1 representante da ANPA do CEIP Pedro Caselles

 1 representante do CEIP Pedro Caselles e 1 representante do IES Illa de Sarón.

 A Bibliotecaria Municipal como representante do Concello de Xove.

 Actuará como Secretario do Xurado o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello, o cal terá voz pero non voto nas funcións do mesmo, encargándose ademais de elaborar a acta de resolución do Concurso.

 Para formación do Xurado, a Organización do Concurso Letras Galegas 2014 invitará as anteriores entidades e institucións culturais-educativas a que envíen un/a representante para o xurado do Concurso, debendo comunicarlle á organización o nome do mesmo antes do 30 de abril do presente ano. Se algunha das entidades anteriores non enviara representante, por parte da Organización trataríase de buscar un sustituto, e se non fose posible, o Xurado quedaría igualmente constituído polos restantes representantes.

 O Xurado reunirase, para resolver os premios do Concurso, no lugar dia e hora que se decida de común acordo coa Organización; loxicamente, terá que ser despois da data límite de recepción dos traballos.

 O fallo do Xurado será dado a coñecer oportunamente para que os premiados poidan acudir á entrega dos premios, os cales consistirán en diploma acreditativo e un lote de libros/material escolar. A entrega de premios farase no lugar, dia e hora que a Organización decida, tendo esta que comunicalo coa suficiente antelación.

 -Os traballos premiados poderán ser utilizados polo Concello na realización de publicacións, promocións e outros. Cando se produza algún destes casos, o Concello estará obrigado a que o nome do autor/a do traballo utilizado figure nun lugar ben visible da publicación, promoción, etc.

 - A participación nos devanditos Concursos supón a aceptación destas BASES.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade en votación ordinaria acorda:

  1º.- Aprobar as bases reguladoras da concesión de Premios do Concurso das letras galegas 2014.

    2º.- Ordear a súa publicación na páxina web municipal e mediante anuncios no taboleiro de anuncios do concello ou calquera outro medio.

   3.- Pola súa consideración de premio en especie, o establecemento ou establecementos comerciais nos que se adquiran os lotes de libros ou material escolar, deberá emitir factura a nome do beneficiario do premio ou do seu titor legal. Non obstante dita factura será abonada polo Concello.