MARUSÍA. XOVE 360º.- exposición fotográfica

Apertura hoxe en Xove desta exposición fotográfica colectiva

 Hoxe, venres 10 de agosto, ás 13:30 horas, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Turismo E Deporte  Cristina Iglesias, así cómo dos fotógrafos participantes, foi inaugurada a exposición fotográfica  “XOVE  360º”, que nesta súa QUINTA  edición denomínase “MARUSÍA”.

A exposición está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, contando coa importante colaboración do Colectivo de Fotógrafos de Xove.  A mesma encardínase dentro do Programa da Festas Patronais do San Bartolo.

Ana Isabel Codesal,  Javier Arca, Mateo Guerreiro, Eduardo Rodríguez, Rubén Pico, Andrés García, Javiera Duarte e Pedro García  conforman o Colectivo de Fotógrafos de Xove que expoñen na Sala de Exposicións do Centro Cívico.

A exposición conta con 40 fotografías, 5 de cada fotógrafo. A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, iso sí, centrada no noso Concello.

A maquetación das fotografías foi relizada por un dos participantes, concretamente Javier Arca..

A Exposición, como dixemos, vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico, do 10 ao 31 de agosto: en horario de 19:00 a 22:00 horas.