* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
XVIIº Torneo concello de xove de Ximnasia Rítmica
O pasado sábado 29 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:30 horas coa presencia de 6 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, cunhas 130 ximnastas de prebenxamín a xuvenil. O Torneo, comezou ás 17:30 horas co Desfile Inaugural, dando paso a continuación á exhibición “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo das alumnas de Prebenxamín e Benxamín da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.
Rematada a exhibición, comezou acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín, onde o equipo da Escola Municipal de Xove se proclamou campión desta categoría seguido das escolas de Guitiriz e Vilalba. En Conxuntos Benxamín, gañou Vilalba, seguido de Guitiriz e Rábade. En individuais alevín, a xovense Pilar Vázquez quedou campiona, seguido de Marta Fernández e Ana Vilela; En conxuntos alevín, primeiro foi Gutiriz, segundo Outeiro de Rey e terceiro Vilalba. En Infantil individual, primeira foi Candela Dapena de Outeiro de Rey, segunda Andrea Sanjurjo de Guitiriz e terceira Noela Bouza da Escola de Xove; En infantil conxuntos, gañou Guitiriz, segundo foi a Escola de Xove e terceiro Outeiro de Rey. En Iunior individual gañou Tania Gayos, seguida de Lucía López e Claudia Miragaya; en conxuntos iunior impúxose a Escola de Vilalba, seguida de Rábade e Lugo. Xa en categoría xuvenil, en individual masculino, gañou Jonhatan Carro, e en individual feminino, primeiro foi Arlet Vilar, seguida de Silvia Seijas; rematamos coa categoría de xuvenil conxuntos, gañada pola Escola de Vilalba, seguida de Guitiriz, ocupando a Escola de Xove a terceira posición. Unha vez terminada a competición, tódalas ximnastas participantes ofrecéronlle ao público que ateigaba o Pavillón Municipal de Xove, unha preciosa Exhibición baixo os acordes de Hallelujah interpretada marabillosamente por Rufus Wainwright. Rematou o Torneo coa entrega de trofeos aos gañadores, acto no que estiveron presentes o Concelleiro de Deportes José Manuel Balseiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e o Concelleiro de Obras José Manuel González. Pola súa banda, o Concello de Xove regaloulles a tódalas participantes unha bonita mochila de recordo do Torneo.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K