Verán´2010.-Campos de traballo
campos_traballo_2010Dentro da Campaña de Verán 2010 a Consellería de Traballo e Benestar a través da D.X. de Xuventude e Voluntariado oferta prazas en campos de traballo para mozos e mozas de Galicia con actividades de voluntariado e de lecer vinculadas á arqueoloxía, ao medio ambiente, a reconstrución, a restauración ou a animación sociocultural.

En Galicia
, como novidade este ano e co gallo do Xacobeo podedes participar en campos de traballo de animación sociocultural no Camiño de Santiago. Estes campos de traballo estan en Fisterra, Palas de Rei e O Pino.
Se vos interesa a colaboración social podedes participar no campo de traballo de Ourense e se o voso é o medio ambiente non vos esquezades do campo de traballo nas Illas Cies.
Nos campos de traballo no estranxeiro podedes acudir a países coma  Xapón, Francia, Islandia, Austria, México, Corea do Sur, Italia, Taiwan...
Este ano tamén podedes participar nos campos de traballo que se organizan no norte de Portugal en colaboración co Instituto Português da Juventude (en Porto, Braga, Bragança ou Viana do Castelo).
Non esquezades a ampla oferta de prazas nos campos de traballos nas Comunidades Autónomas.
O vindeiro día 26 de abril de 2010 comeza a inscrición en horario de 9h. a 14 h.
Máis información
Preme aquí para descargar o folleto informativo (4,4Mb)