aberto o prazo de Inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica

Durante todo o mes de agosto está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Para matricularse hai que presentar a ficha da matrícula no Rexistro do Concello; os requisitos para esta matrícula, son:
1º.- A inscrición poderase facer durante todo o mes de agosto nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello, en REXISTRO onde Marité), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.
2º.- A matrícula na Escola é totalmente gratuita.
3º.- Para matricularse haberá que cubrir a Ficha de Inscrición, que estará a disposición dos/as solicitantes no Rexistro das Oficinas Municipais. Unha vez cuberta a solicitude, esta haberá que rexistrala no Rexistro Municipal, procurando cubrir correctamente tódolos datos. Haberá que aportar unha fotografía tamaño carné do/a solicitante.
4º.- Para o Curso 2009-2010 a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica dispón de 55 prazas, que serán cubertas por rigurosa orde de inscrición, ousexa, tomarase en conta a orde de inscrición no Rexistro Municipal. Pódese dar o caso de que teñamos máis solicitudes que prazas, polo que, nese caso, terán preferencia os censados/as no Concello de Xove.
5º.- Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola, o Concello fará pública a Lista de Inscritos na Escola. Rematado o prazo da matrícula oficial (finais de agosto), o Concello abrirá unha Lista de Reserva da Escola da que formarán parte, por rigurosa orde de inscrición no Rexistro, os/as que non entraran na Lista de Inscritos, en caso de que así suceda. Na Lista de Reserva se poderá seguir inscribíndose durante o resto do ano, pechándose definitivamente a finais de 2.009.
6º.- As actividades do Curso 2009-2010 comezarán o XOVES, 3 DE SETEMBRO de 2009.