Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.018

  Hoxe, venres 1 de xuño, ás 12:20 horas no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e Diploma Acreditativo cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2018, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos   nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.

   Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

   CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por:

   -Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.

   -Escribir un relato ou conto: de tema libre.

   -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.

   No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:

   -Realizar un debuxo: de tema e composición libres.

   -Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Dª María Victoria Moreno.

Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:

Leer más:Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.018

Intercambios culturais ......

Hoxe, a última hora da mañá, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira de cultura Dolores Meitín, recibiron no Salón de Plenos do Concello á estudiante checa, natural de Praga,  DENISA KANOKOVA´.  Denisa está estudiando castellano no IES Monte Castelo de Burela, e realiza o intercambio coa estudiante xovense Lara Míguez, quen primeiro foi a Praga;  agora Denisa devólvelle a visita.
 

Actas probas selectivas Coidadora infantil e Peóns Forestais

Resolución das probas selectivas realizadas no día de hoxe nas dependencias municipais. Os aprobados en cada unha delas deberán presentarse o próximo venres as 10 horas no Departamento de Recursos Humanos (3ª planta da Casa do Concello).

II OPEN DE SURF DE ESTEIRO- Xuño 2018

surf5

Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2018

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as Festas Patronais da Parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 28 E 29 de abril, con arranxo ao seguinte programa:

  • SÁBADO, 28 DE ABRIL:

   -13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “PECADOS”.

   -15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

   -17:00 horas.- Verbena con: “PECADOS” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, trofeo para parella máis vella e outro trofeo para máis nova.

  • DOMINGO, 29 DE ABRIL:

   -10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.

   *Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “JOSÉ ANIDO”.

   -17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “JOSÉ ANIDO”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

Premiados no Concurso Letras Galegas 2018

CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2018

TRABALLOS PREMIADOS NO C.E.I.P. “PEDRO CASELLES ROLLÁN”

4º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº ). DESERTO.

2º PREMIO : (Nº ). DESERTO.

3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.

5º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº ). DESERTO.

2º PREMIO : (Nº ). DESERTO.

3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.

6º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº 25). ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.

2º PREMIO : (Nº 20). ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.

3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

CONCURSO LITERARIO

1º PREMIO : (Nº 13). PAULA SÁNCHEZ PERNAS

2º PREMIO : (Nº ). DESERTO.

3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº 12) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.

2º PREMIO : (Nº 24) OLIVA REGA QUELLE.

3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

CONCURSO LITERARIO

1º PREMIO : (Nº 43) JULIA ÁLVAREZ LOZANO.

2º PREMIO : (Nº 14) ELSA GARCÍA LÓPEZ.

3º PREMIO: (Nº 3 ) YOEL LÓPEZ GONZÁLEZ.

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº 34) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.

2º PREMIO : (Nº ) DESERTO.

3º PREMIO: (Nº ) DESERTO.

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Leer más:Premiados no Concurso Letras Galegas 2018

Saiñas Elexida polo Festival de Lorient

 A Asociación Saiñas de Xove está de noraboa, xa que foi elexida polo Festival Intercélticlo de Lorient para representar a Galicia na súa 48 edición. O Festival Intercéltico de Lorient, que anualmente se celebra nesta coñecida cidade da Bretaña francesa, está considerado o festival de música celta máis importante do mundo. A participación de Saiñas vaise desenvolver do 3 ao 12 de agosto, para o cal se vai desprazar un grupo dunhas corenta persoas entre bailadores e músicos.

reunion12

A presentación desta participación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello; na mesma estivo o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, o representante do Festival en Galicia Pablo Seoane, o presidente de Saiñas Andrés García e unha nutrida representación da Asociación. Precisamente, foi Pablo Seoane o encargado de darlle a Saiñas a noticia da súa participación, feito que lóxicamente nos encheu a todos de ledicia, xa que este feito podémolo considerar como o feito, senón o máis, un dos máis importantes da historia dos 36 anos da Asociación Saiñas.

Saiñas conta no seu curriculum cun amplo bagaxe de participacións no exterior, tanto en España como no extranxeiro; en España, entre outros lugares, participamos en festivais en Valencia, Zamora, Jumilla (Murcia), Oviedo, etc. Dentro dos paises extranxeiros, Saiñas participou en numerosas Europeades en paises como: Dinamarca, Alemania, Italia, Portugal, Francia, Suiza,… Pero bueno, a presencia no Festival de Lorient é especial, xa que, de principio, non é nada fácil participar debido ao riguroso proceso de selección do Festival, buscando sempre a excelencia, o mellor de cada país.

Podemos decir que, nos últimos anos, Saiñas deu un importante salto cualitativo, xa que xunto coas súas actividades tradicionais de música e baile, a Asociación puxo en escea unha serie de espectáculos que contribuiron ao seu crecemento e a unha maior madurez de todo o grupo; falamos de espectáculos como “Identidade”, “Tradicción”, “a Taberna”, “Muiñeira” ou “o Adro”, todos representados con grande éxito de crítica e público.

 

Bautizo de Buceo Deportivo 2018

Este sábado pasado día 24 organizouse na Piscina Municpal de Xove, outro novo Bautizo de Buceo Deportivo, e no cal participaron un total de 43 persoas, as cales disfrutaron do pracer de poder respirar debaixo da auga, e de desprazarse como un peixe polo fonda da Piscina. A experiencia foi espectacular para todos, de feito o tempo de mergullo sobre 40 minutos chegaballes a pouco. O final de cada turno, entregouselle a cada novo buceador un Diploma de participación, asinado polos responsables do CAS. Buceo Viveiro, como impartidor do Bautizo, e da Piscina Municipal de Xove, como organizador.

***** Decirvos que como temos un mónton de fotos, tanto en superficie,como subacuáticas, si algún dos participantes quere algunha foto, que se poña en contacto con nós na Piscina, que llas pasamos via correo electrónico, whatsapp, ou como queira.*****

 

Piscina Municipal: Bautismo de Buceo 2018

O próximo sábado día 24 de Marzo, a Piscina Municipal de Xove vai organizar un Bautizo de Buceo Deportivo. Escolleuse esta data, como preámbulo da Semana Santa, pois tanto estudiantes, como resto de interesados xa van a estar de vacacions. A actividade desenrolarase en sesions e mañan e tarde e será TOTALMENTE GRATUITA.

Formaranse 6 grupos nos cales poderán participar un máximo de 8 persoas por grupo, con unha duracion de 1 hora para cada grupo. Cada dous participantes estarán o cargo dun buceador profesional.

Turnos: 10:30h.-11:30h. 12:30h. pola mañan e 16:30h.- 17:30h.- 18:30h. pola tarde. Cada participante deberá de traer unha camiseta, para que se lle adapte mellor o equipo de buceo composto por chaleco hidrostático, botella de aire, e regulador. Cada participante recibirá unha pequena charla, como explicación de como funciona un equipo de buceo, e despois practicará na Piscina sobre 45 minutos.

A citada actividade e totalmente segura, e moi agradecida para todos, pois van a poder experimentar o poder estar sumerxido respirando debaixo da auga, sendo unha experiencia inesquecible. Cada participante tamén recibirá un Diploma acreditativo do seu Bautizo de Buceo, asi como fotos da actividade.

A Piscina Municipal de Xove, fixo o seu primeiro Bautizo de Buceo no ano 2001, e despois nos anos 2002 e 2003 impartironse varios Cursos de Buceo Deportivo, nos cales participaran unha gran catidade de xente do  Concello de Xove. Todos estos Bautizos de Buceo son impartidos por persoaol do Centro de Actividades Subacuaticas de Viveiro, o cal é un dos clubs de buceo mais experimentado da Mariña, e que conta con grandes profesionaldes do buceo nas suas filas.

Dende a Piscina Municipal de Xove, queremos animar a todos os interesados, a participar, os cales poderan inscribirse chamando o 982 592001, ext. 225,(Piscina), ou acercandose a Piscina para facer a inscrición.

 

XXVIII CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA

Salón de Plenos do Concello, presentouse o XXVIII CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA, acto no que participou o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de Cultura Dolores Meitín e o director do Curso Xan Carballal. Adxunto unha fotografía do acto de presentación así como o Cartel e o Programa de Man do mesmo.

---------- >Programa de man do Curso de Semana Santa 2018 <---------------------

 

XXVIII TIRADA DE BOLOS XOVE

XXVIII TIRADA DE BOLOS  .- INCIDENCIAS DA 18ª  TIRADA (CENTRO SOCIAL DE SUMOAS – Sábado, 17 MARZO 2018)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE SUMOAS    (17 DE MARZO DE   2018)

28 INSCRITOS:  16  NA LIGA SENIOR,   4  NA LIGA SUB 16   E     8   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 270 12
SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 267 10
TERCEIRO JOSÉ MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 259 8
CUARTO CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 259 7
QUINTO JORDI MEITÍN SERANTES 255 6
SEXTO ALEX MEITÍN SERANTES 240 5
SÉTIMO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 236 4
OITAVO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 228 3
NOVENO DANIEL ALONSO LÓPEZ 196 2
DÉCIMO LUIS RANCAÑO BOUSO 190 1
MELLOR BOLADA ARTURO  VIGO CASAB ELLA 85 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 116 6
SEGUNDO HUGO PÉREZ MEITÍN 91 4
TERCEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ 65 3
CUARTO CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ 39 2
QUINTO     1
MELLOR BOLADA JULIA LÓPEZ FORMOSO 116 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 173 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 150 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 144 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 111 2
QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ 107 1
MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO 55 1

Tarde fria. 28 participantes nesta última tirada da tempada. Campo húmido dado as choivas previas á competición, pero en aceptables condicións para o xogo.

Liga Senior Masculina.- Estando os dous primeiros postos decididos, quedaba por ver quen se facía co 3º posto; ao final impúxose a veteranía de Rafael González sobre a xuventude de Daniel López. Inda así, se temos que salientar algo desta temporada, ademáis da victoria de Alex Meitín, sería a consagración nesta Liga de dous xoves, Daniel Alonso e José Miguel López, quens nesta súa segunda temporada xa estiveron cos mellores, e o 4º e 6º postos finais dín moito da progresión que amosaron;  recordo  que inda non cumpriron os 18 anos, polo que lles auguramos un gran futuro neste xogo.

LIGA SENIOR:

CAMPIÓN ALEX MEITÍN SERANTES TROFEO E 200 €UROS
SUBCAMPIÓN ARTURO VIGO CASABELLA TROEFO E 150 €UROS
TERCEIRO J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ TROFEO E 100 €UROS

MELLOR BOLADA

DO CAMPIONATO

ALEX MEITÍN SERANTES, cunha bolada de  111 tantos obtida na tirada do Centro Social do Vilachá o 25 de novembro  de 2017 TROFEO E 50 €UROS
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de clasificados ata a posición número 12.

Dentro da Liga Senior Masculina temos un apartado adicado aos xogadores maiores de 60 anos (LIGA DE MAIORES), dado que os tres xogadores maiores da citada idade que conseguiran máis puntos durante a liga regular teñen dereito a tres premios.

Nesta Liga repiteu impúxose claramente José González, por diante de Arturo Rodríguez   e José López respectivamente; estes dous últimos tiñeron que realizar tres tiradas de desempate xa que acabron o campionato empatados apuntos.

LIGA MAIORES DE 60 ANOS

CAMPIÓN JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ TROFEO E 75 €UROS
SUBCAMPIÓN ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ TROEFO E 50 €UROS
TERCEIRO JOSÉ LÓPEZ RIVEIRA TROFEO E 25 €UROS
TROFEO AO XOGADOR DE MAIOR IDADE: JOSÉ LÓPEZ RIBEIRA DE 74 ANOS

Liga Senior Feminina.- Aquí tivemos emoción ata o final xa que quedaba por dilucidar a segunda praza, dado que a primeira tiña Salomé Cardoso dende a pasada semana. Pois ben, ao final impúxose claramente Belén Meitín grazas á súa victoria e mellor bolada, relegando a Carmen Roca á tercdeira posición. As penas de Carmen non remataron aquí xa que tamén perdeu o desempate para mellor bolada do campionato que finalmente foi para campiona Salomé Cardoso, con 85 tantos obtidos na tirada de bolos do Club Palmeiro o pasado 21 de outubro de 2018.

LIGA SENIOR FEMININA

CAMPIÓN BELÉN MEITÍN ROUCO TROFEO E 90 €UROS
SUBCAMPIÓN SALOMÉ BERMÚDEZ BEN TROEFO E 75 €UROS
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL TROFEO E 50 €UROS
MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ con 85 tantos, bolada obtida o 21 de outubro  de 2017 pasado na Bolera do Club Palmeiro TROFEO E 50 €UROS
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de  clasificados ata a posición número 5.

Liga Sub 16.- Nesta categoría, cos dous primeiros postos xa decididos, quedaba por dirimir quen se facía coa terceira posición do podium final. Hugo Pérez non lle deu opción a Christian Cociña, superándoo claramente e consolidando esta terceira posición.

CAMPIÓN JULIA LÓPEZ FORMOSO TROFEO E 90 €UROS
SUBCAMPIÓN JAVIER ALONSO LÓPEZ TROEFO E 75 €UROS
TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN TROFEO E 50 €UROS
MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO.

JULIA LÓPEZ FORMOSO con 74 tantos,

bolada obtida o 20 de xaneiro de 2018 na Bolera do Club Palmeiro

TROFEO E 50 €UROS
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto dos  clasificados ata a posición número 5.

Rematada a competición, o alcalde Demetrio Salgueiro, fixo entrega dos trofeos e premios aos vencedores. Decir que o alcalde recordou, moi oportunamente, que a vindeira vai se a XXX  tempada, polo que haberá que facer algo especial.

----->así son os bolos de Xove .-manual de uso e entretemento <----(pdf)

 

 

Intercontinental de Bolos con Cristian Rodríguez.

O Club de Bolos Xove  participa no Intercontinental de Bolos  con Cristian Rodríguez.

O vindeiro mércores 21 de marzo, Cristian Rodríguez, xogador do Club de Bolos Xove, vaise desprazar a Hispanoamérica para disputar o CAMPEONATO INTERCONTINENTAL DE BOLO CELTA. Concretamente, este campeonato vaise disputar en Montevideo e Bos Aires dende o 23 de marzo ata o 1 de abril. O campeonato vaise disputar nas modalidades individual, parellas e equipos. As parellas e equipos, pola parte española, vanse formar cos 8 xogadores que dende aquí van partir para competir cos mellores xogadores da parte hispanoamericana.  

A participación de Cristian neste campionato é por méritos propios, xa que quedou 4º no Campionato Galego de 2017 e tamén 4º no Campeonato de España Individual.  Cristian xa  sabe o que é gañar o  Campeonato Intercontinental, dado  que  hai   dous  anos  este celebrouse en  Galicia (nos  Concellos de  Nigrán,  Baiona e Gonzdomar) e Cristian foi campión na categoría individual.

Entrega de premios do Concurso de Caretas de Entroido

Esta entrega, que se desenvolveu no Coleixo Pedro Caselles Rollán, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha en xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados/as nesta edición, foron:

  • 1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):  1º Premio: Nicolás Purriños García.  2º Premio: Luca Purriños García.  3º Premio: Andrés Alcalde Fernández.
  • 2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria: 1º Premio: Alejandro Flores Escobar. 2º Premio: Paula Sánchez Pernas. 3º Premio: Elsa García López.
  • 3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria: 1º Premio: Uxía Gradaille Durán. 2º Premio: Carla Casabella Puñal. 3º Premio: Lucía Maseda Franco.
  • 4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:  1º Premio: Carla Mariño Otero.  2º Premio: Miriam Mejuto García. 3º Premio: Daniel Bertolo Casabella.
  • 5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO: 1º Premio: (REX. Nº 24) Iker Costa González.

Os restantes premios quedaron desertos. Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.

Aprobación do Presuposto 2018

 Na sesión plenaria de hoxe venres, o Concello de Xove, cos 7 votos a favor do equipo de goberno do PP e a abstención dos 3 concelleiros do BNG presentes, ven de aprobar provisionalmente o orzamento do Concello para o ano 2018.

O Estado de ingresos para o 2018 ascende a 9.116.000 € e o de gastos a 7.330.200 €. O motivo de non darse unha nivelación entre ingresos e gastos é derivado da obriga legal de dar cumprimento á regla de gasto na liquidación do exercicio, polo que o orzamento se aprobará cun superativ inicial de 1.785.800 €. O orzamento cumple deste xeito os requisitos legais de equilibrio, estabilidade e regla de gasto.

En todo caso, ese superavit inicial poderá ser usado ó longo do ano a través de modificacións de crédito en investimentos financeiramente sostibles ou en outros investimentos si tal como está a debate no Congreso se aproba unha flexibilización da regla de gasto para Concellos que non teñen débedas, como é o caso de Xove. Dispoñer dun orzamento importante posibilitará ó Concello seguir a mellorar as nosas infraestructuras, así como todos os servizos que presta.

Xove é un Concello con unha cantidade de servizos á poboación moi importante, que son os que supoñen un maior gasto, tanto en material, dotacións e personal.

Así, os gastos de personal ascenden a 2.724.000 €, que supón o 37% do total. Os gastos en bens correntes elévanse a 2.911.000 € (preto do 40%).

icono FACTURA elecronicaUnha parte importante supoñen tamén as axudas e subvencións a asociacións, clubes deportivos, etc. para o que se destinan 398.800 €, e donde se inclúe tamén a partida para o Plan de Emprego Municipal, con 100.000 € de dotación. É tamén importante o Capítulo 6 de Investimentos, para o que se destina un total de 1.294.400 € (18% do gasto total), que posibilitará a realización de moitas pequenas e algunha grande obra de mellora de infraestructuras por todo o territorio municipal, así como algunha adquisición para mellorar a prestación de servizos.

A posibilidade de incrementar esta cantidade de investimentos co superavit inicial a través de modificacións de crédito, como se comentou, podería facer chegar os investimentos a 3.000.000 € de fondos propios no ano 2018.

No referente ós ingresos, os principais distribúense así: O capítulo 1, de impostos directos (IBI,IVTM,IAE), estímanse 3.828.000 €, o 42% do total. O capítulo 3, de taxas, 3.861.948 (42,37% do total) e o capítulo 4, de transferencias Correntes, na que se recollen axudas doutras administracións (Estado e Comunidade Autónoma), estímase 1.337.454 € (14,67% do total).-

XXIX TIRADA DE BOLOS

(CAMPO MUNICIPAL FÚTBOL DE XOVE - Sábado, 3 de febreiro 2018)

Tarde fría e húmida. Campo en malas condicións, moi embarrado, que dificultou as tiradas en tódalas categorías.

  •         Liga Senior Masculina.- Neste “toma e daca” dos de cabeza, esta semana foi favorable ao líder Alex Meitín, quen coa súa victoria, ve ampliada a vantaxe sobre Arturo Vigo a 17 puntos (119 por 102). A falla de 5 tiradas, parece definitivo que eles dous vanse disputar o trunfo final e os dous primeiros postos de cabeza.Para terceira posición, o xove Daniel Alonso consigue ampliar a súa vantaxe sobre Rafael González a 6 puntos (80 por 74), a todas luces insuficientes dado o tramo restante de Liga; iso sí, van ser eles dous, cáseque con total seguiridade, os que pelexen polo terceiro posto final, xa que o quinto clasificado, posto que comparten ex a quo César Cancelos e Francisco Pérez con 52 puntos, atópanse moi lonxe (28 puntos) dos 80 puntos de Daniel Alonso.
  •         Liga Senior Feminina.-.Nesta categoría a líder Salomé Cardoso, semana a semana, vai consolidando o seu liderato e xa dispón dunha cómoda renda de 10 puntos sobre Carmen Meitín e de 17 sobre a actual campiona Belén Meitín. A falla de 5 tiradas, cremos que Carmen inda ten opcións de asaltar o liderato. Inda que matemáticamente non está descartada, a actual campiona Belén Meitín xa ten moi lonxe o liderato; no seu caso deberá preocuparse máis polo que ten detrais, xa que a súa inmediata perseguidora Salomé Bermúdez está a só 7 puntos, polo cal non deberá descuirdarse se non quere perder a súa actual privilexiada posición.
  •         Liga Sub 16.-. Julia López e Javier Alonso estanse alternando nas victorias, razón pola cal Julia sigue mantendo unha cómoda vantaxe de 17 puntos que cremos suficiente para renovar o seu título. Pola súa banda, Javier Alonso ten máis que asegurado o segundo posto final. De aquí ao final, a loita vai estar entre Hugo Pérez (32 puntos) e o jovencísimo Christian Cociña (28 puntos) para ver que se queda coa terceira praza final.

DEBIDO AO ENTROIDO, ESTE SÁBADO 10 DE FEBREIRO NON TEMOS TIRADA, POLO QUE A  PRÓXIMA TIRADA VAI A SER: SÁBADO, 17 DE FEBREIRO NO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO A PARTIRES DAS 15:30 H.

Leer más:XXIX TIRADA DE BOLOS

Programa de actividades do Concello para o Entroido 2018

  • Venres, 9 de febreiro.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas. Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 10 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:
    •         16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA A CHOCA” de Ribadeo.
    •         17:00 horas.- desfile de entroido polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
    •         18:30 a 20:30 horas.- baile infantil de disfraces coa discoteca móbil decibelios no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
    •         22:30 horas en diante.- baile de disfraces coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a discoteca móbil Decibelios no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas, faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

   A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

   Dentro do que son os premios do Desfile, temos dúas importanes novidades:

        No que atinxe ás categorías, temos unha máis, xa que a categoría de grupos de 3 a 9 persoas, que antes era unha sóa categoría, este ano desdóblase en dúas:

  •         Grupo de 3 a 9 persoas Categoría Infantil (polo menos a metade máis un dos componentes deben ser menores de 14 anos).
  •         Grupo de 3 a 9 persoas Categoría Adultos (polo menos a metade máis un dos componentes deben ser maiores de 14 anos).

A segunda novidade importante atinxe á contía dos premios. O pasado ano entregáronse no Entroido de Xove un total de 2.760 €uros en premios. Pois ben, este ano a contía dos mesmos sube cáseque un 39%, xa que van a ser 3.830 € os premios que se van a repartir no noso Entroido; estas cantidades son líquidas a percibir polos premiados, sen descontos de ningún tipo.

Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2018" EN XOVE

   O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

        No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

        O mesmo día do desfile (10 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE

Leer más:Programa de actividades do Concello para o Entroido 2018

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo