Apertura da exposición "Campus Saharauis"
Mañá venres 10 de xuño, ás 13:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e da autora da exposición Raquel Prieto, vai inaugurar a Exposición "CAMPUS SAHARAUIS".

Trátase dunha exposición de 40 fotografías, de 60 x 40 cm., que recollen as vivencias de moitos anos e moitas visitas aos campamentos saharauis de Raquel Prieto.
A Exposición vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove do 11 ao 26 de xuño, de 18:00 a 21:00 horas.