Comenza a XXIª tirada de Bolos "Concello de Xove"
O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova tempada de bolos.
O sábado, 10 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 18 será a Xª Tempada.
Como novidade para este ano, decir que imos ter a Iª LIGA FEMININA DE BOLOS, a cal vai ter un desenvolvemento parello ás outras dúas, celebrándose as tres conxuntamente. Esperamos con isto facilitar a incorporación da muller ao mundo do deporte autóctono; o tempo dirá se acertamos ou non.
Outra das novedades para esta temporada, son as normas aprobadas por tódolos xogadores na Bolera do Centro Social de O Cruceiro o pasado 28 de marzo.
1º.- Queda anulada a norma aprobada o 28 de novembro de 1.998 no Centro Social de Vilachá que prohibía mollar as bolas e bolos.
2º.- Elimínase a LINEA DO 20 para categoría SENIOR, polo que a partires de agora só existirá a LINEA DO 10 para as categorías SENIOR, SUB 18 e FEMININA.
Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, hai uns dias tivemos unhas Xornadas de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebradas os dias 30 de setembro e 1 de outubro e polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES. O obxectivo destas Xornadas foi o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo. Amáis da colaboración que tódolos anos presta o IES Illa de Sarón, contamos novamente coa colaboración para esta tempada da EMPRESA AUTOESCUELA MUNDIAL; a ambos lles queremos dar as grazas.
O calendario de tiradas para esta Temporada é o seguinte:
TIRADAS REGULARES
2.009
SÁBADO, 10 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SABADO, 17 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA - PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 24 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.
SÁBADO, 31 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 21 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.
SÁBADO, 28 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 5 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.
2.010
SABADO, 9 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SÁBADO, 16 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA - PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 23 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE
SÁBADO, 30 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 6 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
Sábado 13 de febreiro: Sábado de Antroido
SÁBADO, 20 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 27 DE FEBREIRO .- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ
SÁBADO, 6 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 13 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXIª TIRADA DE BOLOS (Xª TIRADA SUB 18) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.
ANEXO
INSCRICIÓNS E PREMIOS NORMAIS:
As inscripcións, e segundo acordo tomado o 10 de marzo de 2001 na Bolera do Centro Social de Morás, quedan da forma seguinte:
-LIGA SUB 18..............................................................2´40 EUROS
-LIGA SENIOR (INCLUIDOS OS DE 18)..............3´60 EUROS
-LIGA FEMININA: MENORES DE 18………….2´40 EUROS; DE 18 ANOS (INCLUIDAS AS DE 18) EN DIANTE……………..3´60 EUROS.
Os premios en cada tirada normal, segundo acordo entre o Club de Bolos Xove e o Concello de Xove a comezos da tempada 2008-2009, son os mesmos para tempada 2009-2010:
SENIOR SUB 18
1º Premio...............................30 EUROS....................................18 EUROS
2º Premio...............................20 EUROS....................................12 EUROS
3º Premio...............................20 EUROS......................................6 EUROS
4º Premio...............................20 EUROS......................................6 EUROS
5º Premio...............................20 EUROS......................................6 EUROS
6º Premio...............................15 EUROS
MELLOR BOLADA.............6 EUROS.......................................6 EUROS
PREMIOS FINAIS:
Teremos 16 premios finais para categoría "SENIOR" (15 primeiros e mellor bolada), 11 para categoría "SUB 18" (10 primeiros e mellor bolada) e 3 para categoría feminina.
LIGA SENIOR
1º PREMIO: 200 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
2º PREMIO: 150 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
3º PREMIO: 100 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
4º PREMIO: 75 EUROS e Trofeo
5º PREMIO: 75 EUROS e Trofeo
6º PREMIO: 75 EUROS e Trofeo
7º PREMIO: 75 EUROS e Trofeo
8º PREMIO: 75 EUROS e Trofeo
9º PREMIO: 50 EUROS e Trofeo
10º PREMIO: 50 EUROS e Trofeo
11º PREMIO: 50 EUROS e Trofeo
12º PREMIO: 50 EUROS e Trofeo
13º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
14º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
15º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
MELLOR BOLADA: 50 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
Trofeo Autoescuela Mundial ao xogador máis veterano
LIGA SUB 18
1º PREMIO: 90 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
2º PREMIO: 75 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
3º PREMIO: 50 EUROS e Trofeo Autoescuela Mundial
4º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
5º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
6º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
7º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
8º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
9º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
10º PREMIO: 30 EUROS e Trofeo
MELLOR BOLADA: 50 EUROS e Trofeo
LIGA FEMININA
1º PREMIO: 50 EUROS e Trofeo
2º PREMIO: 35 EUROS e Trofeo
3º PREMIO: 25 EUROS e Trofeo
O criterio para consecución dos premios finais é o seguinte: En cada tirada da LIGA SENIOR puntúan os 10 primeiros e a mellor bolada, en cada tirada da LIGA SUB 18 puntúan os 5 primeiros e a mellor bolada e, en cada tirada da Liga Feminina, puntúan os 5 primeiros.
LIGA SENIOR SUB 18 L. FEMININA
-Primeiro...........................12 puntos................6 puntos…….6 puntos
-Segundo...........................10 puntos.................4 puntos…….4 puntos
-Terceiro.............................8 puntos.................3 puntos…….3 puntos
-Cuarto................................7 puntos.................2 puntos…….2 puntos
-Quinto................................6 puntos.................1 punto…...…1 punto
-Sexto..................................5 puntos
-Sétimo................................4 puntos
-Oitavo.................................3 puntos
-Noveno...............................2 puntos
-Décimo...............................1 punto
-Mellor bolada....................1 punto..................1 punto
Os premios de cada categoría entregaranse ao final da última tirada. No caso de que ao final do campionato houbera un empate para algún dos tres primeiros premios de cada categoría, este desfaríase o último dia mediante o sistema de tres tiradas (tirada e desquite) cada xogador/a; se persistise o empate, volveríanse a facer outras tres tiradas e así ata que se desfixera ese empate. A partires do 3º posto, a clasificación farase, loxicamente, en orde a número de puntos; en caso de empate en algún dos postos, quedará diante o que antes houbese chegado a esa puntuación, tal como se viña facendo ata o momento.
Para o premio da mellor bolada de todo o campionato no caso de que houbera empate, este desfaríase mediante unha sola tirada (tirada e desquite) cada xogador; se persistise o empate, volveriase a facer outra tirada, e así ata que se desfixese ese empate.
No caso das tiradas normais, calquer empate dilucidaríase cunha sola tirada (tirada e desquite); e se seguira o empate, realizaríase outra tirada, e así ata que se desfixera ese empate.
Para os premios non vai contar o número de tiradas en que participou cada xogador (agás na Liga Feminina, que é necesario participar como mínimo en 5 tiradas), polo cal é importante para tódolos xogadores participar no máximo número de tiradas; en cantas máis se participe, máis serán as posibilidades de obter puntos.
Liga Feminina
-Dado o interese amosado por algunhas mulleres en participar neste campionato, créase, a modo de proba, unha pequena LIGA FEMININA que esperemos que co tempo se converta nunha gran competición. Nesta Liga non imos ter distinción por idades, polo que participarán xuntas as menores de 18 anos coas maiores.
-A puntuación de cada tirada nesta Liga será a mesma que na Liga Sub 18, agás a mellor bolada, apartado que non se contempla na primeira Liga Feminina.
-Para poder acceder a un dos tres premios finais, haberá que participar como mínimo en 5 tiradas.
-As normas aplicables a esta Liga son as mesmas que para as Ligas Senior e Sub 18, coa salvedade que non vai existir a “cucada”, ousexa, que as participantes nas súas tiradas non teñen obriga de chegar a bola á Línea do 10. O desquite da tirada terá as mesmas normas que as outras categorías.
NORMAS
NORMAS APROBADAS NA BOLERA DO CENTRO SOCIAL DO CRUCEIRO O 28 DE MARZO DE 2.009:
1º.- Queda anulada a norma aprobada o 28 de novembro de 1.998 no Centro Social de Vilachá que prohibía mollar as bolas e bolos.
2º.- Elimínase a LINEA DO 20 para categoría SENIOR, polo que a partires de agora só existirá a LINEA DO 10 para as categorías SENIOR,SUB 18 e FEMININA.
A aprobación destas Normas supón que houbo que modificar as existentes, dahí que A NORMATIVA, que se comezará a aplicar ao comezo da XXIª Tempada, QUEDA DA SEGUINTE MANEIRA:
TIRADA.-
-É obrigatorio ter un pé pisando na pedra dende a que se fai a tirada.
-A bola ten que pasa-la linea (cordel) do 10 totalmente para que a tirada sexa válida. Se a bola queda encima do cordel ou se a linea imaxinaria do 10 corta algunha parte da bola, considerarase que esta tirada non é válida e o xogador/a cucaría.
-Os bolos para valer 10 puntos terán que estar máis alá da linea do 10. O bolo que esté encima da linea do 10, ou ben, se a a linea imaxinaria do 10 corta algunha parte do bolo, este bolo valerá 3 puntos respectivamente.
DESQUITE.-
-Para desquitar, en ningún caso se poderá pisar a linea do 10, e inda que non se pise, non se poderá botar o pé diante da linea do 10 mentras a bola de desquite non pase da linea da finqueira onde están colocados os bolos; en ámbolos dous casos o desquite quedará anulado con CERO PUNTOS.
BOLA ROTA e BOLOS ROTOS.-
-Si durante a tirada rompe a bola, haberá que repetir a tirada de novo. Si durante o desquite rompe a bola, haberá que repetir toda a xogada (tirada e desquite), non valendo os puntos conseguidos previamente na tirada; en ámbolos dous casos anteriores haberá que respetar o principio de que a tirada completa (tirada e desquite) se realice coa mesma bola.
-Os mesmos principios que valen para as bolas rotas aplicaranse aos bolos rotos.
No caso de que un bolo se perda ou extravie, non haberá que repetir a xogada, senón que bastará con repoñer ese bolo perdido por outro.
BOLOS NA FINQUEIRA.-
-No caso de bolos caidos aos dous lados dun bolo que esté de pé no seu sitio ou rozando o furado, valerán os bolos do lado onde haia maior número deles.
-O bolo que quede de pé na finqueira e ocupe total ou parcialmente unha “base” (furado onde se colocan os bolos) da mesma, contará como se ese bolo estivera asentado totalmente na súa “base”.
CATEGORÍA SUB 18
-Poderán participar na categoría “SUB 18” rapaces que non teñan cumplido 18 anos; a organización poderá pedilo DNI para comprobar a idade dun participante. Se cando comece o campionato un rapaz non ten 18 anos pero os cumple durante o mesmo, considerarase que ata o remate final desa temporada como se non os tivera cumprido, para evitar cambios de categoría durante o desenrolo do torneo que o puideran desvirtuar.
-Os tres gañadores finais da temporada en categoría “sub 18” ademáis dos premios terán a oportunidade, se o desexasen, de subir de categoría na temporada seguinte e pasar a de “maiores de 18” inda que non tivesen cumpridos os 18 anos; se así fose, os rapaces que subisen a categoría superior terían os mesmos dereitos e deberes (mesma cuota de inscripción por exemplo) que os desta categoría.
-Unha vez se xogue na categoría de maiores de 18 anos non se poderá volver á categoría de “sub 18”, polo menos ata tempada seguinte.
-As normas de xogo polas que se rexe a categoría SUB 18 son a mesmas que están vixentes para a categoría SENIOR.