Comezan os Circuitos Culturais en Xove
O vindeiro luns 31 de maio dan comezo no Concello de Xove os CIRCUITOS CULTURAIS (“CAMIÑO DA CULTURA 2010”) no noso Concello, actividade organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, tres teatrais e un de maxia.
Como dixemos, a primeira función vai ter lugar o próximo luns 31 de maio ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico coa compañía TEATRO DO MORCEGO, a cal vai por en escea o “LAZARIÑO DE TORMES”; a esta función van acudir tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.
PROGRAMA COMPLETO DOS CIRCUITOS CULTURAIS 2010
LUNS, 31 DE MAIO
Teatro do Morcego con Lazariño de Tormes
SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – HORA: 16:30 HORAS PARA ALUMNOS/AS DE E.S.O. DO IES ILLA DE SARÓN ...
VENRES, 4 DE XUÑO
TALIA TEATRO - Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)
SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – 13:00 HORAS. PÚBLICO: PARA PRIMARIA DO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
Teatro Babaluva S.L. con “LUME”
16:00 HORAS – SALÓN ACTOS CENTRO CÍVICO NENOS DE 2 A 8/10 ANOS
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
DANI GARCÍA con “ACCIÓN”
20:00 HORAS – CENTRO CÍVICO – TÓDOLOS PÚBLICOS
- O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.