Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
VI Concurso de Karaoke...
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 22 Decembro 2016 09:04
-
Última actualización en Jueves, 29 Decembro 2016 12:15
-
Publicado el Jueves, 22 Decembro 2016 09:04
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa sexta edición, o VENRES, 23 DE DECEMBRO. Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade, e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 23 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén este mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 16 de decembro ás 14:30 horas.
En canto aos premios do Concurso, temos:
-
- PEQUES.: Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
- IUNIOR: Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
- VETERANOS: Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
Estes premios, a diferencia de anos anteriores, vanse entregar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo.

Resultado do Concurso de Postais de Nadal 2016-2017
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 21 Decembro 2016 13:11
-
Última actualización en Jueves, 22 Decembro 2016 11:46
-
Publicado el Miércoles, 21 Decembro 2016 13:11
O Xurado do Concurso de Postais de Nadal 2016-2017 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado por Dº Albano Riveira Paleo da Asociación Cultural Deportiva Pau da Vella de Xove, Dº José Manuel Cancela Seijas en representación da ANPA de Xove e Dª Élida Álvarez Rodríguez en representación do Concello de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro, acordando o seguinte:
- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos): 1º : Noa Martínez García .- 2º : Paula Sánchez Pernas .- 3º : Carla Rey Vale.
- Categoría 1º e 2º de Primaria: 1º : Alejandro Flores Escobar .- 2º : Carla Casabella Puñal .- 3º : Carlota Eijo Rodríguez.
- Categoría 3º e 4º de Primaria: 1º : Enma Buján Rouco .- 2º : Eduardo Flores Escobar .- 3º : Miriam Mejuto García.
- Categoría 5º e 6º de Primaria: 1º :Judith Suárez Azogue .- 2º : Xenxo Salgueiro Franco .-3º : Iago Pérez Teijeira.
- Categoría 1º a 4 º de ESO:.-1º : Kevin Castro Piñeiroa .- 2º : Cecilia García López .-3º : Margarita Parapar Fernández.

O Concello comeza co seu Programa de Nadal
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 16 Decembro 2016 12:26
-
Última actualización en Lunes, 19 Decembro 2016 11:05
-
Publicado el Viernes, 16 Decembro 2016 12:26
O Concello comeza hoxe as súas actividades para este Nadal coa celebración dun OBRADOIRO DE COLOCACIÓN DE BELÉN, actividade que está prevista que se desenvolva de 17:00 a 20:00 h. na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na cal van participar rapaces/as de 10 a 18 anos. Esta actividade está organizada pola OMIX da Concellería de Xuventude.

Continuando coa programación prevista, para o Domingo, 18 de decembro a Concellería de Cultura ten previsto un CONCERTO DE “SONS DE CELEIRO”. Este vaise celebrar a partires das 6 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Trátese dun grupo que, inda que é de recente creación, xa ten un importante curriculum, con numerosas actuacións na Mariña. Con perto de 20 membros, trátase dun grupo coral con acompañamento musical, facendo una música moi popular e tradicional. Habaneras, fados e música de creación propia conforman o seu repertorio. Decir tamén que acaban de facer público o seu primeiro traballo, “NOVOS CANTARES”, o cal tiveron a oportunidade de presentar no Luar da TVG. Neste momento están promocionando o seu traballo pola Mariña, cun percorrido dende Vicedo ata Mondoñedo.
A entrada a este concerto é totalmente libre e gratuita.
Programa de Nadal de 2016
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 09 Decembro 2016 13:50
-
Última actualización en Viernes, 09 Decembro 2016 14:21
-
Publicado el Viernes, 09 Decembro 2016 13:50



Concurso de Postais de Nadal 2016
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 23 Novembro 2016 14:56
-
Última actualización en Miércoles, 23 Novembro 2016 17:34
-
Publicado el Miércoles, 23 Novembro 2016 14:56
O noso Concello puxo en marcha, un ano máis, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. As principais características deste Concurso, son: 
Concurso-Oposición de Limpadora (persoal de limpeza)
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 18 Novembro 2016 13:26
-
Última actualización en Viernes, 18 Novembro 2016 13:46
-
Publicado el Viernes, 18 Novembro 2016 13:26
No BOP do día 18/11/2016 fáise pública a convocatoria do Concurso-Oposición convocado para a provisión dunha praza de limpadora (persoal laboral fixo ).
A SOLICITUDE no modelo que estará ao dispor dos solicitantes nas dependencias municipais, deberá ir acompañada por:
-
- Fotocopia do DNI ou, no seu caso, pasaporte.
- Currículum vitae.
- Copia compulsada da documentación acreditativa respecto do cumprimento dos requisitos de titulación e capacitación necesarios para tomar parte no concurso.
- Copia compulsada de cuantos documentos acreditativos se presenten para xustificar os méritos a valorar.
O prazo de presentación de solicitudes que remata o 9 de decembro de 2016.
Campionato de Bolos: Resultados da 6ª tirada
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 08 Novembro 2016 11:09
-
Última actualización en Miércoles, 09 Novembro 2016 12:29
-
Publicado el Martes, 08 Novembro 2016 11:09
|
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA ( 5 NOVEMBRO 2016)
29 INSCRITOS: 16 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA
|
| CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
| LIGA SENIOR |
| PRIMEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
295 |
12 |
| SEGUNDO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
281 |
10 |
| TERCEIRO |
ARTURO VIGO CASAB ELLA |
278 |
8 |
| CUARTO |
CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
275 |
7 |
| QUINTO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
275 |
6 |
| SEXTO |
LUIS RANCAÑO BOUSO |
271 |
5 |
| SÉTIMO |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
241 |
4 |
| OITAVO |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
239 |
3 |
| NOVENO |
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
227 |
2 |
| DÉCIMO |
JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
224 |
1 |
| MELLOR BOLADA |
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
88 |
1 |
| LIGA SUB 16 |
| PRMEIRO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
151 |
6 |
| SEGUNDO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
125 |
4 |
| TERCEIRO |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
112 |
3 |
| CUARTO |
CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
111 |
2 |
| QUINTO |
RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
73 |
1 |
| MELLOR BOLADA |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
49 |
1 |
| LIGA FEMININA |
| PRMEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
224 |
6 |
| SEGUNDO |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
210 |
4 |
| TERCEIRO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
184 |
3 |
| CUARTO |
CARMEN ROCA CORRAL |
165 |
2 |
| QUINTO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZS |
131 |
1 |
| MELLOR BOLADA |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
69 |
1 |
Tarde fria con ameaza de choiva durante todo o desenvolvemento da tirada.
Liga Senior Masculina.- Segunda victoria do xove Miguel López que o aúpa á terceira posición, compartida con Jordi Meitín. Pola súa banda, Rafa continúa cunha excelente regularidade (puntuou en tódalas tiradas) e vé como amplía a súa vantaxe na clasificación. Temos que decir que Rafa, vixente campión, está xogando a un gran nivel e, sobretodo, está acertando nos desquites, parcela que en anos pasados lle deu non poucos quebradeiros de cabeza. Se sigue desquitando desta maneira, ten moitas papeletas para repetir trunfo final.
Leer más:Campionato de Bolos: Resultados da 6ª tirada
Vistas panorámicas: Pozo da Ferida
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Lunes, 07 Novembro 2016 12:22
-
Última actualización en Lunes, 07 Novembro 2016 17:33
-
Publicado el Lunes, 07 Novembro 2016 12:22
Rita Morrigan gaña o VII premio Vergara-el Rincón
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 04 Novembro 2016 12:12
-
Última actualización en Viernes, 04 Novembro 2016 12:39
-
Publicado el Viernes, 04 Novembro 2016 12:12
A novela foi seleccionada entre 256 manuscritos de novela romántica , procedentes de distintos lugares de España y de Hispanoamérica.

Con emoción acábase de recibir no noso Concello a noticia do premio acadado por Rita Morrigan, seudónimo escollido pola escritora xovense Lucía Meitín. Decimos con emoción porque Lucía/Rita ou Rita/Lucía, ademáis de escritora de novelas, é unha compañeira que exerce o seu traballo no Laboratorio de Investigación Social do noso Concello.
O Premio Vergara-El Rincón de Novela Romántica está considerado un dos máis importantes premios, senón o máis, deste xénero literario en España e Hispanoamérica. Da importancia deste premio dan fé os 256 manuscritos presentados na edición deste ano, procedentes de toda España e Hispanoamérica, aos cales tivo que enfrentarse a nosa escritora.
Corazones en el café é o título da novela coa que conseguiu o Premio. Aparte dos traballos publicados como investigadora social, dentro do que é a novela romántica este sería o seu sexto traballo. Facendo un repaso cronológico, as cinco novelas xa editadas serían: Dulce camino espinoso (2010), Íntimo sendero de magia (2012), El sueño de una bruja (2014), Perfecta para mí (2015) e La Luna en tus manos (2016).
O Alcalde, Demetrio Salgueiro, en representación do pobo de Xove, quere mostrar a súa ledicia por este premio e transmitirlle a Lucía os seus máis sinceiros parabens por este fito que nos enorgullece a tódolos xovenses.
Entregados os premios do III concurso de Fotografía Medioambiental de Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 03 Novembro 2016 13:57
-
Última actualización en Sábado, 05 Novembro 2016 00:02
-
Publicado el Jueves, 03 Novembro 2016 13:57
A entrega realizouse hoxe pola mañá e na mesma participaron, xunto cos premiados/as, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.

Recordamos que os premiados, nas dúas categorías deste Concurso MEDOAMBIENTAL, foron:
Categoría xuvenil (menores de 18 anos):
-
- Primeiro premio de 100 € : Dª TATIANA FRAGA FERNÁNDEZ coa obra “Muiñelo”.
- Segundo premio de 75 € : Deserto.
- Terceiro premio de 50 €: Deserto.
Categoría adultos (18 anos ou máis):
-
- Primeiro premio de 100 € : Dº Antonio Herrera Huerta coa obra “ATARDECER EN RONCADOIRO”.
- Segundo premio de 75 € : Dº Juan Antonio Fernández Vázquez coa obra “NOITE RONCADOIRA” .
- Terceiro premio de 50 €: Dª Cristina Fernández Meitín coa obra “ESTEIRO”. Concursante nº 5 .
Mirador Monte Castelo
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 26 Outubro 2016 13:13
-
Última actualización en Miércoles, 26 Outubro 2016 14:52
-
Publicado el Miércoles, 26 Outubro 2016 13:13
Festa do Ramo no Alto Do Cruceiro- Xuances
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 29 Setembro 2016 11:38
-
Última actualización en Jueves, 29 Setembro 2016 12:15
-
Publicado el Jueves, 29 Setembro 2016 11:38
Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por undécimo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai un par de anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 3 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN CARPA. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.-
En canto ó amplo programa de actividades, destaca a celebración da FESTA DOS CALLOS, no seu DÉCIMO ANIVERSARIO, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra COSTA OESTE e L.BAN DJ

En canto ó programa de actividades previsto para o sábado 1 de outubro temos: Ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, Ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS, Ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ó da Festa, Ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTRA TELEVISIÓN.- Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a todas a s persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.
Clausura da X Semana de Seguridad de Alcoa na Mariña
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 22 Setembro 2016 19:51
-
Última actualización en Jueves, 22 Setembro 2016 19:55
-
Publicado el Jueves, 22 Setembro 2016 19:51
Hoxe, ás 13:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polo alcalde de Cervo e membros de Alcoa, clausurou a X SEMANA DE SEGURIDAD DE ALCOA EN A MARIÑA. Como acto final, Alcoa donoulle a cada concello un desfibrilador.

Concertos de promoción da Escola Municipal de Música
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 21 Setembro 2016 13:25
-
Última actualización en Miércoles, 21 Setembro 2016 13:31
-
Publicado el Miércoles, 21 Setembro 2016 13:25
Hoxe pola mañá, ás 10:45 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 150 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 100 alumnos/as, catro profesores da Escola Municipal de Música de Xove (cuarteto composto por dous violíns, unha viola e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.
Con estes dous concertos abreuse o Curso 2016-2017 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música para o Curso 2016-2017. Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Resultados do VII Campeonato de España de Bolo Celta
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 13 Setembro 2016 17:45
-
Última actualización en Martes, 13 Setembro 2016 17:48
-
Publicado el Martes, 13 Setembro 2016 17:45
Os pasados días sábado 10 e domingo 11 de setembro celebrouse no Campo Municipal de Bolos de Sumoas o VII CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍA FEMENINA.No mesmo participaron unhas 30 xogadoras.Na xornada inaugural, ousexa, o sábado 10, celebrouse o CAMPEONATO INDIVIDUAL.

Leer más:Resultados do VII Campeonato de España de Bolo Celta
VII Campionato de España do Bolo Celta- Cat. Feminina
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 07 Setembro 2016 19:23
-
Última actualización en Domingo, 11 Setembro 2016 09:49
-
Publicado el Miércoles, 07 Setembro 2016 19:23
Os vindeiros días sábado 10 e domingo 11 de setembro vaise celebrar na Campo Municipal de Bolos de Sumoas o VII CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍA FEMENINA.No mesmo van participar unhas 30 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, que son as Comunidades onde se practica este xogo tradicional. Por parte da organización estase en conversacións con xogadoras de Bolo a Cachete do País Vasco co fin de que poidan estar tamén presentes neste evento e ampliar así a participación.
O Club de Bolos Xove é un club pioneiro en España no tocante á participación de mulleres nesta modalidade deportiva, que tradicionalmente estaba reservada aos homes. Cando se fundou o Club prácticamente as únicas mulleres que competían na Liga eran as do Club de Bolos Xove e o Club de Bolos O Cadaval. Pouco a pouco fóronse dando os pasos para que noutros clubs se fosen federando mulleres. Esta integración da muller a este deporte fixo que fose posible a celebración de campionatos Galegos e de España.
Nestes intres o nivel nesta categoría femenina é fantástico. Actualmente en Galicia hai club con representación feminina nas 4 provincias, e en Asturias creouse unha potentísima Liga Feminina que nada ten que envexar á Liga Masculina.
Dentro das xogadoras do Club de Bolos Xove, Carmen Roca tentará defender o título de Campeona de España por parellas que acadou na última edición deste campeonato, e tentará tamén o asalto ao título individual xa que está dentro das principais favoritas. Asimesmo esperamos que a xove Julia López, de 13 anos, confirme o sorprendente 3º posto individual obtido tamén na pasada edición.
Na xornada inaugural, ousexa, o sábado 10, vaise celebrar o CAMPEONATO INDIVIDUAL, deixando para o domingo 11 o CAMPEONATO POR PARELLAS. A organización deste campeonato corre a cargo do Club de Bolos Xove, e conta coa total colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Xove.
ORGANIZACION - ALOJAMIENTOS, COMIDAS ETC. 
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|