concurso de Karaoke 2012


 


Premios : Haberá tres categorías: Peques, iunior e veteranos. En cada unha destas categorías premiarase a “Mellor voz” (2 premios) e “Mellor caracterización”. No primeiro caso, para a concesión do premio, o xurado atenderá á calidade da voz, modulación ou entonación. No segundo caso valorarase o vestiario, maquillaxe e aspectos similares.

 Peques.             Poderán participar nesta categoría os menores de 12 anos.

 Iunior.              Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 12 anos ou máis e que non cumpriran os 18 anos.

 Veteranos      Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 18 anos ou máis.

A contía dos premios anteriores é líquida. De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.Requisitos dos participantes.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquera persoa.

A documentación a presentar será a seguinte:

A ficha de inscrición deberá presentarse antes das 15 horas do día previo á celebración do concurso ben personándose nas dependencias do Concello de Xove-Oficina do Técnico de Cultura. Tamén poderá presentarse o mesmo día do concurso, de 17 a 19 horas no salón de Actos do Centro Cívico. Non obstante, para os ensaios previos ao concurso terán preferencia os inscritos antes nas dependencias do Concello, tomando en consideración a súa orde de inscrición.A restante documentación poderá presentarse de xeito simultáneo á ficha de inscrición ou, en todo caso, con carácter previo ao acordo de concesión dos premios. Serán rexeitados aqueles participantes que aínda  constando como beneficiario dun premio na acta asinada polo xurado do concruso, non entreguen a documentación que se recolle neste artigo antes do acordo de concesión.

6.- Procedemento de entrega de premios.- Unha vez rematado o concurso, o xurado levantará acta na que consten os premiados por orde decrecente e por categorías. De acordo coa mesma entregarase aos gañadores un cheque-regalo que poderá gastarse en calquera establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove. Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta  polo Técnico Municipal de Cultura, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a concesión dos premios. O establecemento comercial no que o beneficiario decida gastar o seu premio, deberá emitir factura a nome deste ou do seu titor legal, para o caso de menores de idade, especificando o premio e a categoría na que o beneficiario resultou gañador, tal e como conste no cheque-regalo. A factura deberá presentarse polo beneficiario na Tesourería do Concello para o cobro do premio, unha vez concedidos pola Xunta de Goberno Local.

7.-Outras informacións: Concelleira de Cultura ou Técnico Municipal de Cultura. Tlfo. 982.59.20.01

cancións que se poden elexir para concursar

 bases karaoke 2012