Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
As festas de san Isidoro de Monte abren a primavera en Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 07 Abril 2026 18:18
-
Última actualización en Martes, 07 Abril 2026 18:22
-
Publicado el Martes, 07 Abril 2026 18:18
O Concello de Xove continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril.

O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo Dúo Belinda e o Grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.
O domingo 12, a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización. Ao remate, haberá sesión vermú e un xantar acompañado de música, creando un ambiente ideal para gozar dunha tarde de lecer e descanso tras a andaina.
Cómpre destacar que, durante ambos días, a festa contará cunha carpa acondicionada para garantir o seu desenvolvemento ante posibles inclemencias meteorolóxicas.
A organización convida a veciños e visitantes a achegarse a Penas Agudas para desfrutar dunhas xornadas cheas de festa, convivencia e moi bo ambiente.
Na presentación do cartaz Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, e Dolores Meitín, concelleira de cultura, acompañaban a unha parte dos membros da comisión de festas: Antonio Paleo, Miguel Otero, Lorena Pérez e Antonio Liborio.

Saiñas presenta o XV Festival Infantil
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 24 Marzo 2026 12:39
-
Última actualización en Martes, 24 Marzo 2026 12:40
-
Publicado el Martes, 24 Marzo 2026 12:39
O Concello de Xove informa de que a Asociación Cultural Saiñas vén de organizar o XV Festival Infantil, que terá lugar este vindeiro sábado 28 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove.Nesta nova edición, o festival contará, ademais dos grupos infantís de Saíñas, Xoaniña e Candís coa participación de destacados grupos convidados, a Asociación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá, que achegarán o mellor do folclore tradicional galego.

A organización convida a veciños, visitantes e a todas as persoas afeccionadas á cultura popular a achegarse a Xove para gozar dunha tarde de baile e música tradicional, nun ambiente festivo e familiar.
Desde o Concello anímase á asistencia a este evento que contribúe á posta en valor das nosas tradicións e ao fomento da cultura galega entre as novas xeracións.
Na presentación do cartaz estaba presente o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín acompañando a Jairo Miguez e Pepe Casariego, presidente e secretario respectivamente da Asociación Cultural Saíñas
MONTE Clausura a XXIII Edición do Campionato de Tute
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Lunes, 23 Marzo 2026 22:33
-
Última actualización en Lunes, 23 Marzo 2026 22:36
-
Publicado el Lunes, 23 Marzo 2026 22:33
O Centro Social de Monte, coa colaboración do Concello de Xove, vén de clausurar a XXIII edición do seu tradicional campionato de tute, unha cita xa consolidada no calendario social da zona.

Nesta edición participaron un total de 18 parellas nun campionato que deu comezo o pasado mes de novembro e que se desenvolveu ao longo de todos os fins de semana ata este sábado, día no que tivo lugar a súa clausura.
O peche do campionato celebrouse cunha cea de confraternidade na que todos os participantes puideron compartir un agradable momento xuntos, poñendo en valor o bo ambiente que caracterizou a competición ao longo destes meses. Durante a velada tamén se realizou a entrega de trofeos aos gañadores, da man do alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira Mª Dolores Meitín.
Os resultados finais foron os seguintes:
- Primeiros clasificados: Moncho e Ángel
- Segundos clasificados: Eduardo e Suso
- Terceiros clasificados: Ferino e Trevin
Así mesmo, a organización, ademáis de un obsequio para todos os asistentes, tamén quixo ter un detalle especial coas mulleres participantes —Sara, Ana e Isabel—, destacando a súa implicación e animando a que na próxima edición se sumen máis xogadoras.

A xerente do local, Lorena Pérez, agradeceu enormemente a participación nesta XXIII edición do campionato e salientou o fantástico ambiente vivido cada fin de semana, elemento clave para o éxito desta iniciativa.
Club de Lectura na Biblioteca Municipal
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Lunes, 23 Marzo 2026 22:28
-
Última actualización en Lunes, 23 Marzo 2026 22:30
-
Publicado el Lunes, 23 Marzo 2026 22:28
O Departamento de Cultura do Concello de Xove pon en marcha unha nova iniciativa cultural dirixida ás persoas afeccionadas á lectura: a creación dun Club de Lectura na Biblioteca Municipal de Xove. Este proxecto nace co obxectivo de crear un espazo de encontro para todas aquelas persoas que disfrutan dos libros e que desexan compartir a experiencia da lectura con outras persoas.

O club concíbese como un lugar de reunión periódica no que, nun ambiente de respecto, tolerancia, participación e entretemento, os participantes poderán comentar e intercambiar impresións sobre a lectura dun mesmo libro. Trátase dunha actividade pensada para fomentar o gusto pola lectura, o diálogo e a convivencia arredor da literatura.
Con este propósito, a Biblioteca Municipal organiza un primeiro encontro informativo e de toma de contacto para iniciar a posta en marcha do club. A reunión para todas as persoas interesadas terá lugar o venres 27 de marzo ás 19:00 horas nas instalacións da biblioteca.
Este encontro servirá para explicar o funcionamento do club, recoller propostas das persoas asistentes e establecer conxuntamente as directrices desta nova actividade cultural, coa intención de que resulte atractiva e enriquecedora para todas as persoas participantes.
Dende o Concello de Xove anímase a todas as persoas amantes da lectura e usuarias da biblioteca a achegarse a esta primeira reunión e a formar parte deste novo espazo de encontro cultural, no que compartir e disfrutar xuntos da boa lectura.
XXII Festa do Polbo o vindeiro Xoves Santo.
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 19 Marzo 2026 21:42
-
Última actualización en Jueves, 19 Marzo 2026 21:43
-
Publicado el Jueves, 19 Marzo 2026 21:42
O Concello de Xove colabora e patrocina un ano máis a celebración da XXII Festa do Polbo, unha cita gastronómica xa consolidada que organizan os hostaleiros da localidade e que ten como obxectivo poñer en valor un dos produtos máis representativos das nosas costas.

Nesta edición participarán oito locais de hostalería de Xove, que ofrecerán aos asistentes diferentes elaboracións de polbo para destacar a versatilidade e calidade deste produto tan apreciado na gastronomía galega. Os locais participantes son: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Cociña, O Cabaliño, A Fuga, A Cívica, O Refugio e Cafetería Antoxo.
A festa terá lugar o vindeiro Xoves Santo, 2 de abril, a partir das 13:00 horas. Durante a xornada, os establecementos participantes servirán cazolas de polbo elaboradas de distintas formas a un prezo de 15 euros, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar deste manxar nun ambiente festivo.
A partir das 19 h. a xornada gastronómica estará tamén amenizada por membros da A.C. Saíñas e polo grupo de percusión da comparsa Habelas Hainas, de Barreiros, que percorrerán os locais participantes levando música e animación para contribuír ao ambiente festivo desta celebración.
Dende a organización, os hostaleiros convidan a veciños e visitantes a achegarse a Xove este Xoves Santo para desfrutar desta xornada gastronómica, que combina tradición, sabor e ambiente festivo nunha das citas culinarias destacadas da Semana Santa na comarca.

Na presentación do cartaz estiveron presente o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira Mª Dolores Meitín e distintos representantes dos locais de restauración participantes, apostando pola calidade do produto e o bo facer da hostalería local.
Saíñas organiza a XVII Festa do Lacón
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 29 Xaneiro 2026 11:20
-
Última actualización en Jueves, 29 Xaneiro 2026 11:22
-
Publicado el Jueves, 29 Xaneiro 2026 11:20
A Asociación Cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Laconada, unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes.
O evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada.
Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación.
A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía. Desde a Asociación Cultural Saíñas convídase a todo o mundo a achegarse para gozar deste cocido a prezo popular, compartir momentos cos amigos e botar unhas pezas que axuden a animar o duro inverno que estamos tendo.
A Asociación quere agradecer a colaboración do Concello de Xove, así como a de todos os socios e persoas que arriman o ombro para que esta Festa do Lacón sexa, un ano máis, todo un éxito, acadando xa a súa XVII edición.
PRESENTACIÓN


Clausúrase o Belén da igrexa de San Miguel da Rigueira...
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 13 Xaneiro 2026 12:06
-
Última actualización en Martes, 13 Xaneiro 2026 12:11
-
Publicado el Martes, 13 Xaneiro 2026 12:06
Clausúrase o Belén da igrexa de San Miguel da Rigueira tras recibir centos de visitas durante este Nadal
O impresionante belén instalado, como cada nadal, nunha nave lateral da igrexa de San Miguel da Rigueira, no concello de Xove, vén de clausurarse este domingo tras varias semanas aberto ao público. Foron moitas as visitas recibidas durante estas datas. Veciños e veciñas do concello de Xove, así como persoas procedentes de concellos limítrofes, achegáronse ata a Rigueira para contemplar de primeira man este belén, que ano tras ano é montado con moito cariño, paciencia e dedicación por voluntarios e colaboradores da igrexa, de maneira totalmente desinteresada, para o desfrute de toda a veciñanza. Este belén, que leva xa varios anos colocándose no interior do santuario, cambiou a súa ubicación co paso do tempo. Nos primeiros anos situábase ao fondo da igrexa, mentres que nos últimos nadales pasou a instalarse nunha nave lateral do edificio, permitindo unha mellor visualización e un maior aproveitamento do espazo.
 A montaxe ocupa unha superficie aproximada de 40 metros cadrados e conta con figuras típicas dos beléns tradicionais, representando todas as personaxes da época e unha ampla variedade de oficios. Ademais, destaca polo seu gran realismo, xa que algunhas figuras contan con movemento, hai son ambiente de auga e paxaros, e incluso se pode apreciar a diferenza entre o día e a noite grazas ao escurecemento e posterior clareo das escenas ao amencer.
 Desde a organización queren agradecer sinceramente a visita de todas as persoas e asociacións que se achegaron ata a Rigueira nestas datas tan entrañables e que souberon valorar o traballo realizado. Tamén queren facer unha mención especial e unha lembranza agarimosa para aqueles colaboradores voluntarios que sempre estiveron presentes e que xa non están entre nós. Finalmente, os organizadores expresan o seu desexo de que no vindeiro nadal poidan mellorar e ampliar este belén, co obxectivo de volver recibir as esperadas visitas e continuar ofrecendo este espazo de encontro, tradición e ilusión para toda a comunidade.
A Cabalgata de Reis 2026 este Luns en Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Sábado, 03 Xaneiro 2026 12:14
-
Última actualización en Miércoles, 07 Xaneiro 2026 12:02
-
Publicado el Sábado, 03 Xaneiro 2026 12:14
A Concellería de Cultura do Concello de Xove informa da chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao noso concello, unha das citas máis agardadas destas datas tan especiais. As Súas Maxestades chegarán cedo a Xove para realizar unha visita moi especial á Residencia San Bartolomé, onde os seus usuarios e usuarias, sempre tan agradecidos, recibirán aos Reis con moito cariño e emoción.
Posteriormente, os Reis Magos desprazaranse á nave-almacén do Concello, punto de saída do tradicional desfile das carrozas polas rúas de Xove, que arrancará ás 7 da tarde. O percorrido pasará por diante dos dous centros educativos do municipio, o Instituto e o Colexio, saíndo á Avenida Deputación pola que seguiran ata o cruce do parque e baixaran pola rúa Doutor José Baamonde Illade, desde onde se dirixirán cara ao Centro Cívico.
Unha vez alí, as Súas Maxestades baixarán das carrozas para dirixirse ao Pavillón Municipal. Neste espazo, os Reis Magos terán unhos tronos onde sacarán fotografías e recibirán a todos os nenos e nenas que queiran achegarse ao seus regazos para compartir ilusións e desexos. A noite estará amenizada con animación musical a cargo do DJ Conxuro, que fará gozar a todo o público presente.
Desde a organización estarase moi pendente da previsión meteorolóxica. E á hora da saída , ás 7 da tarde, no caso de que as condicións do tempo sexan adversas, activarase un plan alternativo que consistirá no traslado directo dos Reis Magos e dos seus colaboradores ao pavillón municipal, garantindo así que os máis pequenos poidan gozar igualmente deste momento tan especial e non perdan a ilusión.
A Concellería de Cultura quere expresar o seu agradecemento a todas aquelas persoas que, de maneira totalmente desinteresada, colaboraron para que tanto esta Cabalgata como o conxunto das actividades de nadal programadas se desenvolveran con éxito. En especial, aos operarios municipais, e a Papá Noel, Reis Magos, paxes reais, elfos, personaxes Disney, pastores e pastoras, e cabaleiros que arribaron en Xove.



Os acordeonistas da Mariña actuan en Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 02 Xaneiro 2026 10:29
-
Última actualización en Lunes, 05 Xaneiro 2026 08:46
-
Publicado el Viernes, 02 Xaneiro 2026 10:29
O Concello de Xove continúa coa programación cultural do Nadal 2025-2026
O Concello de Xove continúa este sábado, 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás 7 da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto dos Acordeonistas da Mariña.
Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística.

Desde o Concello de Xove anímase á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades.
A entrada será libre ata completar aforo.
Espectacular noite do XIII Concurso de Karaoke de Nadal
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Sábado, 27 Decembro 2025 15:22
-
Última actualización en Sábado, 27 Decembro 2025 15:40
-
Publicado el Sábado, 27 Decembro 2025 15:22
Chegou a noite do karaoke, unha das actividades do Nadal con máis expectación en Xove. A décimo terceira edición do Concurso de Karaoke 2025 volveu demostrar por que é unha das citas máis agardadas do calendario festivo, reunindo veciñanza do pobo e visitantes de fóra que se achegaron para gozar dunha noite chea de música e emoción.
A pesar da fría noite, o Pavillón de Deportes estivo ateigado de público, que agardaba con entusiasmo as actuacións dos participantes, moitos deles coñecidos da localidade. Tamén contamos con concursantes de outras localidades de A Mariña e ata participantes que chegaron dende A Coruña, Oviedo ou mesmo Cáceres e que se sentiron arroupados polo público expectante. E as expectativas non defraudaron: foron numerosos os participantes que cubriron as tres categorías do certame —peques, iúnior e veteranos—, facendo gozar aos asistentes, que non deixaron de aplaudir e animar durante toda a velada.
 A noite foi todo un éxito e o xurado, formado por Xulia Nogueira, Uxío Dayán e Francisco Pico, tivo unha tarefa moi complicada á hora de elaborar a acta final, xa que en cada actuación quedou patente o talento e a paixón pola música dos participantes. A velada estivo dirixida por décimo terceiro ano tendo como presentadora á veciña Vanesa Miguez.
 Desde a organización quérese agradecer, unha vez máis, a magnífica acollida desta actividade por parte do público, así como o traballo do xurado e a implicación de todos os participantes. Agardamos poder velos de novo na próxima edición do Karaoke de Xove, que xa será a décimo cuarta, e que, sen dúbida, volverá encher de música e ilusión unha noite do Nadal.
 A lista de premiados foi a seguinte:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
- Premio “Mellor Voz”: AITANA JIMENEZ BLANCO.- Premio de 60 €..- Canción: A un paso de la luna.
- Premio “Mellor Voz”: EVA CANCELA TRASTOY, MARIA POSADA DUARTE, ALEX LOUZAO CASAS.Premio de 60 €.-Canción: La Morocha.
- Premio a “Mellor Caracterización”: AINARA SÁNCHEZ LAGE, JESÚS LÓPEZ FRANCO, ANTÓN PRETO CANOURA.-Premio de 60 €.-Canción: A quién le importa.
Categoría “JÚNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
- Premio “Mellor Voz”: DANIELA ROBLEDO CARDOSO.-Premio de 90 €.- Canción: Hometown Glory
- Premio “Mellor Voz”: CAROLINA GOAS TRELLES E MARTINA CASTRO DIAZ. -Premio de 90 €.-Canción: Me has invitado a bailar.
- Premio “Mellor Caracterización”: NOA VILLOTA PERNAS E EMMA LOPEZ GONZALEZ.-Premio de 90 €.-Canción: Perdonarte para qué.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
- Premio “Mellor Voz”: Mª ÁNGELES LEAL GARCIA.- Premio de 150 €.-Canción: Déjala correr.
- Premio “Mellor Voz”: LAURA MIGUEZ RAMOS.-Premio de 150 €.-Canción: Esta vida.
- Premio a “Mellor Caracterización”: CARLOS JIMENEZ SEIJAS.-Premio de 150 €.- Canción: Abusadora
Persoas Colaboradoras para participar na Cabalgata de Reis
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 23 Decembro 2025 11:01
-
Última actualización en Martes, 23 Decembro 2025 11:02
-
Publicado el Martes, 23 Decembro 2025 11:01
Dende o Departamento de Cultura do Concello de Xove buscan Persoas Colaboradoras
para participar na Cabalgata de Reis.
O Concello de Xove busca persoas voluntarias para acompañar o Desfile dos Reis Magos
O Concello de Xove, a través do Departamento de Cultura, fai un chamamento á veciñanza para colaborar no tradicional Desfile dos Reis Magos, que percorrerá as rúas do municipio o 5 de xaneiro a partir das 7 da tarde e co obxectivo principal de manter viva a maxia do nadal no día máis especial tanto para os máis pequenos como para os maiores.
Desde o departamento solicitamos a participación de persoas voluntarias que dispoñan de vestimenta ou atavíos propios destas datas, tales como pastores ou pastoras, paxes reais, elfos, personaxes de Disney ou outros personaxes infantís, para participar nas carrozas preparadas para acompañar aos Reis Magos no seu desfile polas rúas de Xove.
As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina de Información Xuvenil, sendo por motivos organizativos a data límite para a inscrición o 26 de decembro.
Desde o Concello de Xove animamos á cidadanía a sumarse a esta iniciativa e contribuír a que o Nadal siga sendo un tempo de ilusión, especialmente para a infancia.
O Concello quere agradecer de maneira moi especial a colaboración desinteresada de veciños, veciñas e voluntarios, que ano tras ano arriman o ombro para que as actividades do Nadal poidan desenvolverse con éxito e ilusión.
Arranca o novo Curso de Música na Escola Municipal
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 02 Outubro 2025 16:36
-
Última actualización en Jueves, 02 Outubro 2025 16:39
-
Publicado el Jueves, 02 Outubro 2025 16:36
O pasado xoves 25 de setembro mestres da Escola Municipal de Música deleitaron ao alumnado e ao profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón cunhas pequenas pezas musicais a modo de concerto didáctico nos ximnasios de ditos centros educativos de Xove co fin de amosarlles o traballo que día a día realizan nas clases da escola á vez que intentar conseguir novos alumnos para este curso que ven de empezar.
Ademáis este mércores tivo lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música nunha aula do Colexio de Palmeiro, instalacións que usan a diario para desenvolver a sua programación.

Teatro para toda a familia
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 11 Xuño 2025 11:17
-
Última actualización en Miércoles, 11 Xuño 2025 11:18
-
Publicado el Miércoles, 11 Xuño 2025 11:17

Presentación do Cartel do Entroido 2025
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 11 Febreiro 2025 19:37
-
Última actualización en Martes, 11 Febreiro 2025 19:37
-
Publicado el Martes, 11 Febreiro 2025 19:37
Desde a Concellería de Cultura do Concello de Xove presentouse o cartel coa programación do Concello de Xove para o Entroido 2025.

Programa Entroido 2025
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 06 Febreiro 2025 13:45
-
Última actualización en Jueves, 06 Febreiro 2025 13:47
-
Publicado el Jueves, 06 Febreiro 2025 13:45
ESTE ANO OS PREMIOS SERÁN INGRESADOS EN CONTA BANCARIA
---->BASES CONCURSO DESFILE ENTROIDO 2025 <-----

Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal 2024-2024
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 04 Febreiro 2025 10:54
-
Última actualización en Martes, 04 Febreiro 2025 10:56
-
Publicado el Martes, 04 Febreiro 2025 10:54
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o pasado decembro unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove de Primaria e de ESO, ás/ós alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo a idade, tivemos cinco categorías: Educación Infantil; 1º e 2º de Educ. Primaria; 3º e 4º de Educ. Primaria; 5º e 6º de Educ. Primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios: un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Dende o Concello de Xove sempre se pretende fomentar a participación e a creatividade das/os máis novos/as.
As/os premiadas/os nesta edición, foron:
EDUCACIÓN INFANTIL:
- 1º PREMIO: (Nº 14) JAIRO MARTÍNEZ GÓMEZ
- 2º PREMIO: (Nº 18) MARÍA GARCÍA VAL
- 3º PREMIO: (Nº 28) LARA DÍAZ URSÚA
1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º PREMIO: (Nº 6) VALERIA VILASA POSADA
- 2º PREMIO: (Nº 21) JIMENA PALEO ENRÍQUEZ
- 3º PREMIO: (Nº 8) MARÍA MOREIRA REGO
3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º PREMIO: (Nº 31) JESÚS LÓPEZ FRANCO
- 2º PREMIO: (Nº 22) ALICIA BLANCO VALENZUELA
- 3º PREMIO: (Nº 42) MARTINA MARIÑO FERRERÍA
5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º PREMIO: (Nº 4) DAVID BURGOS PELOCHE
- 2º PREMIO: (Nº 16) ELEAZAR DÍAZ GARCÍA
- 3º PREMIO: (Nº ) DESERTO
E.S.O.:
- 1º PREMIO: (Nº 48) CARLA CASABELLA PUÑAL
- 2º PREMIO: (Nº 35) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA
- 3º PREMIO: (Nº 30) ÁLVARO GARCÍA CASABELLA
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|