Visita do Sr. Lorenzo Villar ao Alcalde de Xove

Nunca está de máis recordar vellos tempos, e iso foi o que fixo hoxe D. Antonio Lorenzo Villar.

P3041444

O Sr. Lorenzo Villar é fillo do ex Alcalde de Xove D. José  Ramón Lorenzo Fernández, quen ocupou o Consistorio de Xove dende 1.970 a 1.975.

Pois ben, o Sr. Lorenzo Villar foi recibido polo Alcalde Demetrio Salgueiro; na reunión, o Sr. Lorenzo Villar aproveitou para rememorar a súa infancia en Vilar-Lago, parroquia, por certo,  á que tamén pertence o Alcalde.

Para rematar esta visita, o Alcalde fíxolle entrega dos dous volumes de  “Xove Noutros Tempos I e II”; editados polo Concello, estes  albums de fotografías antigas  sen dúbida lle traerán moitísimos e bos  recordos a D. Antonio Lorenzo.