Concentración pola continuidade de Alcoa

Os Concellos da Mariña e os representantes dos traballadores decidiron facer movilizacións conxuntas para visualizar a problemática ante a ameaza do peche da fábrica de Alcoa. Debido á importancia que ten a presencia de Alcoa para todas as veciñas e veciños e tamén para todos os sectores do Concello é polo que chamamos a unha CONCENTRACIÓN ESTE MÉRCORES 9 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H. DIANTE DO CONCELLO DE XOVE.

Con estas medidas de concentracións semanais en varios concellos da Mariña pretendemos solicitarlle ao goberno central un precio competitivo da enerxía eléctrica para lograr a continuidade da planta de Alcoa.

7877