Marathón de bolos
O pasado fin de semana, concretamente o sábado 15 e o domingo 16 deste mes, celebrouse na nova bolera do Centro Social de Sumoas a PRIMEIRA MARATÓN DE BOLOS CONCELLO DE XOVE, organizada polo Club de Bolos Xove e que contou coa colaboración do Concello de Xove. Na mesma participaron 72 xogadores, dos cales 20 correspondentes á categoría feminia. Participaron xogadores do Club de Bolos Camos de Nigrán (Pontevedra), do Club de Bolos Punxeiros de Viana do Bolo (Ourense), do Club de Bolos Xove, así como xogadores de Asturias e León que asistiron a título personal a esta primeira Maratón.
Inda que os xogadores/as procedían de equipos distintos, a competición foi na súa totalidade a título individual, sen ter en conta o equipo, dahí que na clasificación non fagamos referencia aos equipos.
A competición comezou o sábado ás 15:00 horas, rematando ás 23:30 horas da noite, e isto grazas ao novo sistema de iluminación que ten o campo de Sumoas e que o Concello instalaou recentemente, o que permite e vai permitir xogar de noite no futuro, ampliando así o horario de utilización do campo.
 

Rematada a Maratón, procedeuse á entrega de trofeos, a cal foi presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias.

 
Clasificación segundo categorías:

CATEGORIA ABSOLUTA:
  • 1º: FRANCISCO PEREZ GONZALEZ
  • 2º.-SOCRATES CAMPO SUAREZ
  • 3.- AUGUSTO ALBO OCAMPO
SEGUNDA DIVISION:
  • 1º.- JORDI MEITIN SERANTES
  • 2º.- MOISES RODRIGUEZ CASABELLA
  • 3º.- ARTURO RODRIGUEZ ALVAREZ
FEMININO
  • 1ª.- BELEN MEITIN ROUCO
  • 2ª.- CONCEPCION PIÑEIRO LOPEZ
  • 3ª.- DOLORES BAÑO FRAGA

VETERANOS
  • 1º.- JOSE BAÑO FERNANDEZ
  • 2º.- ARTURO RODRIGUEZ ALVAREZ
  • 3º.- JOSE MARIA GONZALEZ RODRIGUEZ

MELLOR DESQUITADOR