XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS EN XOVE 2022

Un ano máis, e xa coa XXXIV Tirada de Bolos Concello de Xove en marcha, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos/as do colexio.

   As xornadas, que comezaron hoxe, vanse desenvolver do seguinte xeito:

XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS 1

Estas Xornadas, que veñen celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Varela e outros profesores, a quen lles damos as grazas pola colaboración prestada para organización destas actividades.  As xornadas teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 22 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles.