Entregados os premios do Concurso de Caretas de Entroido

   Esta entrega, que se desenvolveu no Coleixo Pedro Caselles Rollán, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados/as nesta edición 2019, foron:

 1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

     1º Premio: (REX. Nº 10) DAVID BURGOS PELOCHE.

     2º Premio: (REX. Nº 30) HUGO PITA RODRÍGUEZ.

     3º Premio: (REX. Nº 18) EVA CANCELA TRASTOY.

2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:

     1º Premio: (REX. Nº 35) AROA PITA RODRÍGUEZ.

     2º Premio: (REX. Nº 9) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.

     3º Premio: (REX. Nº 5) DANIELA CASABELLA ÁLVAREZ.

3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:

     1º Premio: (REX. Nº 12) UXÍA GRADAILLE DURÁN.

     2º Premio: (REX. Nº 2) NABILA ADOUROU.

     3º Premio: (REX. Nº 1) CHRISTIAN VILLARQUIDE LATAS.

4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:

     1º Premio: (REX. Nº 39) ENMA BUJÁN ROUCO.

     2º Premio: (REX. Nº 23) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.

     3º Premio: (REX. Nº 38) CORA BUJÁN ROUCO.

5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:

     1º Premio: (REX. Nº 13) IKER COSTA GONZÁLEZ.

     2º Premio: (REX. Nº 14) SOUKAINA ADOUROU.

     3º Premio: (REX. Nº 21) EMILIA BARRO ÁLVAREZ.

Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.