Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Proxección de pelicula sobre a fibromialxia

A Asociación de Fibromialxia da Mariña realizou o pasado sábado unha proxección en Xove, aberta ao público en xeral,  co fin de promover a información e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.- A película proxectada foi SONATA PARA VIOLONCHELO, película española dirixida por Anna Bofarull e que versa sobre a fibromialxia. 

Sinopse da película:Tras años de esporádicos dolores, a Julia, una famosa violonchelista que vive entregada a la música, le diagnostican una fibromialgia, una enfermedad crónica sin causa conocida. Con el paso de los días, la lucha de Julia por seguir tocando se convertirá en un combate con su propio cuerpo.  

Á proxección asistiron unhas corenta persoas na OMIX de Xove, lugar onde foi proxectada o pasado sábado 11 de xuño.  Rematada a proxección, a Asociación sorteou unha sesión de SPA no Hotel As Sirenas.

San Antón da Rigueira 2016

O próximo luns 13 de xuño celébrase a VIII edición da Romaría do San Antonio da Rigueira para todos aqueles que quieran gañar a Ventura do San Antonio da Rigueira.

 Poderán completarase calquera das OITO Rutas dos Muíños habilitadas ao longo de todo o concello de Xove a tal efecto. Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar:

  • Recepción  dos romeiros/as na carpa do Concello
  • Entrega da Ventura 2016 e da flor de San Antonio (lirio blanco)

Despois de oito anos de ter iniciado esta iniciativa de recuperación da Romaría de San Antonio da Rigueira dende o Concello de Xove, este ano espérase unha grande afluencia de público con case duascentas persoas, a pesares de caer este ano o día do Santo en luns, día laborable.  

Lucía Sánchez Meitín. Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. Responsable do proyecto de recuperación do San Antonio da Rigueira.

 

Sorteo Membros Mesas Eleccións Xerais do 26 de Xuño de 2016

Celebrado  hoxe o Pleno Municipal ó obxecto de efectuar o sorteo da composición das 5 mesas electorais existentes neste concello, resultando elexidos como titulares as seguintes persoas:   

CENTRO SOCIAL DE A VARA-TOIMIL.--->DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:B

    • Presidenta: VANESA LABAYEN BEN   
    • 1º Vocal: JUAN CARLOS RODRIGUEZ FERNANDEZ   
    • 2º Vocal: EVA LOUZAO BALSA   

CENTRO CIVICO DE XOVE.----->DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:A

    • Presidente: DAVID GARCIA RODRIGUEZ   
    • 1º Vocal: MIGUEL ANGEL ALVAREZ LOPEZ   
    • 2º Vocal: PAMELA GONZALEZ LOPEZ   

CENTRO CIVICO DE XOVE.---->DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:B

    • Presidente: ANTONIO PEREZ FRA   
    • 1º Vocal: MARIA JOSE MASEDA SALGUEIRO   
    • 2º Vocal: PILAR PRIETO PRIETO   

ANTIGUA ESCUELA DE VILACHA.--->DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:A

    • Presidenta: MARIA DOLORES PRIETO VAZQUEZ   
    • 1º Vocal: MARIA TERESA RODRIGUEZ ALVAREZ   
    • 2º Vocal: RUBEN CORRAL BAAMONDE   

AGRUPACION ESCOLAR GULPILLEIRAS-RIGUEIRA.--->DISTRITO: 01 SECCION: 002 MESA:U

    • Presidenta: GEMMA SUAREZ GARCIA   
    • 1º Vocal: MARIA CARMEN ESPESO CASQUETE  
    • 2º Vocal: AGUSTIN NIETO PENA    

Máis InFo .........  http://www.infoelectoral.mir.es/miembros-de-mesa

LISTADO  COMPLETO:  CON  TODOLOS SUPLENTES........

Leer más:Sorteo Membros Mesas Eleccións Xerais do 26 de Xuño de 2016

Xove celebra as Letras Galegas

Visita escolar do CEIP Pedro Caselles Rollán

Un grupo de 21 alumnos, acompañados de dúas profesoras, do CEIP Pedro Caselles Rollán fixeron unha visita ao noso Concello, onde foron recibidos polo alcalde Demetrio Salgueiro no Salón de Plenos. Os alumnos, de 3º de Primaria, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do Concello, para o cal viñan provistos dun pequeno cuestionario con preguntas como “Que se sinte ao ser alcalde?”, “Como se organiza o Concello?”, “Como se recadan os impostos municipais?, etc., a tódalas cales lles respostou o alcalde. Lóxicamente,  a laboura dos nenos non quedou ahí, xa que  tiñan que rematar posteriormente o traballo no cole co material recopilado na entrevista co alcalde.

 

Presentación do Taller de Iniciación Musical de Xove

Un grupo de profesores e alumnos da Escola Municipal de Música de Xove ofreceron, onte pola mañá, un concerto para presentar o TALLER DE INICIACIÓN MUSICAL que a nosa Escola está a organizar para os alumnos que desexen participar do Colexio Pedro Caselles Rollán. O Concerto, que se desenvolveu no ximnaso do Colexio Pedro Caselles, contou cuns 150 alumnos do mesmo.

O taller vaise desenvolver na sé da Escola M. de Música, no antigo Colexio de Palmeiro, dende o 18 de maio ata o 22 de xuño. (Para unha maior información sobre o taller, porse en contacto con: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove. Teléfono de Xulia: 677.83.88.12)

CONCERTOS DA FRATERNIDADE - ensaios previo

Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados o pasado día 4 en Xove, xa están en marcha e tiveron hoxe unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituir o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove o vindeiro VENRES 13 DE MAIO, A PARTIRES DAS 20:30 HORAS.

As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.

Ademáis do concerto de Xove, están programados:

   -20 de Maio: Auditorio de Mondoñedo.

   -18 de Novembro: Auditorio de Burela.

   -25 de Novembro: Igrexa de San Francisco de Viveiro.

Recordamos que nesta actividade participan, ademáis das catro agrupacións musicais antes citadas, os Concellos  de Xove, Viveiro, Burela e Mondoñedo, así como a Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia de Cultura.

Día Internacional da Danza celebrado en Xove

Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2016

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 16 E 179 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO,  16  DE ABRIL:

    • 13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
    • 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
    • 15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
    • 17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.

DOMINGO, 17  DE ABRIL:

    • 10:00 horas.-  Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
    • 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
    • 17:00 horas.- Despois de xantar,  baile e verbena con “LEMBRANZA”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa. A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

XXVI Curso de Música de Semana Santa en Xove

DSCF3721

Presentación do XXVI Curso de Música de Semana Santa

Hoxe, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove, presentouse o XXVI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA; nesta presentación  participaron: -JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO, ALCALDE DE XOVE -DOLORES MEITÍN, CONCELLEIRA DE CULTURA.  -XAN CARBALLAL, DIRECTOR DO XXVI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA.  PROGRAMA (PDF)

datas: CONCERTO DE CáMARA, XOVES 24 ás 18:00  -----<>-------- CONCERTO FINAL, VENRES 25 ás 18:00

Tirada de Bolos Concello de Xove 2015/2016

INCIDENCIAS DA 18ª  TIRADA   (CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS  - Sábado, 5 MARZO DE 2016)

Leer más:Tirada de Bolos Concello de Xove 2015/2016

XV Festa do “Polbo da Pedra” en Xove

Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promocionalo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un  producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.

data de celebración : 24 de marzo(Xoves Santo)       

Xa imos pola XV edición, o que quer decir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 1.500 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboramos diferentes  e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén  de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.

A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, “Club Palmeiro”, “Cafetería-Pulpería “Bar Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, “O Cabaliño”, Pizzería “Onde Sempre” e Restaurante “Terra Mar”. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración  do Concello de de Xove, e ACIAM. Tamén, durante a Festa, imos a disfrutar da música tradicional de Saiñas de Xove, quens coas súas gaitas e tambores van animar a xornada.

Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica.

 

 

Novo vehículo para o Servizo Municipal de Vixiancia

El Servizo de Vigiancia Municipal del  Ayuntamiento de Xove ya dispone de la mejor y más moderna tecnología para la Vigilancia Municipal, un Mokka 4X2 muy equipado. Desde ‪#‎Aceñamovil‬ hemos apostado por dotar también en este vehículo el sistema OnStar*, siendo así el primer organismo de Galicia que cuenta con un coche que incorpora en su interior tecla SOS de conexión directa con los servicios de emergencia y que les permitirá actuar de manera inmediata en sus intervenciones para la tranquilidad y seguridad de sus vecinos.

 

Premiados no Concurso de Caretas de Antroido 2016

 Estos foron os concursantes que resultaron premiados  ...

    Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

  • 1º Premio: (REX. Nº 15) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
  • 2º Premio: (REX. Nº 19) AROA PITA RODRÍGUEZ.
  • 3º Premio: (REX. Nº 31) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.

    Categoría 1º e 2º de Primaria:

  • 1º Premio: (REX. Nº 27) CARLA CASABELLA LAGE.
  • 2º Premio: (REX. Nº 14) MARCOS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ.
  • 3º Premio: (REX. Nº 29) SABELA RAMOS DAYAN.

    Categoría 3º e 4º de Primaria:

  • 1º Premio: (REX. Nº 18) JUDITH SUÁREZ AZOGUE.
  • 2º Premio: (REX. Nº 34) MIRIAM MEJUTO GARCÍA.
  • 3º Premio:  (REX. Nº 33) DANIEL BERTOLO CASABELLA.

    Categoría 5º e 6º de Primaria:

  • 1º Premio: (REX. Nº 11) TATIANA FRAGA FERNÁNEZ.
  • 2º Premio: (REX. Nº 36) ABRAHAM BLANCO RODRÍGUEZ.
  • 3º Premio: (REX. Nº 39) ALEJANDRO PARAPAR FERNÁNDEZ.

    Categoría 1º a 4 º de ESO:

  • 1º Premio: (REX. Nº 7) ALVARO IGLESIAS GARCÍA.
  • 2º Premio: (REX. Nº )  DESERTO.
  • 3º Premio: (REX. Nº )  DESERTO.

Entroido Xove 2016

 As actividades van comezar o venres, 5 de febreiro, co FESTIVAL DE ENTROIDO da  Escola Infantil de Xove.  Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 6 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:  -16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo de “BLOQUINHO DE XERMOLOS” de Guitiriz. -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.  -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas,  e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.  -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.  A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ANTROIDO 2016" EN XOVE .- a mesma hai que realizala en:  -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 5 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.  -O mesmo día do desfile (6 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.  O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización. 

winkCONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA

Para rematar, a Concellería de Xuventude, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove,  programaron o Obradoiro “ENTROIDO E GLOBOFLEXIA”, que se vai a desenvolver nos locais da OMIX o luns, 8 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:00 h. Este obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 12 anos; a inscrición para este obradoiro pode formalizarse na OMIX ata o 4 de febreiro. 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026