Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Open de Surf “Esteiro en Xove”

Este vindeiro fin de semana, concretamente o sábado 3 e o domingo 4 de xuño, vaise desenvolver en Xove, na Praia de Esteiro, o OPEN DE SURF “ESTEIRO EN XOVE”.Trátase dun campionato organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración da   Federación Galega de Surf,  Concello de Xove e Cerveza Mahou; este Open está encravado tamén dentro do Circuíto Galego de Surf. Ao mesmo tempo, dicir que se trata dun Open, ousexa, é unha competición aberta a surfers doutras comunidades,  non é unha competición exclusiva para galegos.Na competición van estar representadas tódalas modalidades (surf, body board, long board e  paddle surf) e tódalas categorías (dende infantil ata master).

   Na parte competitiva escribíronse 150 surfers; neste sentido temos inscritos o tope, xa que por cuestións organizativas non podemos acoller máis deportistas, polo que lamentamos que bastantes se quedasen fóra da convocatoria.

   A competición vai comezar o sábado 3 ás 9:00 h, desenvolvéndose durante todo o día sen interrupción ata as 21:00 h., en que se dará por rematada esta primeira xornada. O domingo 4 tamén comezará a competición ás 9:00 horas, contándose  que esté rematada, coa entrega de premios e trofeos, tamén sobre as 21:00 h.

   A organización ten disposto para este campionato  en concepto de premios 1.000 €uros en metálico e outros 1.000 €uros en material deportivo; ademais os correspondentes trofeos que correrán a cargo da Federación Galega de Surf.

   Durante a competición imos contar coa presenza do Entrenador da Federación Galega de Surf Milo Castelo, que vai aproveitar para facer unha preselección  para formar parte da Selección Galega de Surf.

   Un feito moi importante para este Open é a presenza de ERIC REBIERE, TRES VECES CAMPIÓN DE EUROPA  de Surf, exTop 44 mundial e surfista de olas grandes da recoñecida mundialmente Ola de Nazaré en Portugal.

Amais do aspecto competitivo, a organización ten disposto para tódolos deportistas e acompañantes unha serie de actividades lúdicas; neste sentido,  vai haber música nocturna e tamén vaise realizar unha parrillada popular.

   Dentro do apartado de colaboracións con este Open, temos a: “55 Albo Sneakers”, “Sensación Surf Escola”, “Hola Ola Sur Escola”, “Palagua Surf Shop”, “Ortegal Surf Escola”,  “Oxígeno Surf Shop”, “Surf Market” e “Gamus Surf Escola”, a todos os cales lles agradecemos a súa colaboración.

   Asdo: Ignacio (Nacho) Fernández e Catalina Quintana de  Esteiro Surf Café (organizadores do evento)

Tfno de contacto para ampliar información:  Nacho: 606 400 726     

 

 

 

Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.017

 Hoxe, xoves 18 de maio, ás 18:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín e os membros do Xurado fixeron entrega dos Premios (Lotes de material didáctico e Diploma Acreditativo) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2017, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos   nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.

Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

imaxes dos premiados .... 
 

 *** CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por: -Realizar poesía: poemas de medida e tema libres - Escribir un relato ou conto: de tema libre -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.- No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

***CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por Realizar un debuxo: de tema e composición libres, a Realización dun cómic,  obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.

Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:

CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2017

TRABALLOS PREMIADOS - PRIMARIA

4º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO : (Nº 60) EMMA LÓPEZ GONZÁLEZ.

5º EDUCACIÓN INFANTIL :

ARTES PLÁSTICAS

1º PREMIO :   (Nº 48) ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.

2º PREMIO :   (Nº 43) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA. 

 XUNTOS TÓDOLOS PARTICIPANTES ....

 

 

 

Leer más:Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.017

O espectáculo ‘Contamos todas’ inicia mañá en Xove a xira por dez concellos

O espectáculo ‘Contamos todas’ inicia mañá en Xove a xira por dez concellos do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.

A Tropa de Trapo combinará os contos cun obradoiro participativo para facer reflexionar ao alumnado do IES Illa de Sarón arredor da igualdade de xénero

  • Xove, 18 de maio de 2017. A Tropa de Trapo inicia mañá venres en Xove a xira ‘Contamos todas’, un espectáculo a prol da equidade de xénero que percorrerá nos vindeiros meses dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A partir das 12.50 horas, a compañía compostelá mesturará historias contadas con música en directo e obradoiros participativos para facer reflexionar á rapazada do IES Illa Sarón.
  • Centrada na desigualdade e na violencia de xénero, a sesión abrirase cos contos ‘As mulleres de Torneiros’ e ‘Liberia’, exemplos de vida de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións. Historias para pensar, casos de empoderamento, rebeldía e superación. A actividade leva aparellado un obradoiro no que se contará coa opinión do alumnado, para rematar representando as súas propias propostas mediante o emprego de técnicas do Teatro da Oprimida. Logo de Xove, a proposta recalará nos municipios de Valga, Silleda, Lousame, O Barco, Carballo, Monforte, Burela, Tomiño e Malpica.

A Tropa de Trapo .- Marta Ortiz e Brais das Hortas levan dez anos percorrendo a xeografía galega como A Tropa de Trapo, un proxecto co que recollen e crean contos para levalos a escena con música en directo, ben con instrumentos habituais como con outros elaborados a partir de refugallos. Os seus espectáculos, de carácter participativo, buscan un equilibrio entre entreter e educar, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. Por un lado, ritmo, música, narración áxil e pingas de humor. E, por outro, a convicción profunda da necesidade de falar de valores como a liberdade, a solidariedade, o respecto ou a igualdade.

O Fondo Galego de Cooperación.- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 89 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega en 2017 ao seu vixésimo aniversario.

XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

 Mañá, MÉRCORES 17 DE MAIO, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIV TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 16:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de  9 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e  o Club Xirandela de Sarria.

Leer más: XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

Acta do Concurso “Letras Galegas 2017”

 Acta do Concurso “Letras Galegas 2017”

   Sendo ás  11:00  horas  do dia  10  de maio de 2.017, reúnense os representantes do Xurado para decidir os  traballos que se van a premiar no “CONCURSO LETRAS GALEGAS 2.01 7”, Concurso adicado a D. Carlos Casares.

   Estes representantes, son:

    • -Dª Élida Álvarez Rodríguez, pola BIBLIOTECA MUNICIPAL de Xove.
    • -Dª Francisca Sante Cartoy,  polo CEIP Pedro Caselles Rollán.
    • -Dª Dulce María López Gasalla,  polo IES ILLA DE SARÓN.
    • -Dº José Manuel Cancela Seijas , pola ANPA DO CEIP Pedro Caselles.
    • -Dª María Inés Díaz Campo,  pola  ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA “ACD” DE XOVE.

Actúa como Secretario con voz e sen voto D. Mario Eijo Barro, Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello de Xove. Rematada a revisión dos traballos presentados, o Xurado decide outorgar os seguintes premios:

CONCURSO  “LETRAS GALEGAS” 2017  ......

Leer más:Acta do Concurso “Letras Galegas 2017”

Recollida das patacas afectadas pola polilla Guatemalteca

recollidapataca

 

Presentación do XXVII Curso de Música de Semana Santa

Hoxe, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove, presentouse o XXVII CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA; nesta presentación  participaron: JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO, ALCALDE DE XOVE.DOLORES MEITÍN, CONCELLEIRA DE CULTURA e XAN CARBALLAL, DIRECTOR DO XXVII CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA.

 

 

Visita de alumnos franceses ao Concello

Hoxe pola mañá, sobre as 12:30 horas, un grupo de 21 estudiantes do Collège Les Clorisseaus de Poilly-lez-Gien, localidade francesa ubicada a uns 135 km. de París, desprazáronse ao noso Concello, acompañados polos seus profesores e os seus “correspondants” (os alumnos do ES Illa de Sarón cos cales realizan intercambio) de Xove; aquí, no noso Concello, foron recibidos no Salón de Plenos polo alcalde e a concelleira de cultura. Neste intercambio participan tamén outros 10 estudiantes franceses, pero neste caso co Instituto de San Ciprián.

 

Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2017

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 8 E  9 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO,  8  DE ABRIL:

   -13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “DIAMANTES”.

   -15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

   -17:00 horas.- Verbena con: “DIAMANTES” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, trofeo para parella máis vella e outro trofeo para máis nova.

DOMINGO, 9  DE ABRIL:

   -10:00 horas.-  Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “DIAMANTES”.

   -17:00 horas.- Despois de xantar,  baile e verbena con “DIAMANTES”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa. A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

XVI Festa do “Polbo da Pedra” en Xove

Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promocionalo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un  producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe aos nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.

Xa imos pola XVI edición, o que quer decir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 1.500 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboramos diferentes  e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén  de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.

A organización deste evento corre a cargo de ACIAM XOVE. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración  do Concello de de Xove. Tamén, durante a Festa, imos a disfrutar da música tradicional de Saiñas de Xove, quens coas súas gaitas e tambores van animar a xornada.

En canto aos bares e restaurantes participantes, onde se poderán desgustar as distintas variedades do POLBO DA PEDRA, son: Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, “Club Palmeiro”, “Pulpería-Bar Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, “O Cabaliño”, e Pizzería “Onde Sempre”.

Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica.-

 

Campionato de Tute no Centro Social de Monte

Entregados os premios do Campionato de Tute celebrado no Centro Social de San Isidoro de Monte. Esta entrega, na que estivo o alcalde Demetrio Salgueiro, desenvolveuse o pasado sábado 11 de marzo no Centro Social de Monte. O Campionato que cada ano organiza o Centro Social co patrocinio do noso Concello, cumpleu este ano a súa 14 edición. No mesmo participaron 17 parellas que xogaron unha liga de todos contra todos, comezando en novembro pasado e rematando a principios de marzo. En canto ao cadro de honra, temos:   Campións: Carlos e Xuxo.  Subcampións: Suso e Eduardo.  Terceiros: Paco e Juan.   1ª Parella feminina: Mari e Puri. Rematada a entrega tódolos/as  participantes disfrutaron da cea cun expléndido cocido.

 

Entregados os Premios do Concurso de Caretas de entroido

 Esta entrega, que se desenvolveu no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.- O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Leer más:Entregados os Premios do Concurso de Caretas de entroido

Sumoas: Ultima tirada da tempada de Bolos

Tarde fria. 29 participantes nesta última tirada da tempada. Campo húmido dado as choivas previas á competición, pero en aceptables condicións para o xogo.

Liga Senior Masculina.- Inda sen facer  unha gran tirada (quedou 5º),  Arturo Vigo consigueu imporse nesta XXVIII Tirada, conseguindo o seu título nº 15. A sorpresa veu na pelexa pola segunda posición, que perdeu Rafael González a favor de Jordi Meitín, quen con este subcampionato consigue meterse por primeira vez entre os tres primeiros clasificados. Gran tempada a de Jordi, onde destacaríamos o seu excelente rendimento e nivel nos desquites,  os cales lle deron esta privilexiada posición. Pola súa banda, Rafael González, que nunha tarde aciaga, na que a sorte non o acompañou, xa que quedou 9º na tirada, tivo que conformarse coa terceira posición final, que seguramente lle sabe a pouco, pero que confirma que, un ano máis, sigue na elite deste deporte, xa que se trata do segundo xogador con máis entorchados na historia deste deporte en Xove, só por detrais de Arturo Vigo.

LIGA SENIOR:

CAMPIÓN ARTURO VIGO CASABELLA TROFEO E 200 €
SUBCAMPIÓN JORDI MEITÍN SERANTES TROEFO E 150 €
TERCEIRO J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ TROFEO E 100 €

MELLOR BOLADA

DO CAMPIONATO

ALEX MEITÍN SERANTES, cunha bolada de  108 tantos obtida na tirada do Centro Social do Cruceiro o 12 de xaneiro de 2017 TROFEO E 50 €
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de clasificados ata a posición número 12.

Imaxes do desfile do Antroido 2017

 

Inauguración da Exposición de Fotografía “Homes e Bestas”

A exposición, que se vai abrir mañá ao público, vai ser inaugurada hoxe polo alcalde de Xove, acompañado polo fotoperiodista Jose Álvez, autor dunha parte das fotografías e por Julio López, tamén fotógrafo e fillo de Sergio López, finado xa hai uns anos e autor das restantes  fotografías que conforman a exposición.  Esta inauguración vaise desenvolver ás 19:00 horas na   Sala de Exposicións do Centro Cívico.-

homes-e-bestas

  • Sergio Lopez Maseda.- Iniciouse no mundo da fotografía a mediados dos anos sesenta. A principios dos setenta convirteuse en corresponsal da axencia EFE e Televisión Española. Como cámara de TVE recorreu Galicia enteira recollendo coa sua cámara o máis popular, característico e singular da súa terra. Deixou un gran legado de imaxes das que hai que salientar aquelas que se refiren ao mar sen esquecer unha das suas grandes paixóns, a rapa das bestas, recorrendo todos os curros da comunidade.  En canto aos autores:En canto a súa apertura ao público, tal como xa dixemos, vaise abrir mañá sábado 18 de febreiro, estando aberta diariamente ata o sábado 4 de marzo, en horario de 18:00 a 21:00 horas. Con esta exposición o noso Concello abre o programa deste Entroido 2017.  No que atinxe á propia exposición, está conformada por 39 fotografías, todas en branco e negro. A temática está integramente adicada aos “curros” das rapas das bestas de todo Galicia.
  • Joe Álvez.- Nacido en el año 1976 , empezó a trabajar como fotógrafo de prensa en el año 1995 trabajando desde Lugo para el diario " el correo gallego" como colaborador gráfico .En el año 1997 comenzó a trabajar para el diario "El Progreso" y un año después se encarga de cubrir toda la zona de A Mariña tambien para el diario "El Progreso", trabajo que sigue desempeñando en la actualidad.Ha participado en diversas exposiciones colectivas de foto-periodismo, participado en la exposición colectiva "Chapapote" con otros muchos fotoperodistas en la que cada uno de ellos exponían diferentes momentos del desastre ecológico con el naufragio del barco petrolero "Prestige", que fue organizada por el Acuarium Finisterrae de A Coruña . Participó también, junto con otros fotografos, en el libro fotográfico "Marea negra" publicado por la plataforma "Nunca Máis" .En el año 2005 consigue el primer premio "medalla dorada" en la categoría periodística de la Bienal Sicafi de fotografía , organizada por el centro argentino fotográfico con una imagen de un varamiento de cetáceos en Burela debido a los efectos del chapapote vertido por el naufragio del "prestige".  Ha publicado también reportajes fotográficos sobre surfistas en revistas tales como "360 surf" , "Surfer rule".

 

 

Programa de Actividades para Entroido 2017

* Sábado 18 de febreiro coa apertura da EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “HOMES E BESTAS” cal recolle perto de 50 fotografías realizadas polo fotoperiodista José María Alvez e por Sergio López, este último fundador de Fotosergio de Burela, finado hai xa uns anos. Esta exposición vai estar aberta ata o venres, sábado 4 de marzo, diariamente en horario de 18:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico.
* Venres, 24 de febreiro.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 25 de febreiro. O Programa  que será GRATUITO para este día é o seguinte:

  • 16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA ATURUXO” de Ribadeo.
  • 17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
  • 18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
  • 22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.


  XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2017" EN XOVE  


O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

  • No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 24 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
  • O mesmo día do desfile (25 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
  • O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

<-----CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA --->

 

Leer más:Programa de Actividades para Entroido 2017

.histórico de noticias.

Caldeira-Astilla-2026
Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo