Cancelación da Recepción ós Reis Magos polo COVID

   Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten o noso Concello, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello de Xove decideu CANCELAR A RECEPCIÓN DE SSMM OS REIS MAGOS QUE ESTABA PREVISTA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES PARA O MARTES 5 DE XANEIRO. Lóxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. 

   A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares do Covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por tódalas casas dos nenos do Concello na medianoite do 5 para o 6. Polo tando, dende o Concello animamos a todos os nenos a que esperen con ilusión esa máxica noite.

reis2