Festa de Fin de ano 2019
Mañá, martes, 31 de decembro, e para rematar o ano continuamos o amplo Programa de Actividades de Nadal do Concello, neste caso adicado aos nenos. As 11:00 horas teremos unha FESTA INFANTIL FIN DE ANO coas seguintes actividades:
- 11:00 horas. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes con xogos e actividades para tódolos nenos e pais.
- 12.00 horas.- Celebración Infantil Fin de Ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos asistentes. Neste caso farémolo na Praza do Centro Cívico coas campanadas do Reloxio do Concello.