Muinheira de Interior de Xaime Miranda

 O videoclip Muinheira de Interior, de Boyanka Kostova, dirixido por Xaime Miranda levou o PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR VIDEOCLIP, premios que este ano celebraban a súa XIX edición. A gala 2021 celebrouse o pasado sábado 10 de abril no Teatro Colón da Coruña.

Recordamos que o videoclip foi rodado na súa maior parte no noso Concello, concretamente no entorno do Portiño de Morás, nas zoas dos dolos, que son omnipresentes no espazo onde se desenvolve o videoclip.

        

Ademáis disto, tamén foi importante a aportación xovense a este videoclip xa que nel colaborou o noso Concello, a Asociación Saiñas e Ganados Bigotes.

Polo tanto, só nós queda por felicitar aos gañadores deste premio, que é un pouco noso tamén. Por parte do Concello, é tamén un recoñecemento á politica de apoio a distintos proxectos audiovisuais que se desenvolveron aquí nos últimos anos, en parte gravados no noso término municipal e que contaron co patrocinio e a colaboración do Concello de Xove.