O club de bolos Xove, colleitando éxitos

O Club de Bolos Xove sigue sendo unha referencia deste deporte en Galicia e en España. Os seus éxitos abranguen tódalas categorías.   O pasado fin de semana, o sabado 25 e o domingo 26 de Maio, celebráronse nos campos de Camos, no concello de Nigran (Pontevedra), os CAMPIONATOS GALEGOS DE 1ª E 2ª DIVISIÓN. Estes Campionatos foron disputados por xogadores chegados das 4 provincias galegas, que chegaban a Nigran despois de pasar probas clasificatorias nas súas respectivas provincias. O Club de Bolos Xove acadou uns fantásticos e inesperados resultados. Inesperados debido a que a modalidade na que se disputaron estes campeonatos é unha modalidade de bolos á cal os xogadores do Club de Bolos Xove non xogan nin na Liga Local nin na Liga Provincial.

   1ª División .- So se pode calificar de extraordinario o subcampeonato galego en parellas acadado por Javier Rodriguez e Luis Rancaño, que só foron derrotados na final, e por moi escaso marxe, polo equipo de Urgal.  Na categoria individual destacar o papel realizado polo xove Miguel Lopez (actual Campión da Liga Senior de Bolos de Xove) en categoria individual, que quedou eliminado en cuartos ante Xose Rodrigues, un xogador con  campeonatos galegos, españois e mundiais no seu palmarés.  Ao mesmo tempo que se celebraban os campionatos galegos absolutos (1ª División), celebrábanse os campionatos de 2ª Division.

   2ª División.-  Eiqui os xogadores do Club de Bolos triunfaron na modalidade individual, xa que o veterano Marcelino Rodriguez (Chucas) e Sócrates Campo disputaron unha final que caeo para o lado de Marcelino por un escaso marxen. Quizais Sócrates veuse perxudicado pola famosa xogada de "doce", un golpe moi ben pegado pero que so suma uns poucos tantos.

Aos seus 61 anos "Chucas" demostrou unha forma deportiva fantástica, alcanzando o Campionato Galego de 2ª División e clasificándose para o Campionato de España do próximo ano.