Exposición “Xove con Moita Arte II”

Hoxe, mércores 21 de decembro, ás 19:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico, vai ter lugar a inauguración da IIª edición da Exposición XOVE CON MOITA ARTE. Na mesma imos contar co Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e tódolos/as artistas que participan.

 

Esta exposición, organizada por primeira vez o pasado ano polo Nadal, pretende ser un refrexo da creatividade artística do noso pobo, xa que nela teñen cabida tódolas persoas con inquedanzas no mundo da arte.

Dende a Concellería de Cultura realizouse unha convocatoria á que acudiron 16 artistas, tres máis ca primeira edición, a tódolos cales se lles propuso expor parte da súa obra.

Ao tratase de tantos artistas, a exposición é moi variada, con traballos de todo tipo, inda que prima a pintura, en especial os óleos.

 Os/as artistas participantes son:

 A exposición vaise abrir ao público mañá, xoves 22 de decembro ás 18:00 horas, e vai estar aberta diariamente ata o domingo 8 de xaneiro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. A entrada á mesma hai que facela pola Cafetería Centro Cívico, que se atopa na planta baixa da sala de exposicións.

Esta actividade está inscrita dentro do ampolo Programa de Actividades que o Concello de Xove, neste caso a través da Concellería de Cultura,  organizou para este Nadal 2011-2012.