XXIIIª TIRADA DE BOLOS
XXIIIª TIRADA DE BOLOS - XIIª SUB 16 - IIIª LIGA FEMININA
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 36 inscritos, 21 na Liga Senior e 7 en cada unha das outras.
Liga Senior Masculina.- Segunda victoria consecutiva de Marcelino Rodríguez, o que lle permite escalar na táboa ata o 5º posto con 24 puntos. Encabeza unha semana máis Arturo Vigo, que este ano está demostrando unha gran regularidade, xogando moi centrado, sen os altibaixos da temporada pasada. Outro xogador que está demostrando esta ano un moi bó nivel é Francisco Pérez, que leva puntuando 5 tiradas consecutivas, e sempre do medio para riba, o que fai que ascenda da terceira á segunda posición, en detrimento de Luis Rancaño, que pasa á cuarta posición, xa que á terceira accede outro dos favoritos, o actual campión José Rafael González con 29 puntos. Desgraciadamente para Luis, mentras non se recupera da súa lesión de rodilla non poderá retomar a súa participación na Liga. Polo tanto, despois de disputado un tercio da Liga (6 tiradas de 18 totais), temos un líder claro e sólido, cunha gran diferencia de puntos sobre os seus perseguidores, estando estes bastante igualados, cunhas puntuacións moi graduais, sen grande diferenzas.

Liga Senior Feminina.- Cambio na cabeza da clasificación, accedendo á mesma Carmen Corral con 28 puntos, gracias aos 7 puntos obtidos na tirada desta semana. Segunda é Belén Meitín con 25 puntos. Estas dúas xogadoras vanse alternando nas dúas primeiras posicións, e polo momento son as claras dominadoras da categoría, cuha boa diferenza sobre as súas perseguidoras. Terceira Temos a Dolores Baños con 14 puntos, compartindo o cuarto posto Salomé Bermúdez con Leonor Casbella, ambas con 10 puntos. Temos que decir que debido a unha caída, Salomé Bermúdez vai estar unha temporada sen poder competir, xa que se lesionou no brazo que ela utiliza para tirar.
Liga Sub 16.- Nesta categoría tres xogadores dominan claramente, e os tres xa encabezaron a clasificación en algún momento. Despois de 6 tiradas, a vixente campiona Salomé Cardoso accede por primeira vez ao liderato esta temporada, gracias á victoria obtida nas dúas últimas tiradas. Con 25 puntos e a 3 do liderato, Isaias Cardoso (irmán de Salomé) ocupa a segunda posición, pasando ao terceiro posto Daniel López con 22. Así e todo, a loita está moi cerrada entre os tres, destacándose polo momento como favoritos para ocupar os tres postos de privilexios finais.
A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ NA PARROQUIA DE PORTOCELO, O VINDEIRO SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO DE 2011.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (12 NOVEMBRO 20121 )
36 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR , 7 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION
|
NOME
|
TANTOS
|
PUNTOS
|
LIGA SENIOR
|
PRIMEIRO
|
MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
|
197
|
12
|
SEGUNDO
|
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ
|
191
|
10
|
TERCEIRO
|
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ
|
190
|
8
|
CUARTO
|
ARTURO VIGO CASABELLA
|
184
|
7
|
QUINTO
|
JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO
|
183
|
6
|
SEXTO
|
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA
|
174
|
5
|
SÉTIMO
|
JORDI MEITÍN SERANTES
|
165
|
4
|
OITAVO
|
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ
|
164
|
3
|
NOVENO
|
OMAR CABRERA MACÍAS
|
159
|
2
|
DÉCIMO
|
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ
|
147
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO
|
76
|
1
|
LIGA SUB 16
|
PRMEIRO
|
CARMEN ROCA CORRAL
|
104
|
6
|
SEGUNDO
|
DOLORES BAÑO FRAGA
|
56
|
4
|
TERCEIRO
|
BELÉN MEITÍN ROUCO
|
50
|
3
|
CUARTO
|
LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ
|
49
|
2
|
QUINTO
|
MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ
|
49
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
CARMEN ROCA CORRAL
|
43
|
1
|
LIGA FEMININA
|
PRMEIRO
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
|
123
|
6
|
SEGUNDO
|
GONZALO FERNÁNDEZ SILVA
|
73
|
4
|
TERCEIRO
|
ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ
|
70
|
3
|
CUARTO
|
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ
|
60
|
2
|
QUINTO
|
LARA RODRÍGUEZ BAÑO
|
42
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
|
55
|
1
|