Festa do Percebe en Xove
Unha nova cita gastronómica acaba de nacer en Xove, lugar onde o vindeiro 21 de xullo vai ter lugar a primeira FESTA DO PERCEBE. 
Concretamente vai ser unha carpa, ubicada  na Praza do Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración desta Festa.
O evento vai comezar pola mañá, ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.   As distintas especialidades que se van ofrecer, son:
Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.). Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación de DISCOMOVIL DP,  que van por o punto musical  á mesma. A Festa vai durar, como mínimo, ata as 8 da tarde, o que lles vai permitir aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.   A organización desta Festa corre a carto da Asociación de Festexos A Medorra, co fin de recadar fondos para organización das Festas Patronais de Portocelo de comezos do mes de setembro. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove e a Cofradía de  Pescadores de San Ciprián. Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.
festaDoPercebe