Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Abre en Xove unha Exposición de Modelismo Naval

Este domingo abre en Xove unha interesantísima exposición de modelismo naval. Conformada por 15 barcos de distintas clases e épocas, trátase dun traballo realmente exquisito, froito do talento e de moita paciencia, xa que esta é unha clase de actividade que require moito esforzo e maña, posto que moitas das pezas que conforman os barcos teñen un tamaño mínimo, e deben ser reproducidas coa maior fidelidade posible.

O autor das maquetas é o celeirense Severino Balseiro, que expón por primeira vez en Xove o seu interesantísmo traballo.

Severino, nado en Celeiro en 1955, adícase a esta actividade dende o ano 2000, adicándolle entre 2 e 8 horas diarias a esta actividade. Lóxicamente, trátase dun hobby; Severino está retirado e non cobra por esta actividade. As maquetas son da súa propiedade e non están en venta. Son dalgunha maneira os seus outros fillos e familiares; neste sentido, decir que algúns dos barcos levan o nome dalgunha das súas persoas máis queridas.

   A exposición, que leva o título “Exposición de barcos estáticos e NAVEGACIÓN de radio control”, vai estar aberta diariamente do domingo 4 ao domingo 11 de agosto, ámbolos dous días incluídos. Os horarios de apertura, son:

  • Domingo, 4 de agosto: de 17:00 a 21:00 horas.
  • Luns 5 a sábado 10 de agosto: de 10:00 a 14:00 horas.
  • Domingo 11 de agosto: de 11:00 a 13:30 horas.

A exposición está montada na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove, ubicada na Avenida Deputación.  Dentro desta exposición tamén imos ter unha EXHIBICIÓN DE BARCOS RADIO CONTROLADOS na Piscina Municipal de Xove, que se vai desenvolver a partires das 21.00 horas do venres 9 de agosto, con entrada totalmente libre. A organización desta exposición corre a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Xove.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo