Aberta a preinscrición para a Escola Muncipal de Música de Xove – Curso 2019/2020

Dende o luns 2 ata o luns 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2019-2020 na Escola Municipal de Música de Xove.

Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. O día 1 de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.019/20. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través do email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. o DNI do alumno/a e da persoa que realice a Inscrición e o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ATA O 11 DE OUTUBRO de 2019. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a.

A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases. Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2018/2019 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.