Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Premiados no Concurso de Caretas de Antroido 2016

 Estos foron os concursantes que resultaron premiados  ...

    Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

  • 1º Premio: (REX. Nº 15) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
  • 2º Premio: (REX. Nº 19) AROA PITA RODRÍGUEZ.
  • 3º Premio: (REX. Nº 31) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.

    Categoría 1º e 2º de Primaria:

  • 1º Premio: (REX. Nº 27) CARLA CASABELLA LAGE.
  • 2º Premio: (REX. Nº 14) MARCOS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ.
  • 3º Premio: (REX. Nº 29) SABELA RAMOS DAYAN.

    Categoría 3º e 4º de Primaria:

  • 1º Premio: (REX. Nº 18) JUDITH SUÁREZ AZOGUE.
  • 2º Premio: (REX. Nº 34) MIRIAM MEJUTO GARCÍA.
  • 3º Premio:  (REX. Nº 33) DANIEL BERTOLO CASABELLA.

    Categoría 5º e 6º de Primaria:

  • 1º Premio: (REX. Nº 11) TATIANA FRAGA FERNÁNEZ.
  • 2º Premio: (REX. Nº 36) ABRAHAM BLANCO RODRÍGUEZ.
  • 3º Premio: (REX. Nº 39) ALEJANDRO PARAPAR FERNÁNDEZ.

    Categoría 1º a 4 º de ESO:

  • 1º Premio: (REX. Nº 7) ALVARO IGLESIAS GARCÍA.
  • 2º Premio: (REX. Nº )  DESERTO.
  • 3º Premio: (REX. Nº )  DESERTO.

Entroido Xove 2016

 As actividades van comezar o venres, 5 de febreiro, co FESTIVAL DE ENTROIDO da  Escola Infantil de Xove.  Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 6 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:  -16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo de “BLOQUINHO DE XERMOLOS” de Guitiriz. -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.  -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas,  e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.  -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.  A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ANTROIDO 2016" EN XOVE .- a mesma hai que realizala en:  -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 5 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.  -O mesmo día do desfile (6 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.  O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización. 

winkCONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA

Para rematar, a Concellería de Xuventude, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove,  programaron o Obradoiro “ENTROIDO E GLOBOFLEXIA”, que se vai a desenvolver nos locais da OMIX o luns, 8 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:00 h. Este obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 12 anos; a inscrición para este obradoiro pode formalizarse na OMIX ata o 4 de febreiro. 

video

Xove 2016

Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal

Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consisten en material escolar e un Diploma Acreditativo. Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.

 

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos nosos rapaces.  Os/as premiados/as no Concurso, foron:

Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal

Concurso de Caretas de antroido 2016

Dende o Concello de Xove, convocanse o concurso de caretas de Antroido no que  haberá cinco categorías de premios: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Os premios consistirán en lotes de material escolar cunha  valoración mínima de 27,00 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno. Neste caso, a contía total destinada aos premios poderá repartirse en partes iguais entre os gañadores. A contía máxima prevista destinada aos presentes premios é de 405,00 €, con cargo á partida 334.481 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal.

 Requisitos dos participantes.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO) 

A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto  que deberá presentarse, xunto coa postal a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 26 de xaneiro.              

------CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA -laughing->

 

 

Máis Nadal 2015-2016

 Pasado prácticamente o ecuador, o nóso Concello continúa coas actividades programadas  para este Nadal.

    • Festa Infantil de Fin de Ano. Vaise desenvolver mañá, xoves 31 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. Na mesma, os nenos/as asistentes van disfrutar dunha auténtica festa, con uvas, campanadas e champín.
    • Actuación do Grupo de Teatro de Sombras Luz, Micro y Punto coa obra “ON EL FUNAMBULISTA”. Esta actuación vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico xa o vindeiro ano, concretamente o domingo, 3 de xaneiro a partires das 19:00 horas. Trátase dun espectáculo axeitado para tódolos públicos, en especial para nenos/as de 4 anos en diante.  Esta actuación, cunha duración aproximada de unha hora, entra dentro do chamado teatro de sombras.
    • Día do Neno.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Vaise desenvolver o vindeiro luns, 4 de xaneiro, na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con   Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h e Inchable no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.

PROGRAMACIÓN NADAL DO CONCELLO DE XOVE

 

PROGRAMACIÓN NADAL

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos:

    • Xoves, 24 de decembro à Teremos un Ciclo de Cine Ambiental e Solidario a partires das 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, coa proxección das películas “LA DEUDA OCULTA” – “BLOOD COLTAN” E “ALMA”, ciclo que conta coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria  e Divulgación Ambiental de Galicia).
    • Venres, 25 de decembro – DÍA DE NADALà A partires das 17:00 horas (5 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter o ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN INFANTIL “ESPECIAL NADAL, con músicas e bailes en especial para nenos/as, que inclúe tamén un obradoiro de xogos xigantes e un Papá Noel. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. A entrada a este espectáculo “Especial Nadal” é totalmente LIBRE E GRATUITA.  

Actividades de Nadal no Concello de Xove

Durante a mañá de hoxe tivemos unha serie de actividades englobadas no Programa de Nadal do Concello:

    • Ás 11:00 h. Festival de Nadal da Escola Infantil de Xove (Gardería Municipal) celebrado nun local da Oficina Municipal de Turismo.  
    • Ás 12:15 h. Presentación no Salón de Plenos do Concello do Calendario Municipal 2016, na que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e a coordinadora do mesmo Lucía Sánchez, do Laboratorio de Investigación Social do Concello.
    • Ás 12:30 h. Presentación no Salón de Plenos do Concello o Gran Concerto de Nadal para celebrar os 25 anos da creación da Orquestra Clásica de Xove, na que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o director da Orquestra Xan Carballal.  

Aberta a inscripción o Concurso de Karaoke 2015

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa quinta edición, o sábado 26 de decembro. Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; JUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. 

 ABERTA A INSCRICIÓN .........> Inscribete xa!

 A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición está aberta dende a semana pasada. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade, e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo. 

***---- CONVOCATORIA E BASES  --***-FICHA DE INSCRIPCIÓN  ---***-- LISTADO DE CANCIÓNS  ------**

A inscrición vai estar aberta tamén o día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse. Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o vindeiro luns, 21 de decembro ás 14:30 horas.

 

Presentación do Programa de Nadal 2015-2016

Hoxe, ás 13:00 horas, tivo lugar a presentación da PROGRAMACIÓN DO NADAL 2015-2016 en Xove, na que participaron o Alcalde e as concelleiras de Cultura e Turismo.

 

 PROGRAMACIÓN 

Ciclo de Cine Ambiental e Solidario no IES Illa de Sarón

O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria  e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón, con arranxo aos seguintes horarios:

  • Xoves, 10 de decembro: -Ás 09:40 h: “GREEN” para os alumnos de 2º de ESO. -Ás 12:50 h.: “GREEN” para os alumnos de 1º de ESO. -Ás 13:40 h.: “AMAZONÍA CARBONIZADA” para os alumnos de 4º de ESO.
  • Martes, 15 de decembro: -Ás 13:40 h. : “MARCHA ATRÁS” para os alumnos de 3º de ESO.

A intención de realizar este ciclo, tanto por parte do IES Illa de Sarón como por parte do Concello, é a de concienciar aos nosos xoves no cuidado e protección do noso medioambiente, e isto a través de medios audiovisuais tan interesantes coma os documentais.

 

 

XXVII TIRADA DE BOLOS-(TEMPORADA 2015/2016)

INCIDENCIAS DA 6ª  TIRADA .- (CENTRO SOCIAL DE A VARA - SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO 2015)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA     (7 NOVEMBRO   2015)

 35    INSCRITOS:  18 NA LIGA SENIOR,    7  NA LIGA SUB 16   E    10   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                  NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 262 12
SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 260 10
TERCEIRO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 248 8
CUARTO ARTURO VIGO CASABELLA 238 7
QUINTO JOSE VIGO LAGE 219 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 217 5
SÉTIMO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 208 4
OITAVO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 174 3
NOVENO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 153 2
DÉCIMO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 152 1
MELLOR BOLADA C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 85 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ 147 6
SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ BERMÚDEZ 120 4
TERCEIRO HUGO PEREZ MEITÍN 89 3
CUARTO JULIA LÓPEZ FORMOSO 84 2
QUINTO JAVIER ALONSO LÓPEZ 80 1
MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ 56 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 105 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 95 4
TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 88 3
CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA 84 2
QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ 70 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 50 1

Liga Senior Masculina.- Aprétase a clasificación na cabeza. A victoria de Sócrates Campo acorta a distancia a só 2 puntos do líder, que nesta ocasión non puido pasar do sétimo posto, rompendo dalgunha maneira a regularidade que viña mantendo.  Por detrais, Francisco Pérez (31 puntos) e Moisés Rodríguez (30 pts) mantéñense á expectativa, xunto cun numeroso grupo de perseguidores con máis de 20 puntos. Polo tanto, pasado un tercio da competición, destacar a igualdade na clasificación. Isto cremos que é positivo para o campionato, axudando a manter un alto nivel competitivo no mesmo.

Liga Senior Feminina.- Belén Meitín conseguiu superar á lider  Salomé Cardoso nesta tirada, restándolle un punto na clasificación, que inda mantén cunha cómoda vantaxe de 9 puntos (33 por 24). En terceira posición a veterana Salomé Bermúdez, que con 15 puntos estase a destacar por enriba de Carmen Roca, unha das grandes favoritas que, nestes intres, está arrostrando problemas físicos que lle impiden competir a un nivel normal.

Liga Sub 16.- Poucas novedades nesta categoría, cunha victoria máis, pleno polo momento, de Daniel Alonso. Miguel López sigue instalado cómodo na segunda posición, sen ninguén que o inquiete pero sin inquietar tampouco él ao líder. Onde se presume unha loita nesta categoría é polo terceiro posto, para o cal Javier Alonso parte con vantaxe, seguido de Julia López e Hugo Péres.

A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO  DE 2015. 

Interferencias da TV en zonas do Concello

A posta en marcha do servizo 4G por parte dalgunhas compañías telefónicas está dando problemas en algunhas zonas do noso Concello (así nolo están facendo saber algúns veciños), e supoñemos que en moitas do resto de España, dado que a sinal do 4G interacciona coa sinal de TDT da televisión, dando lugar a unha mala recepción da sinal de televisión. Para solucionar isto é necesario colocar un filtro antes  do amplificador da antena da TDT, o cal ten que facer lóxicamente un instalador autorizado.

O Estado, para solucionar este problema, ten habilitado unha web informativa (www.llega800.es) e un teléfono ao que se poden dirixir tódolos afectados.  Pois ben, a través da páxina web ou do teléfono (900.833.999 – teléfono gratuito, activo de luns a sábado dende as 09:00 ás 22:00 horas) pódese xestionar o envío dun filtro totalmente gratuito ou ben que lle envíen un instalador á casa que lle colocará gratuitamente o filtro. Isto o ten que facer cada usuario individualmente, chamando ao teléfono antes citado.

Concurso de Postais de Nadal 2015

O CONCELLO DE XOVE obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o Nadal, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan neste concurso de Postais.

Contía dos premios .- Haberá cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar valorados en 25 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno. Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

Requisitos dos participantes.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO) A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto.- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 18 de decembro.

 CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026