Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

I Marathón de Tute "Onde Sempre Xove FS"

A S.D. Xove F.S. xunto coa Cervecería-Pizzería Onde Sempre de Xove están a organizar a I MARATÓN DE TUTE “ONDE SEMPRE XOVE FS”, cita que se vai a desenvolver o vindeiro VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2017, A PARTIRES DAS 11:00 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE XOVE..

A inscrición vai a costar 80 € por parella; a mesma xa está aberta e pódese facer no seguinte contacto:    CARLOS (CARRETE): 605 791 777

O LÍMITE PARA INSCRIBIRSE é o mércores 6 de decembro (INCLUÍDO). A inscrición inclúe a comida para tódolos/as participantes, que se vai realizar ás 14:30 horas no propio Pavillón.

   A Maratón vai repartir os seguintes premios:

   A previsión é que haxa 128 parellas; no caso de que a organización non consiga esas 128 parellas, o premio verase reducido proporcionalmente.

   Ademáis dos importantes premios previstos para Maratón, a organización vai a realizar SORTEOS ESPECIAIS durante o evento entre tódolos/as participantes.

   Pretendemos facer deste un gran evento. Pensamos que os grandes aficionados ao tute que hai na Mariña e outras comarcas do entorno teñen unha boa ocasión para disfrutar da súa afición. Por isto, queremos aproveitar para invitar a tódolos/as aficionados/as ao tute a participar neste evento. Tamén queremos darlle as grazas ao Concello de Xove pola súa colaboración así como as empresas Establecimientos Rey e Centro Óptico de Xove.

Concurso de Postais para o Nadal 2017

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.  Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano escolleuse  unha postal de Carla Casabella, premiada na  pasada edición na categoría de 1º e 2º de Primaria, como felicitación de Nadal  do Concello  a tódolos nosos veciños. 

------------Convocatoria e Bases ------------------

Os traballos (postais)  hai que presentalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, sendo a  data límite para presentar as postais  o venres 15 de decembro, incluído. Cada concursante poderá presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se quere potenciar e a participación e creatividade dos nosos rapaces.    Os traballos participantes serán expostos na Biblioteca Municipal segundo se vaian presentando. Dende o Concello animamos a tódolos nenos/as e rapaces/as a que participen nesta actividade. 

OS BOLECHAS EN XOVE

Hoxe, ás 19:00 horas (7 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos en Xove á familia animada máis famosa de Galicia OS BOLECHaS co espectáculo “DE CHISPA A TATÁ, IMOS DE MORAÑA A ZAS”, nunha  actuación  dirixida a tódolos públicos, en especial a tódolos  nenos/as. Decir que o público respondeulle fenomenalmente a esta famila dos Bolechas, enchendo o Salón de Actos do Centro Cívico, agotando o aforo de 250 persoas máis unhas 50 de pé. Todo un éxito dentro do Programa Falaredes.

 O ESPECTÁCULO: Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES.

Por último, dende o Concello queremos invitar a tódolos nenos/as de Xove ou da Comarca a que veñan a este magnífico espectáculo, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares.

 

Premios Fotografía Medioambiental 2017

Entregados os premios do   IV Concurso de Fotografía Medioambiental de Xove

A entrega realizouse hoxe pola mañá e na mesma participaron, xunto cos premiados/as, o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o membro do xurado, o pintor xovense Xan Guerreiro.Recordamos que os premiados, nas dúas categorías deste Concurso MEDOAMBIENTAL, foron:

Categoría xuvenil (menores de 18 anos):

  • Primeiro premio de 100 €uros: Dª Marcos Castelo Vázquez coa obra “ ESTEIRO DENDE O CHIRINGUITO”. Concursante nº 3 –

Categoría adultos (18 anos ou máis):

  • Primeiro premio de 100 €uros: Dº Antonio Herrera Huerta  coa obra “MIRADOIRO DE PONIENTE”. Concursante nº 4.
  • Segundo premio de 75 €uros: Dº Juan Antonio Fernández Vázquez coa obra “SÍGUEME” . Concursante nº 6 .
  • Terceiro premio de 50 €: Dº Javier Gómez Esqueira coa obra “ATARDECER EN PORTOCELO”. Concursante nº 8 – Rexistro nº: 24882488.

Tirada de Bolos -Centro Social de Monte-

INCIDENCIAS DA 3ª  TIRADA .- (C. SOCIAL DE MONTE - Sábado, 28 de outubro 2017)

 28  INSCRITOS: 17 NA LIGA SENIOR,  4 NA LIGA SUB 16   E   7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                  NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ 319 12
SEGUNDO LUIS RANCAÑO BOUSO 305 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 290 8
CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES 283 7
QUINTO JOSÉ MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 260 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 258 5
SÉTIMO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 253 4
OITAVO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 252 3
NOVENO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 243 2
DÉCIMO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 238 1
MELLOR BOLADA LUIS RANCAÑO BOUSO 94 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ 117 6
SEGUNDO JAVIER ALONSO LÓPEZ 35 4
TERCEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO 34 3
CUARTO HUGO PÉREZ MEITÍN 30 2
QUINTO     1
MELLOR BOLADA JAVIER ALONSO LÓPEZ 35 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 236 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 172 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 167 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 140 2
QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ 120 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 68 1

 Tarde agradable e  campo en bó estado.

Liga Senior Masculina.- Mala tirada a realizada por J. Rafael González, quen, cun só punto obtido perde o liderato a favor de Álex Meitín. Terceiro xa está o vixente campión Arturo Vigo, seguido de Francisco Pérez e Luis Rancaño. Destacar aquí a excelente tirada realizada por Daniel Alonso, quen, grazas á súa victoria, pasa a ocupar a sexta posición, seguido por outra das grandes promesas deste campionato como é José Miguel López, sétimo na xeral.

Esta categoría, tal como prevemos ao principio, está e con toda probabilidade vai a estar moi reñida; diante de figuras consagradas como Rafa, Arturo ou Alex, temos a xogadores como Daniel e José Miguel que veñen puxando moi forte, e que seguramente non tarderemos moito en velos trunfar nalgunha ddas próximas edicións deste campioanto.

Liga Senior Feminina.- Excelente a temporada que está a realizar ata o momento Salomé Cardoso, xa que con dous primeiros e un segundo postos encabeza holgadamente a clasificación con 17 puntos; Salomé seguramente querrá repetir a súa victoria da temporada 2015/2016.

Tendo en conta o historial,  temos dúas xogadoras que gañaron a Liga Senior Feminina 3 veces: Carmen Corral ( 09/10 – 11/12 – 12/13) e Belén Meitín (13/14 – 14/15 – 16/17); tamén elas seguramente van tratar esta temporada de desfacer o empate, e son tamén claramente dúas candidatas ao trunfo final. Polo momento as diferenzas non son moi grandes, e esperamos que sigan así, polo ben e a emoción do campionato ata o final.

Liga Sub 16.- Excelente victoria de Christian Cociña, o xogador máis xove que participa no campionato. Polo resto, mal tirada realizada polo resto de xogadores, comezando pola líder Julia Formoso e o segundo clasifica na xeral Javier Alonso, quens non foron capaces de conseguir máis que 35 e 34 tantos nas súas respectivas tiradas.

A participación nas Ligas Senior Masculina e Feminina está sendo francamente boa; o que si estamos notando é unha baixa participación nesta Liga Sub 16; esperemos que as xornadas adicadas aos bolos no Colexio Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón cometen a dar os seus froitos e máis nenos e nenas se acheguen a participar neste deporte.

Debido a coincidencia con partidos de fútbol da U.D. Xove-Lago, tivemos que variar o calendario, quedando así as dúas próximas tiradas:

   -CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO, O SÁBADO 4 DE NOVEMBRO  DE 2017.

   -CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, O SÁBADO 11 DE NOVEMBRO  DE 2017.

 

Inscripción nos cursos de natación 2018

 O próximo Xoves día 2 de Novembro, abrese o prazo de inscrición para os Cursos de Natación da Escola de Natación de Xove. En total ofertanse 750 prazas para cursiños de natación dos seguintes niveis:
                  
* Cursos para Peques 2-3 anos (solo meses de verán) polas mañas.
* Cursos de Iniciación de nenos-as (Niveis Blanco e Amarelo) cursos bimensuais a partir das 5 da tarde de luns a venres. Varios turnos
* Cursos de Perfeccionamento nenos-as (Niveis Verde, Azul e Vermello) cursos bimensuais a partir das 5 da tarde de luns a venres. Varios turnos.
* Cursos de Iniciacion, Perfeccionamento e Mantemento de Adultos (+16 anos), cursos bimensuais a partir das 8:30h. da tarde de luns a venres.
Os dias, 2-3 de Novembro, habilitarase unha oficina de inscrición no Centro de Día da Terceira Idade do Concello de Xove (parte baixa do Xeriátrico), abrindo as inscricions as 10:00h. da mañan. A partir de esas datas  as inscricions formalizaranse na oficina da Escola na Piscina Municipal.
                   Mais información en Piscina Municipal de Xove  982592001 ext. 225  .- ESCOLA MUNICIPAL DE NATACION DE XOVE.

 

 

Crónica da XXIX Tirada de Bolos

  • Liga Senior Masculina.- Repiteuse a cabeza da pasada tirada de Lago, e así Rafa e Alex sumaron uns valiosos puntos que lles permiten encabezar con autoridade, con 25 e 20 puntos respectivamente. A festa sumouse Arturo Vigo, completando unha tríada que, salvo sorpresas, vai ser a candidada principal á victoria final. En definitiva, os principais favoritos arrancan con autoridade e marcando diferenzas. A ver se na vindeira tirada de Monte siguen con este bó nivel. Destacar tamén a mellor bolada a cargo de Arturo Vigo con 101 puntos, bolada que seguramente vai estar presente para o premio á mellor bolada final do campeonato. Non é nada fácil pasar dos 100 puntos nunha soa bolada.
  • Liga Senior Feminina.- Tamén nesta categoría a líder repite victoria, polo cal Salomé Cardoso encabeza ampliamente a clasificación con 13 puntos, seguida de Carmen Roca e Salomé Bermúdez con 6 puntos.
  • Liga Sub 16.- Nova victoria da vixente campiona Julia López quen, se sigue nesta liña, vai convertir o torneo nun paseo militar. Pero bueno, Javier Alonso está mostrando tamén un bó tono de xogo e vai tentar de facerlle fronte. Temos que decir que Julia é unha xogadora bastante formada, cun físico rotundo que lle permite atacar os bolos con contundencia; no caso de xogadores como Javier Alonso e Hugo Meitín, debido á súa xuventude (13 anos), inda teñen un amplísimo percorrido por diante, xa que segundo vai medrando o seu físico vailles permitir aumentar o seu rendemento no campeonato. Dado que nesta Liga xogan xuntos nenos/as de idades distintas, dende os 9 anos de Christian ata os 15 anos de Lara Rodríguez, a diferenza física fai que, lóxicamente, haxa unha gran diferenza de xogo entre eles; neste sentido, a organización xa dispuxo hai anos un mecanismo corrector para paliar estas diferenzas; deste xeito, tódolos xogadores/as ata os 12 anos (incluídos os de 12 anos) poden “cucar”, ousexa, na tirada non lles fai falla que a bola sobrepase a Línea do 10.

A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE, O SÁBADO 28 DE OUTUBRO DE 2017.     

Leer más:Crónica da XXIX Tirada de Bolos

Recoñecemento os xogadores/as do Club de Bolos Xove

O Concello de Xove, a través da Concellería de Deportes, apostou xa hai moitos anos polo xogo dos bolos. Este deporte popular, dentro do cal Xove ten unha modalidade propia, ten un amplo arraigo no noso Concello, que organizou recentemente unhas Xornadas de promoción dos Bolos no CEIP Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón de Xove, co fin de impulsar este deporte nas categoría inferiores, entre os/as máis xoves. Ademáis, como é ben coñecido pola opinión pública, o Concello organiza unha Liga de Bolos que este ano vai pola XXIX edición.

Dentro deste ambiente deportivo, en Xove creouse hai xa bastantes anos o Club de Bolos Xove, club que recolle prácticamente á totalidade de xogadores e xogadoras do Concello e que compite regularmente por todo Galicia, participando tamén en campeonatos nacionais e internacionais.

HOMENAXE DO CONCELLO DE XOVE

Recentemente o Club participou no Campeonato Nacional Femenino celebrado en Gijón e no cal as parella de xogadoras xovenses Carmen Roca e Salomé Cardoso  acadaron o 3º posto final; tamén o Club participo una Campeonato de España Juvenil, celebrado en Mediaaldea do Concello de Baiona, conseguindo Daniel Alonso e Jose Miguel López facerse coas 1ª e 2ª posicións finais respectivamente.   Pois ben, a estes catro xogadores (Carmen Roca, Salomé Cardoso, Daniel Alonso e José Miguel López) fíxolles o Concello unha homenaxe este pasado sábado, en recoñecemento aos excelentes resultados deportivos acadados nos recentes campeonatos nacionales, e tamén, como remarcou o alcalde Demetrio Salgueiro, por levar o nome de Xove por toda Galicia e outros lugares de España. Esta homenaxe é tamén un recoñecemento ao gran traballo que está a desenvolver o Club de Bolos Xove a prol deste deporte popular.

   Os homenaxeados/as, que estiveron acompañados tamén pola concelleira Cristina Iglesias e  por varios componentes do Club, recibiron de mans do alcalde un agasallo en recordo desta data.

 

Exitazo da Iª Concentración de Clásicos de Xove

O pasado sábado, 23 de setembro, desenvolveuse en Xove a Iª CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS DE XOVE, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos.  A organización contou, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de todo o termo municipal. Para realización desta xuntanza, primeiro fíxose unha convocatoria previa na que se inscribiron 71 coches máis 16 motos. Chegado o día, todos estes vehículos concentráronse a partires das 10 da mañá na Praza do Centro Cívico de Xove. A organización recibeu vehículo por vehículo, sendo estes perfectamente ordenados na Praza.

   Hai que decir que o día foi perfecto, cun día soleado e unha temperatura moi agradables; isto fixo que a presencia de espectadores fose moi numerosa, achegándose xentes de toda a Mariña a velos distintos modelos de coches e de motos.

A última hora da mañá, sobre as 13:30 horas, tódolos coches e motos clásicos partiron para facer unha ruta pola costa do Concello, pasando polas parroquias de Lago, Morás, Portocelo e Xuances.

   A ruta continuou cara o Concello de Viveiro, facendo unha primeira parada na Praia de Area, en cuxo entorno tódolos participantes puideron tomar un pequeño refrixerio, para, de seguido, continuar ata o Restaurante Louzao, onde disfrutaron dun xantar de confraternidade.

   Ao remate do xantar, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, a organización realizou a entrega dos premios nas distintas categorías.

   Como balance desta Iª edición, a organización quere mostrar a súa satisfacción pola excelente acollida que tivo esta iniciativa entre tódolos amantes dos vehículos clásicos, e espera que en vindeiras edicións esta Concentración poida seguir crecendo en tamaño e calidade.

   Por último, a organización quere dar as grazas a tódolos colaboradores (casas comerciais, Concello de Xove) e participantes pola súa presenza nesta primeira edición.

 

Concertos de Promoción da Escola Municipal de Música

Hoxe pola mañá, ás 11:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante de 174 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 90 alumnos/as, catro  profesores da Escola Municipal de Música de Xove (cuarteto composto por dous  violíns, unha viola  e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias pezas clásicas .Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Con estes dous concertos abreuse o Curso 2017-2018 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música.

Ata finais de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música para o Curso 2017-2018.

   Seguindo coa Escola Municipal de Música, decir que o luns, 2 de outubro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación oficial do Curso 2017-2018, acto que se vai realizar na sé da Escola en Palmeiro, ao cal están invitados tódolos pais e alumnos da mesma.

Xornadas de promoción dos bolos en Xove

Un ano máis, e antes de comezar a XXIX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas.   Polas Xornadas deste ano 2017 van pasar 22 alumnos/as de 5º e 18 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 21 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.As xornadas van ter unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

   As Xornadas comezaron hoxe na Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xove, contándose coa participación dos 22 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Pedro Caselles, os cales estiveron acompañados polos profesores Mª José Burón e Daniel Jardón.

As Xornadas van continuar con arranxo ao seguinte calendario:

  • Mércores 27 de Setembro: -De 13:30 a 14:20 h: 21 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón.
  • Venres 29  de Setembro: -De 10:30 a 11:20 h: 18 alumnos/as de 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 16 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.   Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, reset caso o CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.

Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, nesta edición, coa colaboración dos departamentos de educación física do Colexio Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle aos profesores Mª José Burón e Daniel Jardón do Colexio Pedro Caselles e ao profesor Luis Rico do IES Illa de SArón toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.

Éxito das xogadoras do Club de Bolos Xove

O pasado fin de semana celebrouse en Gijón o CAMPEONATO FEMENINO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA, no que participaron 31 xogadoras das Federacións galega, asturiana e madrileña. O Club de Bolos Xove desprazou a este campionato 5 xogadores que acadaron uns brillantes resultados:

Na categoría individual, Julia López tentou revalidar o subcampeonato acadado o pasado ano, pero esta vez a sorte non estivo do seu lado, quedando clasificada en quinta posición, seguida en sexta tamén pola xovense Salomé Cardoso. Tanto Julia como Salomé son dúas das xoves xogadoras con máis futuro do bolo en Galicia; recordamos tamén que Julia é a actual campiona da Liga Sub 16 de Xove e Salomé quedou 3ª na Liga Senior.

No que atinxe ao campionato por parellas, as xovenses Carmen Roca e Salomé Cardoso acadaron a 3ª posición final, cedendo únicamente diante das campeonas. Tamén a xogadora xovense Julia López, formando parella coa asturiana Noemi, acadaron a 4ª posición final neste Campeonato de España.

 

Festival SAiñas 2017

SOBRE 600 PERSOAS ASISTIRON Ó FESTIVAL "IDENTIDADE" QUE PUXO EN ESCEA, HAI UNS DÍAS, A ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS, CON 50 BAILADORES E MÚSICOS, ACADANDO UN GRAN ÉXITO ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE, QUE PUIDO DISFRUTAR DOS BAILES E CANTOS QUE AINDA SE SEGUEN REPRESENTANDO EN POBOS E PARROQUIAS DE TODA GALICIA, CON UN COLORIDO NO VESTUARIO DO MÁIS VISTOSO.

Festival Identidade

Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo IDENTIDADE da Asociación Cultural Saiñas de Xove no Salón de Plenos do Concello, acto que contou coa presenza da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, o Presidente de Saiñas Andrés Piñeiro e o Director do espectáculo Pablo Rivas.

Escola Municipal de Música...

      Aberta a preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove – Curso 2017/2018      

Dende o venres 1 ata o venres 29 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.017/18. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 17 DE OUTUBRO de 2017. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases. Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2016/2017 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.

Día dos Nenos no Centro Civico de Xove 2017

Onte, na Praza do Centro Cívico a partires das 17:00 horas, desenvolveuse o DÍA DOS NENOS, os cales, cun sol expléndido, puideron disfrutar dos numerosos inchables e xogos acuáticos.   A organización deste evento coincideu co festivo local, xa que hoxe e un dos dous festivos locais (o outro foi martes de entroido) dos que disfruta o noso Concello. 

As actividades que programou o Concello para as Festas Patronais deste anon no rematan aquí, xa que inda podemos disfrutar nos vindeiros días de dúas exposicións: “Coas Nosas Mans X” ata o 24 de agosto na Sala Oficina de Turismo e “Xove 360º.Cores” ata o 3 de setembro na Sala Centro Cívico.
 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026