Novo parque biosaudable en Xove
O novo Parque Biosaudable de Xove, que se atopa dentro do Parque do Centro Cívico, xa é unha realidade; e é unha realidade porque nestes intres xa é operativo, despois dos traballos realizados de adecuación do entorno realizados polos alumnos/as da Escola Taller “Recunchos” de Xove, que se encargaron da zona verde que o rodea.
Este Parque conta con 11 aparellos distintos nos cales se poden practicar todo tipo de exercicios, beneficiosos para tódalas partes do noso corpo, xa que cada aparello incide nunha parte do corpo humano.
Pola súa configuración, o Parque pode ser utilizado por calquer veciño/a, pero está pensado especialmente para persoas da 3ª idade; trátase dunha ferramenta que os nosos maiores, ou calquer outra persoa,  poden utilizar para porse en forma e manterse ben físicamente.
O Parque supuxo un investimento de 8.456 €uros, sendo financiados polo noso Concello e por unha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte.