Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

A Biblioteca Municipal convoca o concurso Letras Galegas

letras_galegasCon motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao poeta courelense UXIO NOVONEYRA, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda,  un apoio á língua galega, e por  outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
No CONCURSO LITERARIO os/as participantes poderán presentar  poemas de medida e tema libres, escribir un relato ou conto, tamén de tema libre, ou ben facer unha redacción, que obrigatoriamente ten que ser sobre a vida ou obra de Uxío Novoneyra. Neste Concurso poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO; os nenos/as de preescolar (3, 4 e 5 anos), están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
En canto ao CONCURSO DE ARTES PLÁSTICA os/as participantes poderán participar realizando un debuxo de tema e composición libres, ou ben, cun cómic sobre a vida e/ou obra de Uxío Novoneyra.
Lóxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso adicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamenente o galego.
Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ousexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do  participante.
Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ousexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.
A  recepción  dos  traballos,  que  haberá que entregar obligatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o VENRES 7  DE  MAIO ÁS  20:30 HORAS.
Os/as gañadores do Concurso recibirán como premio un Diploma Acreditativo e un Lote de Libros ou Material Escolar.
Por último, decir que dende a Biblioteca Municipal de Xove  facemos unha invitación  a tódolos nenos/as e rapaces/as a participar neste Concurso.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo