Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Intercontinental de Bolos con Cristian Rodríguez.
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 14 Marzo 2018 11:07
-
Última actualización en Miércoles, 14 Marzo 2018 14:39
-
Publicado el Miércoles, 14 Marzo 2018 11:07
O Club de Bolos Xove participa no Intercontinental de Bolos con Cristian Rodríguez.
O vindeiro mércores 21 de marzo, Cristian Rodríguez, xogador do Club de Bolos Xove, vaise desprazar a Hispanoamérica para disputar o CAMPEONATO INTERCONTINENTAL DE BOLO CELTA. Concretamente, este campeonato vaise disputar en Montevideo e Bos Aires dende o 23 de marzo ata o 1 de abril. O campeonato vaise disputar nas modalidades individual, parellas e equipos. As parellas e equipos, pola parte española, vanse formar cos 8 xogadores que dende aquí van partir para competir cos mellores xogadores da parte hispanoamericana.
A participación de Cristian neste campionato é por méritos propios, xa que quedou 4º no Campionato Galego de 2017 e tamén 4º no Campeonato de España Individual. Cristian xa sabe o que é gañar o Campeonato Intercontinental, dado que hai dous anos este celebrouse en Galicia (nos Concellos de Nigrán, Baiona e Gonzdomar) e Cristian foi campión na categoría individual.
Entrega de premios do Concurso de Caretas de Entroido
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 22 Febreiro 2018 13:18
-
Última actualización en Jueves, 22 Febreiro 2018 13:29
-
Publicado el Jueves, 22 Febreiro 2018 13:18
Esta entrega, que se desenvolveu no Coleixo Pedro Caselles Rollán, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha en xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os premiados/as nesta edición, foron:
- 1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos): 1º Premio: Nicolás Purriños García. 2º Premio: Luca Purriños García. 3º Premio: Andrés Alcalde Fernández.
- 2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria: 1º Premio: Alejandro Flores Escobar. 2º Premio: Paula Sánchez Pernas. 3º Premio: Elsa García López.
- 3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria: 1º Premio: Uxía Gradaille Durán. 2º Premio: Carla Casabella Puñal. 3º Premio: Lucía Maseda Franco.
- 4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria: 1º Premio: Carla Mariño Otero. 2º Premio: Miriam Mejuto García. 3º Premio: Daniel Bertolo Casabella.
- 5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO: 1º Premio: (REX. Nº 24) Iker Costa González.
Os restantes premios quedaron desertos. Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.

Aprobación do Presuposto 2018
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 16 Febreiro 2018 17:19
-
Última actualización en Viernes, 16 Febreiro 2018 22:37
-
Publicado el Viernes, 16 Febreiro 2018 17:19
Na sesión plenaria de hoxe venres, o Concello de Xove, cos 7 votos a favor do equipo de goberno do PP e a abstención dos 3 concelleiros do BNG presentes, ven de aprobar provisionalmente o orzamento do Concello para o ano 2018.
O Estado de ingresos para o 2018 ascende a 9.116.000 € e o de gastos a 7.330.200 €. O motivo de non darse unha nivelación entre ingresos e gastos é derivado da obriga legal de dar cumprimento á regla de gasto na liquidación do exercicio, polo que o orzamento se aprobará cun superativ inicial de 1.785.800 €. O orzamento cumple deste xeito os requisitos legais de equilibrio, estabilidade e regla de gasto.
En todo caso, ese superavit inicial poderá ser usado ó longo do ano a través de modificacións de crédito en investimentos financeiramente sostibles ou en outros investimentos si tal como está a debate no Congreso se aproba unha flexibilización da regla de gasto para Concellos que non teñen débedas, como é o caso de Xove. Dispoñer dun orzamento importante posibilitará ó Concello seguir a mellorar as nosas infraestructuras, así como todos os servizos que presta.
Xove é un Concello con unha cantidade de servizos á poboación moi importante, que son os que supoñen un maior gasto, tanto en material, dotacións e personal.
Así, os gastos de personal ascenden a 2.724.000 €, que supón o 37% do total. Os gastos en bens correntes elévanse a 2.911.000 € (preto do 40%).
Unha parte importante supoñen tamén as axudas e subvencións a asociacións, clubes deportivos, etc. para o que se destinan 398.800 €, e donde se inclúe tamén a partida para o Plan de Emprego Municipal, con 100.000 € de dotación. É tamén importante o Capítulo 6 de Investimentos, para o que se destina un total de 1.294.400 € (18% do gasto total), que posibilitará a realización de moitas pequenas e algunha grande obra de mellora de infraestructuras por todo o territorio municipal, así como algunha adquisición para mellorar a prestación de servizos.
A posibilidade de incrementar esta cantidade de investimentos co superavit inicial a través de modificacións de crédito, como se comentou, podería facer chegar os investimentos a 3.000.000 € de fondos propios no ano 2018.
No referente ós ingresos, os principais distribúense así: O capítulo 1, de impostos directos (IBI,IVTM,IAE), estímanse 3.828.000 €, o 42% do total. O capítulo 3, de taxas, 3.861.948 (42,37% do total) e o capítulo 4, de transferencias Correntes, na que se recollen axudas doutras administracións (Estado e Comunidade Autónoma), estímase 1.337.454 € (14,67% do total).-
XXIX TIRADA DE BOLOS
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 08 Febreiro 2018 11:00
-
Última actualización en Jueves, 08 Febreiro 2018 11:10
-
Publicado el Jueves, 08 Febreiro 2018 11:00
(CAMPO MUNICIPAL FÚTBOL DE XOVE - Sábado, 3 de febreiro 2018)
Tarde fría e húmida. Campo en malas condicións, moi embarrado, que dificultou as tiradas en tódalas categorías.
- Liga Senior Masculina.- Neste “toma e daca” dos de cabeza, esta semana foi favorable ao líder Alex Meitín, quen coa súa victoria, ve ampliada a vantaxe sobre Arturo Vigo a 17 puntos (119 por 102). A falla de 5 tiradas, parece definitivo que eles dous vanse disputar o trunfo final e os dous primeiros postos de cabeza.Para terceira posición, o xove Daniel Alonso consigue ampliar a súa vantaxe sobre Rafael González a 6 puntos (80 por 74), a todas luces insuficientes dado o tramo restante de Liga; iso sí, van ser eles dous, cáseque con total seguiridade, os que pelexen polo terceiro posto final, xa que o quinto clasificado, posto que comparten ex a quo César Cancelos e Francisco Pérez con 52 puntos, atópanse moi lonxe (28 puntos) dos 80 puntos de Daniel Alonso.
- Liga Senior Feminina.-.Nesta categoría a líder Salomé Cardoso, semana a semana, vai consolidando o seu liderato e xa dispón dunha cómoda renda de 10 puntos sobre Carmen Meitín e de 17 sobre a actual campiona Belén Meitín. A falla de 5 tiradas, cremos que Carmen inda ten opcións de asaltar o liderato. Inda que matemáticamente non está descartada, a actual campiona Belén Meitín xa ten moi lonxe o liderato; no seu caso deberá preocuparse máis polo que ten detrais, xa que a súa inmediata perseguidora Salomé Bermúdez está a só 7 puntos, polo cal non deberá descuirdarse se non quere perder a súa actual privilexiada posición.
- Liga Sub 16.-. Julia López e Javier Alonso estanse alternando nas victorias, razón pola cal Julia sigue mantendo unha cómoda vantaxe de 17 puntos que cremos suficiente para renovar o seu título. Pola súa banda, Javier Alonso ten máis que asegurado o segundo posto final. De aquí ao final, a loita vai estar entre Hugo Pérez (32 puntos) e o jovencísimo Christian Cociña (28 puntos) para ver que se queda coa terceira praza final.
DEBIDO AO ENTROIDO, ESTE SÁBADO 10 DE FEBREIRO NON TEMOS TIRADA, POLO QUE A PRÓXIMA TIRADA VAI A SER: SÁBADO, 17 DE FEBREIRO NO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO A PARTIRES DAS 15:30 H.
Leer más:XXIX TIRADA DE BOLOS
Programa de actividades do Concello para o Entroido 2018
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 26 Xaneiro 2018 14:27
-
Última actualización en Viernes, 16 Febreiro 2018 14:35
-
Publicado el Viernes, 26 Xaneiro 2018 14:27
- Venres, 9 de febreiro.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas. Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 10 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:
- 16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA A CHOCA” de Ribadeo.
- 17:00 horas.- desfile de entroido polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
- 18:30 a 20:30 horas.- baile infantil de disfraces coa discoteca móbil decibelios no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
- 22:30 horas en diante.- baile de disfraces coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a discoteca móbil Decibelios no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas, faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
Dentro do que son os premios do Desfile, temos dúas importanes novidades:
No que atinxe ás categorías, temos unha máis, xa que a categoría de grupos de 3 a 9 persoas, que antes era unha sóa categoría, este ano desdóblase en dúas:
- Grupo de 3 a 9 persoas Categoría Infantil (polo menos a metade máis un dos componentes deben ser menores de 14 anos).
- Grupo de 3 a 9 persoas Categoría Adultos (polo menos a metade máis un dos componentes deben ser maiores de 14 anos).
A segunda novidade importante atinxe á contía dos premios. O pasado ano entregáronse no Entroido de Xove un total de 2.760 €uros en premios. Pois ben, este ano a contía dos mesmos sube cáseque un 39%, xa que van a ser 3.830 € os premios que se van a repartir no noso Entroido; estas cantidades son líquidas a percibir polos premiados, sen descontos de ningún tipo.
Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2018" EN XOVE
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
O mesmo día do desfile (10 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
Leer más:Programa de actividades do Concello para o Entroido 2018
Campaña LUGO RECOPILA
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 24 Xaneiro 2018 17:38
-
Última actualización en Viernes, 26 Xaneiro 2018 21:34
-
Publicado el Miércoles, 24 Xaneiro 2018 17:38
Hoxe pola mañá desnvolveuse en Xove a campaña LUGO RECOPILA. Trátase dunha campaña de concienciación e recollida de residuos de PILAS, BATERÍAS E ACUMULADORES. Dentro desta campaña, procedeuse a unha recollida de Pilas, baterías,.. polos distintos comercios de Xove, e tamén no Centro Cívico, aproveitando que hoxe é día de mercado...
Os resultados desta campaña foron moi bos xa que se recolleron uns 300 kilogramos de residuos deste tipo. Paralelamente realizouse unha campaña informativa, de concienciación, coa instalación dunha carpa na Praza do Centro Cívico onde se deu información sobre a importancia da recollida das pilas, e a tódalas persoas que pasaron polo stand fíxoselles entrega dun recolledor de pilas de cartón para ser empregado nas súas casas.
Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Sábado, 13 Xaneiro 2018 12:43
-
Última actualización en Sábado, 13 Xaneiro 2018 12:53
-
Publicado el Sábado, 13 Xaneiro 2018 12:43
Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os/as premiados/as no Concurso, foron:
Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
Cabalgata de Reis 2017
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 04 Xaneiro 2018 14:11
-
Última actualización en Jueves, 04 Xaneiro 2018 14:23
-
Publicado el Jueves, 04 Xaneiro 2018 14:11
O nóso Concello continúa coas actividades programadas cara recta final deste Nadal.
HOXE, XOVES, 4 DE XANEIRO.- Día dos Nenos.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Estase desenvolvendo hoxe na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con arranxo ao seguinte programa: Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h. e Inchables no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.

MAÑÁ, VENRES, 5 DE XANEIRO.- Cabalgata de Reis.- A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.
Con respecto á celebración da Cabalgata, dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade), onde está o Bar A Esquina de Memphis, coñecido antes como A Esquina. Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade. Temos que decir que a estrada xeral non se vai a cortar, xa que só se vai utilizar un carril da mesma (o carril dereito en dirección Viveiro), quedando o outro para o tráfico, o cal estará regulado por personal do Servizo Municipal de Vixiancia.
PLAN B por se se suspende a Cabalgata.- Pode suceder que por cuestións metereolóxicas non poida realizarse a Cabalga. Pois ben, se se suspendese a Cabalgata iríamos todos para o Pavillón de Deportes, lugar onde os Reis estarían con tódolos nenos/as, e despois disfrutaríamos da Festa Infantil coa Discoteca Decibelios.
Resultados do Concurso Karaoke 2017
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 28 Decembro 2017 13:27
-
Última actualización en Domingo, 31 Decembro 2017 15:31
-
Publicado el Jueves, 28 Decembro 2017 13:27
Celebrouse este pasado venres 22 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, sendo todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, como de público. O Xurado desta VII edición estivo formado por Dº Xacobe Pedre Otero, profesor da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Francisco Javier Pena Louzao pola Asociación Saiñas de Xove e Dº Eduardo Rodríguez Basanta membro do grupo musical Escolma de Meus.
A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
Leer más:Resultados do Concurso Karaoke 2017
Programación Nadal do Concello de Xove 2017
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 26 Decembro 2017 14:23
-
Última actualización en Martes, 26 Decembro 2017 14:26
-
Publicado el Martes, 26 Decembro 2017 14:23
CONCERTO DE ESCOLMA DE MEUS
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá mércores, 27 de decembro, un Concerto de ESCOLMA DE MEUS, a partires das 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Civico. Este grupo músico-vocal, de cáseque unha ducia de componentes de toda a Mariña, vannos interpretar clásicos como La Bella Lola, Cantinero de Cuba, etc., e tamén música popular galega como Adiós Ríos Adiós Fontes ou Catro Vellos Mariñeiros,…
Presentación do Calendario do Concello 2018
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 22 Decembro 2017 11:13
-
Última actualización en Viernes, 22 Decembro 2017 12:02
-
Publicado el Viernes, 22 Decembro 2017 11:13
O Concello editou un novo calendario este ano no que se recollen lugares significativos de Xove. A base do calendario son fotografías que recorren todo o término municipal: costa, interior, monte…Para elaboración do calendario contouse cunha serie de fotografías realizadas por fotógrafos de Xove e de fóra de Xove.
Por iso, dende o Concello, queremos darlles as grazas a todos eles por todas estas aportacións. Pois ben, a presentación deste calendario realizouse coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de cultura Dolores Meitín e a encargada da elaboración do calendario Lucía Sánchez.

Como ven sendo tradicional, o Concello realiza unha distribución do mesmo polas casas de tódolos veciños.
Inauguración do Nadal 2017-2018 en Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 20 Decembro 2017 14:56
-
Última actualización en Viernes, 22 Decembro 2017 13:50
-
Publicado el Miércoles, 20 Decembro 2017 14:56
Como acto previo ao Nadal en sí, o Concello comezou as súas actividades coa celebración dun Obradoiro de Colocación de Belén, actividade desenvolvida o pasado 14 de decembro, de 17:00 a 20:00 h. na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na cal participaron rapaces/as de 10 a 18 anos. Esta actividade foi organizada pola OMIX de Xove.
Pero bueno, a Inauguración do Nadal, digamos que oficial, vaise desenvolver mañá, xoves 21 de decembro. Esta inauguración estaba prevista realizala no Salón de Actos, polo temor ao mal tempo e ás choivas. Pero dado que a previsión do tempo para mañá é boa, as actividades desta inauguración vanse finalmente desenvolver na Praza do Centro Cívico, a partires das 19:00 horas.Esta inauguración vai estar centrada en Papá Noel, ao cal recibirán tódolos nen@s na Praza do Centro Cívico, onde, ademáis, poderán conversar e sacarse fotos con él.Lóxicamente, o Concello está a traballar para acoller a Papá Noel como se merece, nun marco e cun decorado axeitado.
VII Concurso de Karaoke
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 01 Decembro 2017 09:07
-
Última actualización en Jueves, 28 Decembro 2017 18:00
-
Publicado el Viernes, 01 Decembro 2017 09:07
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar mañá, venres 22 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da SÉTIMA EDICIÓN do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, pola mañá en horario de oficina no Departamento Municipal de Cultura, e pola tarde en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e reluzca coas suas mellores galas.Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí, a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.
Dende o Concello aproveitamos para invitar a todo o mundo, veciño e visitantes, deste magnífico espectáculo músico-vocal. A entrada ao mesmo e TOTALMENTE LIBRE E GRATUITA.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialmente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 22 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén este mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 15 de decembro ás 14:30 horas.
En canto aos premios do Concurso, temos:
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
MODELO DE SOLICITUDE, E CONVOCATORIA NA SEDE ELECTRÓNICA
Listado De Cancións Concurso Karaoke Xove 2017
NOTA: TÓDOLOS VIDEOS DENDE 2012 ATA 2016 NA SECCIÓN CORRESPONDIENTE-->
I Marathón de Tute "Onde Sempre Xove FS"
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 30 Novembro 2017 10:57
-
Última actualización en Jueves, 30 Novembro 2017 14:55
-
Publicado el Jueves, 30 Novembro 2017 10:57
A S.D. Xove F.S. xunto coa Cervecería-Pizzería Onde Sempre de Xove están a organizar a I MARATÓN DE TUTE “ONDE SEMPRE XOVE FS”, cita que se vai a desenvolver o vindeiro VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2017, A PARTIRES DAS 11:00 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE XOVE..
A inscrición vai a costar 80 € por parella; a mesma xa está aberta e pódese facer no seguinte contacto: CARLOS (CARRETE): 605 791 777
O LÍMITE PARA INSCRIBIRSE é o mércores 6 de decembro (INCLUÍDO). A inscrición inclúe a comida para tódolos/as participantes, que se vai realizar ás 14:30 horas no propio Pavillón.
A Maratón vai repartir os seguintes premios:

A previsión é que haxa 128 parellas; no caso de que a organización non consiga esas 128 parellas, o premio verase reducido proporcionalmente.
Ademáis dos importantes premios previstos para Maratón, a organización vai a realizar SORTEOS ESPECIAIS durante o evento entre tódolos/as participantes.
Pretendemos facer deste un gran evento. Pensamos que os grandes aficionados ao tute que hai na Mariña e outras comarcas do entorno teñen unha boa ocasión para disfrutar da súa afición. Por isto, queremos aproveitar para invitar a tódolos/as aficionados/as ao tute a participar neste evento. Tamén queremos darlle as grazas ao Concello de Xove pola súa colaboración así como as empresas Establecimientos Rey e Centro Óptico de Xove.

Concurso de Postais para o Nadal 2017
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 16 Novembro 2017 11:23
-
Última actualización en Jueves, 16 Novembro 2017 14:01
-
Publicado el Jueves, 16 Novembro 2017 11:23

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano escolleuse unha postal de Carla Casabella, premiada na pasada edición na categoría de 1º e 2º de Primaria, como felicitación de Nadal do Concello a tódolos nosos veciños.
------------Convocatoria e Bases ------------------
Os traballos (postais) hai que presentalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, sendo a data límite para presentar as postais o venres 15 de decembro, incluído. Cada concursante poderá presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se quere potenciar e a participación e creatividade dos nosos rapaces. Os traballos participantes serán expostos na Biblioteca Municipal segundo se vaian presentando. Dende o Concello animamos a tódolos nenos/as e rapaces/as a que participen nesta actividade.
OS BOLECHAS EN XOVE
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 03 Novembro 2017 13:17
-
Última actualización en Domingo, 05 Novembro 2017 22:40
-
Publicado el Viernes, 03 Novembro 2017 13:17
Hoxe, ás 19:00 horas (7 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos en Xove á familia animada máis famosa de Galicia OS BOLECHaS co espectáculo “DE CHISPA A TATÁ, IMOS DE MORAÑA A ZAS”, nunha actuación dirixida a tódolos públicos, en especial a tódolos nenos/as. Decir que o público respondeulle fenomenalmente a esta famila dos Bolechas, enchendo o Salón de Actos do Centro Cívico, agotando o aforo de 250 persoas máis unhas 50 de pé. Todo un éxito dentro do Programa Falaredes.

O ESPECTÁCULO: Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.
Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES.
Por último, dende o Concello queremos invitar a tódolos nenos/as de Xove ou da Comarca a que veñan a este magnífico espectáculo, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|