Concurso de Postais “Nadal 2012-2013” en Xove

Un ano máis a Biblioteca Municipal de Xove, dependente da Concellería de Cultura, organiza unha nova edición do CONCURSO DE POSTAIS  “NADAL 2012-2013”, dirixido a tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello que o desexen.

Para participar deberán presentar postais, que lóxicamente estarán relacionadas con motivos navideños. Os traballos realizaranse  en cartulina, folio, etc, axustado ao tamaño dunha cuartilla (a metade dun folio), sendo libre a técnica a empregar: rotulador, cera, collage, debuxo, etc.postaianadal

Unha vez realizado o traballo, as postais haberá que entregalas na Biblioteca Pública Municipal de Xove, remantando o prazo de entrega o 21 de decembro, incluido. No momento da entrega, os/as participantes deberán cubrir unha “ficha de inscrición” no concurso.

   No Concurso haberá cinco categorías:

   En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.

O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, realizándose a entrega de premios  despois de finalizada  a Cabalgata de Reis.

BASES REGULADORAS