Aberta a Exposición “Galicia Biodiversidade” en Xove

Hoxe, pola mañá, abriu na Sala de Exposicións do Centro Cívico a Exposición GALICIA BIODIVERSIDADE,  na cal, a través de máis dunha vintena de paneis, abórdanse unha serie de temas sobre a biodiversidade de Galicia: hábitats de Galicia, paisaxes e formas, flora, aves, uso tradicionais da biodiversidade, etc.

Esta exposición, organizada pola Xunta de Galicia, conta en Xove coa coordinación do noso Concello, e a colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón.

A exposición vai estar en Xove os dias 5, 6 e 7 de novembro. Pola mesma van pasar a maioría dos alumnos do Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Concretamente o calendario de visitas destes centros educativos é o seguinte:

Luns, 5 de novembro:

   Martes, 6 de novembro:

   Mércores, 7 de novembro:

   Nesta visita os alumnos van contar con Lua, unha doctora en bioloxía que vai realizar unha explicación en vivo dos paneis expostos, respostando tamén a tódalas preguntas que os nenos e rapaces lle poidan facer. A visita escolar vai rematar co visionado dunha película sobor do tema. Ademáis disto, a exposición vai estar aberta tamén para o público en xeral o luns 5 e o martes 6 en horario de 16:00 a 20:00 horas.