Preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove
Durante todo o mes de agosto vai estar aberta a PREINSCRICIÓN para o Curso 2010/2011 da Escola Municipal de Música.
Para realizar a PREINSCRICIÓN hai que rexistrar a Ficha de Preinscrición (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello, para o cal estará aberto, tal como xa dixemos, un prazo durante todo o mes de agosto do presente ano, en horario normal das Oficinas Municipais.
Os/as solicitantes terán que achegar, xunto coa Ficha cuberta, o DNI e unha fotografía. As Fichas de Preinscrición estarán a disposición de tódolos/as solicitantes no mesmo rexistro municipal
Rematada a preinscrición, farase pública no taboleiro do Concello a LISTA DE ADMITIDOS na Escola, tendo os mesmos/as un prazo máximo de 15 días para formalizar a matrícula, para o cal só será necesario realizar unha transferencia bancaria de 35 €uros en concepto de matrícula por alumno e curso completo, no número de conta bancaria que lles indiquemos.