Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

XIII Tirada do Campionato de Bolos Xove 2019

A pesares dos presaxios tivemos unha boa tarde climatolóxica, xa que non nos choveu e a temperatura non foi excesivamente fria. Excelente participación con 33 inscritos.

  • Liga Senior Masculina.- Despois de dúas tiradas aciagas, un enrabietado pero moi concentrado Miguel López impúxose con contundencia nesta decimoterceira tirada, celebrada no Municipal de Xove; esta victoria permítelle recortar en catro puntos a diferenza con Arturo Vigo, estando agora a 14 puntos do liderato con 5 tiradas inda por disputar; tamén lle permite a Miguel alonxar a Javier Rodríguez, quen non foi capaz siquer de puntuar.

Segundo na tirada o vixente campión Alex Meitín, o que lle permite acadar o 4º posto en solitario, a só 5 puntos do 3º. Por detrais temos a César Cancelos e Francisco Pérez, inda con moitas posibilidades de acceder, polo menos, ao terceiro posto final.

  • Liga Senior Feminina.- Tamén Julia López é humana e, despois de 5 victorias consecutivas, onte tivo que conformarse cun 4º posto na tirada. Inda así lévalle 20 puntos a Belén Meitin (2ª) e 24 a Carmen Roca (3ª). A falla de 5 tiradas para acabar, esta importante diferenza tenlle que chegar a Julia para acadar o seu primeiro entorchado na categoría senior, nesta súa primeira participación.

Pero bueno, imos ter emoción ata o final, xa que Belén Meitín e Carmen Roca están moi igualadas, intercambiándose na clasificación segundo sexa a xornada. Estas tres xogadoras van copar con toda seguridade os tres primeiros postos finais.

  • Liga Sub 16.- Sigue o dominio absoluto de Javier Alonso quen, a vindeira semana, dependendo sempre da clasificación, xa se podería proclamar matemáticamente campión da categoría. O seu dominio é incontestable. A segunda posición tamén ten dono, e non é outro que Hugo Pérez. A emoción nesta categoría vai estar na loita pola terceira praza entre Christian Cociña (24 puntos) e Izan Maragoto (22 puntos).

 

 

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE   (2 DE FEBREIRO DE   2019)

33   INSCRITOS: 21   NA LIGA SENIOR,   4 NA LIGA SUB 16   E       8 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                    NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 327 12
SEGUNDO ALEX MEITÍN SERANTES 309 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 273 8
CUARTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 271 7
QUINTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 257 6
SEXTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 257 5
SÉTIMO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 250 4
OITAVO DANIEL ALONSO LÓPEZ 239 3
NOVENO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 231 2
DÉCIMO JORDI MEITÍN SERANTES 230 1
MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 89 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ 167 6
SEGUNDO HUGO PÉREZ MEITÍN 105 4
TERCEIRO IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ 61 3
CUARTO ENZO MARAGOTO BERMÚDEZ 42 2
QUINTO     1
MELLOR BOLADA JAVIER ALONSO LÓPEZ 56 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 151 6
SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL 145 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 125 3
CUARTO JULIA LÓPEZ FORMOSO 117 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 114 1
MELLOR BOLADA JULIA LÓPEZ FORMOSO 62 1

CLASIFICACION DA LIGA SENIOR

ARTURO VIGO CASABELLA 106
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 92
JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 75
ALEX MEITÍN SERANTES 70
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 67
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 66
RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 54
JORDI MEITÍN SERANTES 49
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 44
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 38
DANIEL ALONSO LÓPEZ 31
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 23
CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 16
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 11
LUIS RANCAÑO BOUSO 7
ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 6
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 5
JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ 4
JOSÉ LÓPEZ RIVEIRA 1
JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 1
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 1
ADÁN RODRÍGUEZ ROCA  
DEMETRIO LÓPEZ PENA  
VENANCIO DA SILVA  
JOSE VIGO LAGE  
ÓSCAR PÉREZ MEITÍN  
JUAN JOSÉ ECHEZARRETA GARCÍA  
AGUSTÍN NIETO PENA  
AUGUSTO ALBO OCAMPO  
   

Nace Xove Costa -Trail

 Unha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no noso Concello, Xove Costa Trial (XCT). O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha andaina de 11 Km. A saída desta carreira farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico.   O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.

   A concentración inicial realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes recollerán os dorsais, bolsa de corredores, …. A organización ten previsto autobuses para levar aos corredores ao punto de saída.  Unha vez rematada a carreira, a organización ten disposta unha pinchada para tódolos participantes.

As inscricións para Xove Costa Trail hai que facelas na Web championchipnorte. O seguimento de todo o relativo a esta carreira pódese realizar a través de Facebook en xovecostatrail. A organización deste evento corre a cargo da SECCIÓN DE MONTAÑA E SENDEIRISMO DA ACD XOVE e de ROQUE SPORT, contándose co Patrocinio do Concello de Xove e a colaboración de comercios e negocios da localidade.

Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal 2019

Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, en horario de recreo, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai aproximadamente mes e medio unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

   Os/as premiados/as no Concurso, foron:

Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal 2019

Expectacular e Multitudinaria Cabalgata de Reis 2019

Cabalgata de Reis con Carrozas Novas en Xove

Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA DE REIS mañá 5 de xaneiro.  Os Reis pensaron “ano novo vida nova” e decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Pois ben, os Reis virán este ano nunhas relucientes e espectaculares carrozas ao noso Concello para facer a delicia de grandes e maiores. Antes do GRAN DESFILE, mañá sábado pasarán, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños.

 Ás 19:00 horas comezará o GRAN DESFILE onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos. O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.

 CHAMAMENTO AOS ASISTENTES. Dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as aceras, e que por cuestións de seguirdade non invadan a calzada.Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.

 

VIII Concurso de Karaoke de Xove

Celebrado este pasado sábado 22 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Fausto Caballero pola Asociación Saiñas de Xove e Dº Daniel Fernández Caxete Director e membro do grupo musical Sons de Celeiro. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:

Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):

  • 1º Premio “Mellor Voz”: Cora e Enma Buján Rouco, coa canción “ROMEO Y JULIETA” de Karina. Premio de 60 €.
  • 2º Premio       “Mellor Voz”: Iago Rivas Balsa coa canción “EL REY” de Vicente Fernández. Premio de 60 €.
  • Premio a       “Mellor Caracterización”: Mara Arca Moliner, coa canción “LAS HADAS EXISTEN” DE Rozalen. Premio de 60 €.

   Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):

  • 1º Premio “Mellor Voz”: Alba Canoura Frá coa canción “CITY OF STARS” de Ryan Goslin ¬ Enma Stone. Premio de 90 €.
  • 2º Premio “Mellor Voz”: Alejandro Parapar Fernández coa canción “MI HÉROE” de Antonio Orozco. Premio de 90 €.
  • Premio a       “Mellor Caracterización”: Xenxo Salgueiro Franco con “SÓLO TE PIDO” de Manolo Escobar. Premio de 90 €.

   Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):

  • 1º Premio       “Mellor Voz”: Laura Míguez Ramos coa canción “LA TORMENTA” de Pastora Soler. Premio de 150 €.
  • 2º Premio       “Mellor Voz”: Marta Suárez Díaz coa canción “UN AÑO DE AMOR” de Luz Casal. Premio de 150 €.
  • Premio a “Mellor Caracterización”: Cesáreo Vidal Fernández coa canción “Waka Waka esto es África” de Shakira. Premio de 150 €.

   Decir que a participación foi excelente, a mellor das oito edicións do festival, con 26 inscritos: 7 en categoría “peques”, 3 en categoría “iunior” e 16 en categoría “veteranos”. A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por sétimo ano consecutivo. Decir tamén que o grupo de música Sons de Celeiro fixeron unha pequena actuación como anticipo do concerto que celebraron hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico.

   A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polas Concelleiras: Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).

Presentación do Calendario 2019

O alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de cultura Dolores Meitín e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do CALENDARIO 2019.O calendario está conformado por fotos de todo o Concello. En cada foto de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos) pertencentes a distintos membros da Asociación.

A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña, a quens, dende o Concello de Xove, se lles quere agradecer a súa colaboración.

 

Presentación do Programa de Nadal 2018-2019

PROGRAMA DE NADAL DO CONCELLO DE XOVE 

Planetario Ciencia Kids 

 

VIII Concurso de Karaoke de Xove. Xa está aberta a inscrición

 Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa VIII edición o SÁBADO, 22 DE DECEMBRO.  Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

CARTEL CONCURSO KARAOKE 2018

   A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

   A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 21 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 22) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 14 de decembro ás 14:30 horas.

En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.

PREMIOS: ---->Peques. Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros ----> Iunior.- Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros -----> Veteranos.- Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros

 

En total son 900 € en premios en metálico. E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.

Listado de cancións     <<<>>   Ficha de inscripción (menores 18 anos)   <<<>><   Ficha de Inscripción (maiores de 18 anos)

 

Campeonato de bolos: Contra a Violencia de Xénero

Concurso de Postais de Nadal 2017/2019

------------BASES REGULADORAS-------------

Incidencias da 4ª Tirada de Bolos

INCIDENCIAS DA 4ª TIRADA

(Tirada do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE) - Sábado, 10 de novembro 2018)

 

 

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (10 DE NOVEMBRO DE   2018)

30     INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR,   3   NA LIGA SUB 16   E   8     NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                    NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JORDI MEITÍN SERANTES 296 12
SEGUNDO ALEX MEITÍN SERANTES 291 10
TERCEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 289 8
CUARTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 282 7
QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 274 6
SEXTO ARTURO VIGO CASABELLA 273 5
SÉTIMO DANIEL ALONSO LÓPEZ 266 4
OITAVO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 247 3
NOVENO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 242 2
DÉCIMO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 238 1
MELLOR BOLADA SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 94 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ 203 6
SEGUNDO HUGO PÉREZ MEITÍN 138 4
TERCEIRO IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ 131 3
CUARTO     2
QUINTO     1
MELLOR BOLADA JAIVER ALONSO LÓPEZ 68 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 196 6
SEGUNDO JULIA LÓPEZ FORMOSO 161 4
TERCEIRO PAULA CAMPO SUÁREZ 153 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 119 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 98 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 53 1

Tarde bastante agradable. Excelente participación con 30 inscritos.

Leer más:Incidencias da 4ª Tirada de Bolos

Entregados os premios do V Concurso De Fotografía Medioambiental

A entrega realizouse hoxe pola mañá e na mesma participaron, xunto cos premiados/as, o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o membro do xurado, o pintor xovense Xan Guerreiro. Recordamos que os premiados, nas dúas categorías deste Concurso MEDOAMBIENTAL, foron:

Primeiro premio de 100 €: Dª DARÍA BAKTEEVA coa obra “SEÑORA ROCHA MIRANDO ASOMBRADA“, Concursante nº 6.

Segundo premio de 75 €: GERMÁN PALEO NAVARRO coa obra “PLAYA DE MUIÑELOS” . Concursante nº 2.

Terceiro premio de 50 €: CAROLINA MOREIRA SÁNCHEZ coa obra “RIBEIRA DE MORÁS” . Concursante nº 7.

 

Xornadas de promoción de Bolos

Un ano máis, e antes de comezar a XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas. Polas Xornadas deste ano 2018 van pasar 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.-  As Xornadas comezaron hoxe na Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xove, contándose coa participación dos 20 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Pedro Caselles, os cales estiveron acompañados pola profesora Marta Álvarez.bolitos34

As Xornadas van continuar con arranxo ao seguinte calendario:

  • Mañá, xoves 18 de outubro: -De 13:40 a 14:30 h: 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón.
  •  Venres 19  de Setembro: -De 10:00 a 11:00 h: 20 alumnos/as de 5º de Primaria do CEIP Pedro Caselles.

   O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 18 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores. Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, nesta edición, coa colaboración dos departamentos de educación física do Colexio Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.    Dende o Concello só nos queda agradecerlle á profesora Marta Álvarez do Colexio Pedro Caselles e ao profesor Carlos L. Jacob do IES Illa de Sarón toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.

Resultado do Concurso de Fotografía Medioambiental 2018

CARTEL CONCURSO 2018

 

 

>>>>>>>>>--------------------Acta------------------------->>>>>>>>>----

 

Selecciónde Xuiz de Paz Titular do Concello de Xove

 

No Boletín Oficial da Provincia núm. 233 de data 10 de octubro de 2018 publicouse o Anuncio que a seguir se transcribe integramente:

Tendo comunicado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o seu acordo de data 21 de setembro de 2018 instando o inicio do expediente para a elección de Xuiz de Paz Titular do Concello de Xove, por estar próximo o vencemento o período de catro anos do anterior, tal e como dispón o art. 101.4 da Lei Organica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, todas aquelas persoas interesadas en partcipar no procedemento de selección deberán presenta-la correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Xove no plazo dos dez (10) naturais seguintes ó de publicación do presente Bando no Xornal “ La Voz de Galicia – Edición de A Mariña “ e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

O citado prazo contarase a partir do día seguinte o da publicación do presente anuncio no BOP.

Os interesados deberán reuni-las condiciones previstas no art. 23 do Reglamento 3/1995, de 7 de xuño, de Xuices de Paz (RXP) e nos arts. 102, 302 e 389 a 395 da Lei Orgánica de 1 de xullo de 1985, do Poder Xudicial (LOPX), é dicir:

  • Ser español ( acreditarase coa achega de copia compulsada do DNI).
  • Maior de idade. ( acreditarase coa achega de copia compulsada do DNI )
  • Non estar incurso en causa de incapacidade prevista na Lei especificándo a profesión actual do solicitante. (acreditarase coa achega de Declaración Xurada)
  • Non ter sido procesado, inculpado ou condenado, agás que se obtivera o sobreseimiento, a absolución ou a rehabilitación. ( acreditarase coa achega de Declaración Xurada )
  • Non concorrer ningunha das causas de incompatibilidade e/ou prohibición do Capítulo II do Ttítulo II (artículos 389 a 397 da LOPX). ( acreditarase coa achega de Declaración Xurada na que deberá especificarse a profesión actual do solicitante )
  • Non pertencer a ningún partido político.(acreditarase coa achega de Declaración Xurada )
  • Tela residencia efectiva no Concello de Xove. (acreditarase coa achega de Certificado de Empadronamento ).

Igualmente os interesados deberán aportar a documentación acreditativa de:

  • Titulación Académica que se posúe.
  • Experiencia profesional relacionada co cargo obxecto de provisión.
  • Cursos de Formación realizados relacionados coas tarefas propias do cargo obxecto de provisión.

Os interesados en participar no proceso selectivo teñen o seu dispor o correspondente expediente na Secretaría do Concello de Xove.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 horas do vindeiro luns día 22 de octubro de 2018.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026