Programa “Verán Xove 2019 – disfruta con Nós”
Dentro do Programa Verán Xove 2019, continuamos con actividades de todo tipo. Imos ver algunhas actividades recentemente celebradas e outras a celebrar en vindeiras datas, todas moi deportivas:
- BOLOS.- Organizados pola Asociación de Festexos a Medorra e o Club de Bolos Xove, coa colaboración do Concello de Xove, desenvolvéronse no Centro Social de Vilachá. Tivemos 2 xornadas, unha para federados e outra iniciática para non federados. Tanto nunha como na outra participaron un bó número de xogodores, tanto en categoría senior (masculina e fiminina), como en categorías inferiores. Salientamos neste sentido, como un dos aspectos máis positivos desta actividade un numeroso grupo de persoas xoves e adultos que se achegaron a este deporte por primeira vez, o que nos crea a esperanza de poder contar con eles en futuras actividades (campionato de bolos do Concello, tiradas do Club de Bolos Xove, etc.).
- PÁDEL NO VERÁN.- Curso de iniciación deportiva a este deporte, tan de moda nos últimos anos. Comezou o pasado 1 de xuño e vai a prolongarse ata o próximo 16 de agosto. Estase desenvolvendo na Pista de Pádel Municipal, anexa á Piscina, e conta con 18 nenos e rapaces inscritos.
- ZUMBA.- Desenvólvese os martes e xoves, en horario de 10:30 a 11:30 h, na Aula Multideportiva do Concello. Comezou o 2 de xullo e vai desenvolverse ata o 13 de agosto. Conta con 21 inscritos.
Ademáis destas actividades que están activas, para os vindeiros días tamén temos varias propostas:
- RUTA SENDEIRISMO “AS PERSEIDAS”.- Vai desenvolverse o luns 12 de agosto, organizada pola ACD Xove. Para inscribirse na mesma hai que facelo na Piscina Municipal (Blanco) ou ben chamando ao 618 976 159, habendo de prazo ata o 9 de agosto. Os que queiran apuntarse que apuren, as prazas son limitadas.
- RUTA NOCTURA EN KAYAKS.- actividade que se vai desenvolver o martes 13 de agosto no Portiño de Morás a partires das 22:00 horas. A inscrición realizarase no lugar da actividade unha hora antes do comezo. Actividade para idades a partir de 8 anos.