Éxito de público do Belén Xigante


Por terceiro ano consecutivo o Concello de Xove aproveitou o espazo da Praza do Centro Cívico para Nadal montar un Belén xigante. Trátouse dun Belén realmente espectacular, tanto por tamaño como pola súa configuración.  Cada ano, e dentro do que a iconografía belenística permite, realízanse modificacións para facelo máis atractivo ao público. Entre as varias  novidades deste ano, salientamos a instalación dunha noria, o que supuxo o cambio de ubicación da cascada con respecto ao pasado ano.
O Belén de Xove estase a convertir, cada Nadal, nunha das referencias de A Mariña, e deste xeito, cada edición é visitado por máis xente.Temos que decir, a pesar de que se trata dun Belén ao aire libre e que tivemos un tempo bastante desagradable, que neste ano a afluencia de público foi numerosísima.