Amplo programa de actividades do Antroido 2011 en Xove
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e da Concellería de Servizos Sociais, presenta un amplo Programa de Actividades para este ANTROIDO 2011.

 
VENRES, 4 DE MARZO.- Festa do Antroido na Escola Infantil de Xove, na que van participar tódolos nenos/as da gardería municipal, e se o tempo o permite, que esperemos que sí, van realizar tamén un Pasarrúas por Xove. Organiza a Concellería de Servizos Sociais.
SÁBADO, 5 DE MARZO.- Este vai ser o día central do Antroido 2011 no noso Concello. O Programa para este día é o seguinte:
  • 16:00 horas.- Pasarrúas a cargo da Charanga "A Pataqueirada de Burela", quens percorrerán e animarán as principais rúas de Xoe.
  • 17:00 horas.- Desfile Antroido 2011. Sairá da Nave-Almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, continuará por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuando pola Avenida Deputación, desviámonos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico.
  • 18:30 horas.- Rematado o Desfile, no Pavillón imos ter unha festa especial para os máis pequenos cun Baile Infantil de Disfraces, animado pola Discoteca Móvil Supernova. No intermedio deste Baile, a organización do Antroido fará entrega dos premios do Desfile en categoría Infantil Individual, e tamén do Concurso de Caretas de Antroido organizado pola Biblioteca Municipal de Xove.
  • 22:30 horas.- Rematado o baile infantil, a partir da citada hora teremos no Pavillón Municipal un Baile de Disfraces para tódolos públicos animado pola Orquesta Panamá. Nun intermedio deste Baile a Organización entregará tódolos premios do Desfile de Antroido, menos lóxicamente o individual infantil, entregado no baile infantil.
A organización das actividades deste 5 de marzo corre a cargo da Concellería de Cultura.
  • DOMINGO, 6 DE MARZO.- Este día a ACD Xove organiza a exhibición da súa primeira obra de teatro. Concretamente o Grupo de Teatro Amateur da ACD Xove vai por en escena a obra "Descubrindo a Chaplin" a partir das 18:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
  • LUNS, 7 DE MARZO.- Pecharemos as actividades do Antroido 2011 coa celebración dun Torneo de Futbolín na OMIX, organizado pola Concellería de Servizos Sociais.
Tódalas actividades incluidas dentro deste Programa Antroido 2011 son de carácter totalmente gratuito. Por último, dende o Concello aproveitamos para invitar a tódolos xovenses e visitantes foráneos nestas datas, a participar nas múltiples actividades programadas.