Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Clausura da Escola de Maiores e Taller de Memoria

Hoxe, venres día 23, 40 alumnos da “Escola de Maiores” do Concello de Xove asistiron a unha comida no restaurante "Louzao", organizada por eles mesmos, para clausurar o curso escolar. Durante a comida estiveron acompañados polo  Alcalde, Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella, que unha vez finalizada a comida encargáronse de entregar os diplomas a cada asistente.

TALLER DE MEMORIA.- Como todos os anos, o Departamento de Educación Familiar do Concello de Xove organiza un Taller de Memoria, dirixido ás persoas maiores de 60 anos do municipio. O taller impartirase durante todo o mes de xullo en horario de mañá. Inscríbese no Departamento de Educación Familiar ata o día 30 de xuño.

 

Presentación dunha nova asociación en Xove

Mañá, sábado 24 de xuño, ás 13:00 h. na Praza do Centro Cívico, vai ter lugar a PRESENTACIÓN DO CLUB AUTOCLÁSICOS DA MARIÑA, club formado por afeccionados aos coches, motos e outros vehículos clásicos.

O Club xa conta cuns 40 socios, estando ademáis nun período aberto a novas admisións, polo que aquelas persoas que gusten deste mundo poden achegarse mañá a Xove e inscribirse no mesmo.Previamente, ás 11:00 horas, tamén na Praza do Centro Cívico, vai ter lugar unha xuntanza de tódolos asociados, que virán acompañados dos seus vehículos antigos.

Desde a Praza do Centro Cívico van facer un percorrido polo Concello ata o Faro de Roncadoiro, para estar de regreso outra vez na Praza un pouco antes das 13:00 horas.

 

Para unha maior información: Javier Rodríguez Fernández – PRESIDENTE ASOCIACIÓN .- tfno: 652 36 46 10.-; Iván González Meitín – VICEPRESIDENTE ASOCIACIÓN.-   tfno: 605 817 517.- 

 

“En Xove, fútbol xove”, exposición de fotografía

A presentación desta exposición realizouse o pasado sábado 17 de xuño, coincidindo coa Inauguración do novo campo de céspede artificial de Xove. Nesta presentación puídose ver unha selección 15 fotografías.  Pois ben, a exposición ao completo vaise abrir hoxe, martes 20 de xuño, na Sala de Exposicións do Centro Cívico;   vai estar aberta diariamente, en horario de 18:00 a 21:00 horas, ata o domingo 2 de xullo.

Esta exposición, conformada por 44 fotografías adicadas aos nenos/as e rapaces/as da ACD Xove e da U.D. Xove-Lago. De feito, foron os propios clubs (ACD e U.D. Xove-Lago) os que nos proporcionaron tódalas fotografías que conforman a exposición. Destacar, neste sentido, que 29 das fotografías foron realizadas por Antonio Vázquez, pai dun dos rapaces que xoga na U.D. Xove-Lago, o cal ven facendo, dende hai uns anos, un seguimento fotográfico das actividades deportivas da U.D. Xove-Lago.

A Exposición, organizada polo Concello con motivo da inauguración do novo Campo de Fútbol, pretende ser unha homenaxe do Concello a tódolos nenos/as, rapaces/as, técnicos, pais, directivos,.. que conforman o mundo do fútbol en Xove.

 

Presentación de “Xove Concilia Verán”

As Delegacións municipais de Xuventude e Igualdade do Concello de Xove organizan dous programas durante as vacacions de verán:

    • “Xove Concilia Verán”,  que está  dirixido a menores de 4º de infantil a 4º de primaria. Esta actividade de conciliación levarase a cabo dende o 26 de xuño ao 8 de setembro, de luns a venres.  O prazo  de inscrición para esta actividade remata o 23 de xuño. Mañá xoves, 22 de xuño, as 19:00 no salón de actos do Centro Cívico, presentarase este Programa nunha reunión informativa dirixida aos pais e nais.
    • Amáis do anterior, a Concellería puxo en marcha tamén o proxecto de voluntariado “Diververán Xove”,  dirixido a rapaces/as de 10 a 16 anos. Esta actividade, que conta coa colaboración de 5 voluntarias/os, levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto. O prazo de inscrición para este programa remata o 30 de xuño.

Para ámbolos  dous programas hai que anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

 

Inauguración do novo campo de Fútbol de Herba Artificial

Hoxe, sábado 17 de xuño, a partires das 18:00 horas, desenvolveuse a INAUGURACIÓN DO NOVO CAMPO MUNICIPAL DE HERBA ARTIFICIAL, que se acaba de construir sobre o vello campo de entreno anexo ao Campo Municipal de Fútbol de Xove. Para esta inauguración contamos, ademáis do noso alcalde Demetrio Salgueiro, co Presidente da Deputación Darío Campos e co xefe de servizo de Deportes da Delegación Territorial da Xunta en Lugo Manolo Cadramón.

A obra, podemos decir, fíxose en dúas fases, iso sí, contínuas. Na primeira abordouse o propio campo e o entorno (campo de xogo, accesos, bancadas, porterías e equipamento en xeral). En total, estamos a falar dunha actuación nun espazo de 6.501 metros cadrados, dos que 5.555 metros cadrados corresponde ao propio campo de fútbol. Esta fase tivo un presuposto total de 514.250 €uros, dos cales o noso Concello aportou 264.250 €uros e a Deputación de Lugo 250.000 €.

Na segunda fase, realizada a continuación da primeira, dotouse ao campo duns BAÑOS PARA O PÚBLICO e unha CANTINA. O investimento total nestes dous espazos foi de 60.482,47 €uros, financiados integramente polo noso Concello.Polo tanto, e resumindo, o investimento total realizado nesta nova instalación foi de 574.732,47 €, dos cales o noso Concello aportou 324.732,47 €.

Dentro das características técnicas, decir que os materiais empregados na construcción deste novo campo, no que respecta ao céspede artificial, son do máis moderno, de última xeneración. Tamén destacamos na súa construcción un tema que nós parece importante, que é a rede de drenaxe do campo, que irá conectada mediate bombeo a un depósito de recollida e aproveitamento de augas pluviais, que suporá para o Concello un aforro no consumo de auga, xa que a instalación ven preparada para recoller e reciclar as augas pluviais.

Recordamos que estas son as últimas actuacións realizadas, coas que se completa definitivamente a modernización do campo. Pero antes destas actuacións, o Concello dotou ao campo dunha nova grada para o público e, ademáis, realizou unha gran ampliación do campo na parte norde do mesmo, coa creación dunha gran escollera que permiteu ampliar o terreo de xogo nun montón de metros. Polo tanto, agora, coas novas actuacións, podemos disfrutar dunhas instalación moi completas e moi modernas.

O campo está preparado para acoller FÚTBOL 11  e FÚTBOL 7, polo cal, tódolos nenos/as do Concello que lles guste o fútbol, dende os máis pequenos aos máis mayores, poderán utilizar esta instalación. Como dato, que nós parece importantísimo xa que por sí só xustifica a creación desta instalación deportiva, decir que uns  100 nenos/as e rapaces/as do noso Concello están inscritos e xogando ao fútbol actualmente en Xove, dentro da ACD Xove e da U.D. Xove-Lago.

 

proba4565

Presentación do novo libro de Rita Morrigan

Mañá sábado, 10 de xuño, a partires das 19:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, terá lugar a PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE RITA MORRIGAN, seudónimo da escritora xovense Lucía Sánchez Meitín.

Lucía, recente gañadora do VII Premio Vergara de Novela, vai presentar a súa nova obra “LA LUNA EN TUS MANOS”. O libro está a gozar de grande aceptación entre os lectores e lectoras, chegando a esgotarse a primeira edición en menos dun mes da súa publicación, e estando xa á venda a segunda. O acto de presentación de mañá estará aberto aos amantes da boa literatura e a todo o público en xeral.

Concurso de deseño de cartel para las festas de San Bartolo '2017

Abrese o plazo para participar neste  concurso e ser beneficiario deste premio para calquera persoa empadroada no Concello de Xove. A documentación a presentar será a seguinte: -  Ficha de inscrición establecida ao efecto con número de Rexistro. -  Fotocopia do DNI do autor-a -  Cartel en formato impreso e/ou dixital. -  Ficha Técnica (breve descrición do cartel -  No caso de participantes menores de idade, deberase entregar ademáis unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor-a. Toda esta documentación entregarase no Rexistro de Entrada do Concello de Xove coa data límite do 30 de xuño inclusive. PREMIO :150 €

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS NO  <--PORTAL TRANSPARENCIA-->

 

 

Participación do Club Ciclista Komando Xoviético no Desafío Volta a Lugo

Cinco  ciclistas  do Club Ciclista Komando Xoviético de Xove  participaron o fin de semana pasado no Desafío Volta a Lugo. Concretamente foron  Xosé López Hermida, Andrés García Piñeiro, David Díaz Meitín, Jacobo Díaz Meitín e Jairo Míguez Baño; este último lexionouse e non puido acabar o Desafío, razón pola cal non aparece na fotografía que adxuntamos.    

 

Open de Surf “Esteiro en Xove”

Este vindeiro fin de semana, concretamente o sábado 3 e o domingo 4 de xuño, vaise desenvolver en Xove, na Praia de Esteiro, o OPEN DE SURF “ESTEIRO EN XOVE”.Trátase dun campionato organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración da   Federación Galega de Surf,  Concello de Xove e Cerveza Mahou; este Open está encravado tamén dentro do Circuíto Galego de Surf. Ao mesmo tempo, dicir que se trata dun Open, ousexa, é unha competición aberta a surfers doutras comunidades,  non é unha competición exclusiva para galegos.Na competición van estar representadas tódalas modalidades (surf, body board, long board e  paddle surf) e tódalas categorías (dende infantil ata master).

   Na parte competitiva escribíronse 150 surfers; neste sentido temos inscritos o tope, xa que por cuestións organizativas non podemos acoller máis deportistas, polo que lamentamos que bastantes se quedasen fóra da convocatoria.

   A competición vai comezar o sábado 3 ás 9:00 h, desenvolvéndose durante todo o día sen interrupción ata as 21:00 h., en que se dará por rematada esta primeira xornada. O domingo 4 tamén comezará a competición ás 9:00 horas, contándose  que esté rematada, coa entrega de premios e trofeos, tamén sobre as 21:00 h.

   A organización ten disposto para este campionato  en concepto de premios 1.000 €uros en metálico e outros 1.000 €uros en material deportivo; ademais os correspondentes trofeos que correrán a cargo da Federación Galega de Surf.

   Durante a competición imos contar coa presenza do Entrenador da Federación Galega de Surf Milo Castelo, que vai aproveitar para facer unha preselección  para formar parte da Selección Galega de Surf.

   Un feito moi importante para este Open é a presenza de ERIC REBIERE, TRES VECES CAMPIÓN DE EUROPA  de Surf, exTop 44 mundial e surfista de olas grandes da recoñecida mundialmente Ola de Nazaré en Portugal.

Amais do aspecto competitivo, a organización ten disposto para tódolos deportistas e acompañantes unha serie de actividades lúdicas; neste sentido,  vai haber música nocturna e tamén vaise realizar unha parrillada popular.

   Dentro do apartado de colaboracións con este Open, temos a: “55 Albo Sneakers”, “Sensación Surf Escola”, “Hola Ola Sur Escola”, “Palagua Surf Shop”, “Ortegal Surf Escola”,  “Oxígeno Surf Shop”, “Surf Market” e “Gamus Surf Escola”, a todos os cales lles agradecemos a súa colaboración.

   Asdo: Ignacio (Nacho) Fernández e Catalina Quintana de  Esteiro Surf Café (organizadores do evento)

Tfno de contacto para ampliar información:  Nacho: 606 400 726     

 

 

 

Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.017

 Hoxe, xoves 18 de maio, ás 18:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín e os membros do Xurado fixeron entrega dos Premios (Lotes de material didáctico e Diploma Acreditativo) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2017, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos   nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.

Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

imaxes dos premiados .... 
 

 *** CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por: -Realizar poesía: poemas de medida e tema libres - Escribir un relato ou conto: de tema libre -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.- No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

***CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por Realizar un debuxo: de tema e composición libres, a Realización dun cómic,  obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.

Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:

CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2017

TRABALLOS PREMIADOS - PRIMARIA

4º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº 60) EMMA LÓPEZ GONZÁLEZ.

5º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO :   (Nº 48) ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.

2º PREMIO :   (Nº 43) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA. 

 XUNTOS TÓDOLOS PARTICIPANTES ....

 

 

 

Leer más:Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.017

O espectáculo ‘Contamos todas’ inicia mañá en Xove a xira por dez concellos

O espectáculo ‘Contamos todas’ inicia mañá en Xove a xira por dez concellos do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.

A Tropa de Trapo combinará os contos cun obradoiro participativo para facer reflexionar ao alumnado do IES Illa de Sarón arredor da igualdade de xénero

  • Xove, 18 de maio de 2017. A Tropa de Trapo inicia mañá venres en Xove a xira ‘Contamos todas’, un espectáculo a prol da equidade de xénero que percorrerá nos vindeiros meses dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A partir das 12.50 horas, a compañía compostelá mesturará historias contadas con música en directo e obradoiros participativos para facer reflexionar á rapazada do IES Illa Sarón.
  • Centrada na desigualdade e na violencia de xénero, a sesión abrirase cos contos ‘As mulleres de Torneiros’ e ‘Liberia’, exemplos de vida de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións. Historias para pensar, casos de empoderamento, rebeldía e superación. A actividade leva aparellado un obradoiro no que se contará coa opinión do alumnado, para rematar representando as súas propias propostas mediante o emprego de técnicas do Teatro da Oprimida. Logo de Xove, a proposta recalará nos municipios de Valga, Silleda, Lousame, O Barco, Carballo, Monforte, Burela, Tomiño e Malpica.

A Tropa de Trapo .- Marta Ortiz e Brais das Hortas levan dez anos percorrendo a xeografía galega como A Tropa de Trapo, un proxecto co que recollen e crean contos para levalos a escena con música en directo, ben con instrumentos habituais como con outros elaborados a partir de refugallos. Os seus espectáculos, de carácter participativo, buscan un equilibrio entre entreter e educar, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. Por un lado, ritmo, música, narración áxil e pingas de humor. E, por outro, a convicción profunda da necesidade de falar de valores como a liberdade, a solidariedade, o respecto ou a igualdade.

O Fondo Galego de Cooperación.- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 89 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega en 2017 ao seu vixésimo aniversario.

XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

 Mañá, MÉRCORES 17 DE MAIO, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIV TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 16:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de  9 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e  o Club Xirandela de Sarria.

Leer más: XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

Acta do Concurso “Letras Galegas 2017”

 Acta do Concurso “Letras Galegas 2017”

   Sendo ás  11:00  horas  do dia  10  de maio de 2.017, reúnense os representantes do Xurado para decidir os  traballos que se van a premiar no “CONCURSO LETRAS GALEGAS 2.01 7”, Concurso adicado a D. Carlos Casares.

   Estes representantes, son:

    • -Dª Élida Álvarez Rodríguez, pola BIBLIOTECA MUNICIPAL de Xove.
    • -Dª Francisca Sante Cartoy,  polo CEIP Pedro Caselles Rollán.
    • -Dª Dulce María López Gasalla,  polo IES ILLA DE SARÓN.
    • -Dº José Manuel Cancela Seijas , pola ANPA DO CEIP Pedro Caselles.
    • -Dª María Inés Díaz Campo,  pola  ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA “ACD” DE XOVE.

Actúa como Secretario con voz e sen voto D. Mario Eijo Barro, Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello de Xove. Rematada a revisión dos traballos presentados, o Xurado decide outorgar os seguintes premios:

CONCURSO  “LETRAS GALEGAS” 2017  ......

Leer más:Acta do Concurso “Letras Galegas 2017”

Recollida das patacas afectadas pola polilla Guatemalteca

recollidapataca

 

Presentación do XXVII Curso de Música de Semana Santa

Hoxe, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove, presentouse o XXVII CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA; nesta presentación  participaron: JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO, ALCALDE DE XOVE.DOLORES MEITÍN, CONCELLEIRA DE CULTURA e XAN CARBALLAL, DIRECTOR DO XXVII CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA.

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo