Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Imaxes do desfile do Antroido 2017

 

Inauguración da Exposición de Fotografía “Homes e Bestas”

A exposición, que se vai abrir mañá ao público, vai ser inaugurada hoxe polo alcalde de Xove, acompañado polo fotoperiodista Jose Álvez, autor dunha parte das fotografías e por Julio López, tamén fotógrafo e fillo de Sergio López, finado xa hai uns anos e autor das restantes  fotografías que conforman a exposición.  Esta inauguración vaise desenvolver ás 19:00 horas na   Sala de Exposicións do Centro Cívico.-

homes-e-bestas

  • Sergio Lopez Maseda.- Iniciouse no mundo da fotografía a mediados dos anos sesenta. A principios dos setenta convirteuse en corresponsal da axencia EFE e Televisión Española. Como cámara de TVE recorreu Galicia enteira recollendo coa sua cámara o máis popular, característico e singular da súa terra. Deixou un gran legado de imaxes das que hai que salientar aquelas que se refiren ao mar sen esquecer unha das suas grandes paixóns, a rapa das bestas, recorrendo todos os curros da comunidade.  En canto aos autores:En canto a súa apertura ao público, tal como xa dixemos, vaise abrir mañá sábado 18 de febreiro, estando aberta diariamente ata o sábado 4 de marzo, en horario de 18:00 a 21:00 horas. Con esta exposición o noso Concello abre o programa deste Entroido 2017.  No que atinxe á propia exposición, está conformada por 39 fotografías, todas en branco e negro. A temática está integramente adicada aos “curros” das rapas das bestas de todo Galicia.
  • Joe Álvez.- Nacido en el año 1976 , empezó a trabajar como fotógrafo de prensa en el año 1995 trabajando desde Lugo para el diario " el correo gallego" como colaborador gráfico .En el año 1997 comenzó a trabajar para el diario "El Progreso" y un año después se encarga de cubrir toda la zona de A Mariña tambien para el diario "El Progreso", trabajo que sigue desempeñando en la actualidad.Ha participado en diversas exposiciones colectivas de foto-periodismo, participado en la exposición colectiva "Chapapote" con otros muchos fotoperodistas en la que cada uno de ellos exponían diferentes momentos del desastre ecológico con el naufragio del barco petrolero "Prestige", que fue organizada por el Acuarium Finisterrae de A Coruña . Participó también, junto con otros fotografos, en el libro fotográfico "Marea negra" publicado por la plataforma "Nunca Máis" .En el año 2005 consigue el primer premio "medalla dorada" en la categoría periodística de la Bienal Sicafi de fotografía , organizada por el centro argentino fotográfico con una imagen de un varamiento de cetáceos en Burela debido a los efectos del chapapote vertido por el naufragio del "prestige".  Ha publicado también reportajes fotográficos sobre surfistas en revistas tales como "360 surf" , "Surfer rule".

 

 

Programa de Actividades para Entroido 2017

* Sábado 18 de febreiro coa apertura da EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “HOMES E BESTAS” cal recolle perto de 50 fotografías realizadas polo fotoperiodista José María Alvez e por Sergio López, este último fundador de Fotosergio de Burela, finado hai xa uns anos. Esta exposición vai estar aberta ata o venres, sábado 4 de marzo, diariamente en horario de 18:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico.
* Venres, 24 de febreiro.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 25 de febreiro. O Programa  que será GRATUITO para este día é o seguinte:

  • 16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA ATURUXO” de Ribadeo.
  • 17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
  • 18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
  • 22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.


  XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2017" EN XOVE  


O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

  • No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 24 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
  • O mesmo día do desfile (25 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
  • O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

<-----CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA --->

 

Leer más:Programa de Actividades para Entroido 2017

Presentación do programa de Antroido' 2017

actAntroido17

Campeonato de Bolos Xove ' 2017

CAMPO FÚTBOL DE XOVE – Sábado, 28 DE XANEIRO 2017.- INCIDENCIAS DA 14ª TIRADA.- Salientar que, antes de comezar as tiradas, o secretario da Federación Galega de Bolos Ginés Rodríguez fíxolle entrega ao alcalde de Xove Demetrio Salgueiro dun agasallo (unha base con bolos e bolas de madeira) en recoñecemento á laboura que desenvolve o noso Concello dende hai moitos anos na preservación e na promoción deste deporte popular, que tanto arraigo ten en Xove. Pola súa parte, o alcalde agradeceu o agasallo, resaltando o compromiso do Concello de Xove  con este deporte e cos moitos practicantes de Xove  que disfrutan todo o ano deste ancestral xogo. 

Leer más:Campeonato de Bolos Xove ' 2017

Presentación da última novela de Rita Morrigan

A comezos de novembro pasado recibíamos con gran satisfacción no Concello a noticia da concesión do PREMIO VERGARA a Rita Morrigan pola súa novela CORAZONES EN EL CAFÉ. Aclaro, para quen inda non o saiba, que Rita Morrigan é o seudónimo da nosa compañeira Lucía Meitín. Pois ben, esta novela vai ser presentada este vindeiro sábado, 28 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico.  A esta presentación, que comezará a partires das 18:30 horas, están invitados tódolos veciños do noso Concello e  tódolos amantes da boa literatura, xa que se trata dunha cita aberta ao público en xeral. A presentación vai correr a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.   

 Durante esta presentación, como noutras anteriores, Lucía vai manter unha charla cos asistentes, respostando ás preguntas dos seus lectores. Para aquelas persoas que queiran o libro e inda non tiveran a oportunidade de mercalo, vai haber un posto de venda na entrada do Salón. Ademáis, ao final, Lucía vai firmar e adicar o seu libro a tódalas persoas que llo pidan.

 

Exame para Plaza de Limpadora

Por Resolución de Alcaldía de data 9 de xaneiro de 2017, aprobouse a lista de admitidos no concurso oposición convocado para a provisión de unha praza de limpadora; designaronse os membros do tribunal calificador e fixouse o lugar, data e hora as 16:30 H.  do día 23 de xaneiro (luns)  de celebración do exame teórico previsto nas bases.

 

“Nadal de Vila en Vila" en Xove....

Mañá, Xoves 5 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico, ás 12:00 horas. Entrada Libre. Dirixido a familias con nenos/as a partires dos 4 anos. Dende a Rede de Dinamización Lingüística estase a traballar para poñer en marcha unha nova edición do programa Nadal en Rede, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, Cabalgatas, felicitacións etc.). Como vén sendo habitual nos últimos anos, o programa incluíra tanto actividades de dinamización lingüística coma recursos dixitais que estarán accesibles proximamente desde o Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

O Concello de Xove está incluido na relación dos que acollen actividades deste tipo, neste caso 'Nadal de vila en vila', un obradoiro de música de Nadal en galego destinado a achegarlles aos participantes as tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aginaldos etc da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro. Nel, a participación dos asistentes será activa e recibirán con este fin diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas...) cos que acompañar as voces. A partir dun conto de Nadal que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial de letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.

A duración desta actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, vai dirixida a familias con nenos a partir dos 4 anos e está pensada para desenvolver en espazos culturais municipais (casas da cultura, auditorios, centros socioculturais ou similares).
Trátase dunha actividade da REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA que conta, neste caso, coa colaboración da CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE XOVE.

 

Día dos Nenos Na Piscina Municipal

Pasado o ecuador, o nóso Concello continúa coas actividades programadas  cara recta final deste Nadal. 

Día dos Nenos.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Vaise desenvolver mañá, 4 de xaneiro, na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con arranxo ao seguinte programa:

    •    Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.
    •    Inchables no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.

 

Festa Infantil de Fin de Ano 2016

Desenvolveuse hoxe, venres 31 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.  Na mesma, os nenos/as asistentes disfrutaron de xogos no Pavillón, despois, ás 12:00 h. tomaron as uvas coas campanadas do reloxio do Concello, e rematou a festa cun baile infantil no Pavillón ata as 13:00 h.

 

Actuación do Grupo Musical "Escolma de Meus"

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá venres, 30 de decembro, un Concerto de ESCOLMA DE MEUS, a partires das 21:30 horas no Salón de Actos do Centro Civico. Este grupo músico-vocal, de cáseque unha quincena de componentes de toda a Mariña, vannos interpretar clásicos como La Bella Lola, Cantinero de Cuba, etc., e tamén música popular galega como Adiós Ríos Adiós Fontes ou Catro Vellos Mariñeiros,…

Presentación do Calendario do Concello...

Como ven sendo tradicional nos últimos anos, o Concello edita un calendario que, este ano, vai adicado ás distintas festas de Xove. A base do calendario son fotografías antigas, en branco e negro, das distintas festas que ao longo do ano celebran as nosas parroquias.Para elaboración do calendario contouse, lóxicamente, coa aportación de moitos veciños que facilitaron, desinteresadamente, fotos antigas, as cales van incluídas neste traballo. Por iso, dende o Concello queremos darlles as grazas por todas estas aportacións.

Esta iniciativa ten moito de recuperación etnográfica; por iso, dende o Concello,  faise un chamamento á colaboración dos veciños para que  sigan aportando fotografías antigas, coas cales poderemos, dende o Concello, seguir con este tipo de iniciativas.

 

Concerto de Nadal 2016 na Residencia San Bartolomé

Un ano máis, e coincidindo co Concerto de Nadal que tódolos anos organiza o noso Concello, un grupo de músicos da Orquestra Clásica de Xove e da E. M. Música de Xove ofreceron un pequeno Concerto a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove.  Este Concerto entra dentro das numerosas actividades nas que o noso Concello colabora ao longo de todo o ano coa Residencia San Bartolo. Nesta ocasión ofrecéronlles varias pezas populares e de Nadal, que foron seguidas con moito interese polos residentes.
Adxunto varias fotografías do acto.

 

NADAL 2016-2017 .-Gran Concerto de Nadal

O Concello continúa coas actividades programadas  para este Nadal, concretamente, para mañá, mércores 28 de decembro, a Concellería de Cultura ten programado o GRAN CONCERTO DE NADAL, que tódolos anos organiza a Escola Municipal de Música, coa colaboración da Asociación Prestoxove.

O concerto vaise desenvoler a partires das 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, con entrada libre e gratuita para todos. No mesmo vanse interpetar obras de Bellwood, V. Williams, Shostakovich, Mendelssohn e R. Binge.  

 

NADAL 2016-2017 -O Concello pide colaboración para Cabalgata de Reis

Continuando coa programación prevista, para o XOVES, 5 DE XANEIRO do vindeiro ano  a Concellería de Cultura ten previsto, como en anos anteriores,  a celebracións da CABALGATA DE REIS. Dende o Concello estase a traballar a reo para que todo esté preparado este máxico día. Nestes intres estanse poñendo a punto as carrozas e outros vehículos que van ir no desfile. Un dos puntos fortes da nosa cabalgata é a participación de distantas persoas e colectivos na mesma. Neste sentido, dende o Concello queremos facer un chamamento aos  nenos/as que se apunten para participar como pastores na Cabalgata.

Para anotarse é moi sinxelo: terán ata o venres 30 de decembro (incluído) e bastará con chamar ao teléfono do Concello 982 59 20 01 e xa os apuntan.

 

Programación Nadal do Concello de Xove 2016

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos: 

  • DOMINGO, 25 de decembro – DÍA DE NADAL .-A partires das 18:00 horas (6 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter un ESPECIAL NADAL co espectáculo infantil “SUPERFESTA CO MAGO LOCO”..-Espectáculo infantil, ameno y de variada animación, donde los niños participan subiendo al escenario, para ser ayudantes en la Magia Cómica.-En las canciones y bailes que interpreta con su particular estilo EL MAGO LOCO (Payaso y Mago), también se cuenta con la participación de los niños. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. -A entrada a este espectáculo “Especial Nadal” é totalmente LIBRE E GRATUITA. 
  • MARTES, 27 de decembro.-Ás 17:00 h, no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter CINE INFANTIL coa proxección de “MASCOTAS”, con entrada libre e gratuita para tódolos públicos.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026