Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

PREMIOS DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL DE XOVE

 A entrega realizouse hoxe pola mañá no Concello e na mesma participaron, xunto cos premiados/as, o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e  José María Alves e Javier Arca como membros do xurado.

Leer más:PREMIOS DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL DE XOVE

II Concurso de Fotografía Medioambiental de Xove

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o II Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. Dentro do concurso tivemos dúas categorías: -Xuvenil, para menores de 18 anos. -Adultos, que teñan 18 anos ou máis.- En canto aos premios, o Concello dispuxo tres por categoría, un primeiro de 100 €, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €. Os gañadores/as  van recibir un cheque-regalo que poderán gastar en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.

O Xurado do Concurso estivo formado  polo fotógrafo de El Progreso-A Mariña   José María Alves  Marciel e polo fotógrafo xovense Javier Arca Uría,  actuando como Secretario  o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo Barro.  Reunido o Xurado, e despois de avaliar tódolos traballos presentados, decideu otorgar os seguintes premios:

  • Categoría xuvenil (menores de 18 anos):  Primeiro premio de 100 €:  TATIANA FRAGA FERNÁNDEZ coa obra “Atención que ven  oleaxe”. Concursante nº 15 – Rexistro nº: 3306. .- Segundo premio de 75 €:  Deserto..-   Terceiro premio de 50 €:  Deserto.
  • Categoría adultos (18 anos ou máis): Primeiro premio de 100 €:  JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ coa obra “Contaminación lumínica”. Concursante nº 11 – Rexistro nº: 3289.  Segundo premio de 75 €:   ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “Cabo de Morás” . Concursante nº 3 – Rexistro nº: 3238.  Terceiro premio de 50 €:   FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ coa obra “Á beira da Illa de Ansarón”. Concursante nº 17 – Rexistro nº: 3327.

 

Concertos de promoción da Escola Municipal de Música 2015

O pasado venres, 18 de setembro,  ás 10:30 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 170 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 90 alumnos/as, tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove (trio composto por dous  violíns e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.Con estes dous concertos abreuse o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade, cultural por un lado e, por outro, promocional, no sentido de que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música. 

Estes dous concertos organizaronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

 

Curso de Socorrismo Acuático

 Dende o 27 de xullo estase a celebrar no noso Concello un CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS, organizado polo Concello e patrocinado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.- Trátase dun curso para desempregados no que participan 15 persoas, de Xove e doutros lugares da Mariña.- O curso, que se vai desenvolver ata o vindeiro 23 de outubro, dura un total de 438 horas, das cales 358 son lectivas e 80 prácticas. As clases desenvólvense en varios espazos: as teóricas na Piscina,  Ximnasio, Aula de Formación e Aula Informática  Municipais, tendo lugar a parte práctica nas Praias de Lago e Esteiro. O investimento total deste Curso é de 30.2061 €uros.

 

Éxito do Campeonato de España Femenino de Bolos Celtas en Xove

Este pasado fin de semana celebrouse, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, o VI CAMPEONATO DE ESPAÑA FEMENINO 2015. Este campionato comezou ás 12:00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde. O Campeonato o disputaron 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, Comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 vai desenvolveuse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.

CATEGORIA FEMENINA INDIVIDUAL.- PAULA LOPEZ, do Club de Bolos Boiro, proclamouse  campiona de España de Bolo Celta. Este resultado non sorprendeu a ninguén dos que siguen esta competición, acaso existía a dúbida de si Blanca Lago (do Club de Bolos Estivada de Nigrán), varias veces Campeona de España, lle podería facer frente. Pois non, Paula López   impúxose sen dificultade facéndose co seu primeiro entorchado nacional. A verdade é que unha delicia vela xogar; a súa potencia e precisión nas tiradas é extraodinaria. Polo tanto, victoria merecidísima da xogadora boirense.Pola parte do Club de Bolos Xove, Mª Carmen López aspiraba, como mínimo, a revalidar o subcampionato acadado o pasado ano, pero non puido ser, xa que non consigueu clasificarse entre as 8 finalistas. Pero a sorpresa deuna unha xove xogadora xovense: JULIA LÓPEZ, de só 12 anos, xogadora habitual da Liga Infantil de Xove, realizou un extraordinario campionato alzándose co 3º POSTO FINAL, sendo superada nas semifinais pola varias veces campiona de España Blanca Lago.  Destacado foi tamén o papel  doutra xogadora xovense nesta categoría; a vixente campiona da Liga de Xove, Belén Meitín, foi cuarta, sendo superada por Paula López nas semifinais e por Julia López na loita polo 3º e 4º posto.

CATEGORIA FEMININA – PARELLAS .- Esta categoría xogouse cos resultados obtidos na Categoría Individual, e así a 1ª fixo parella co 16ª, a 2º coa 15ª, etc. Nesta categoría  todo o público estaba deseoso de ver se Paula López (do Club de Bolos  Boiro – A Coruña) era capaz tamén de gañar nesta categoría, xa que lle tocou de parella outra xogadora potentísima, Laura Redondo, tamén do Club de Bolos Boiro; Laura tivera unha mala tarde na clasificación individual, onde posiblemente os nervios do seu primeiro campionato de alto nivel a relegaron ao posto 16. Pois ben, a punto estiveron de conseguilo, pero ao final tiñéronse que contentar co subcampionato.

CARMEN ROCA do Club de Bolos Xove, formando parella coa asturiana PAULA ALONSO  do Club de Bolos Villatresmil de Asturias, conseguiron derrotar na final ás boirenses PAULA LÓPEZ E LAURA REDONDO por un claro 4 a 2. Desto xeito Carmen Roca resarcíase dos mal resultados obtidos na categoría individual e obtiña o seu primeiro entorchado nacional, superando así o subcampionato obtido o pasado ano na categoría individual. Para o terceiro posto enfrentábanse BELÉN MEITÍN do Club de Bolos Xove formando parella co LAURA GONZÁLEZ do Club de Bolos de Camos – Nigrán contra VERÓNICA FERNÁNDEZ do Club de Bolos Compastur de Asturias e MONTSE VALVERDE do Club de Bolos a Rega de Nigrán. Pois ben, a xovense Belén Meitín, xunto coa súa compañeira Laura González, lograron importe e acadar o Terceiro Posto na final. Un dos aspectos máis salientables do campionato foi o excelente ambente de compañerismo entre tódalas xogadoras, animándose unhas a outras sen distinguir se a que tiraba era unha compañeira de club ou non.

 A organización do Campeonato correu a cargo do Club de Bolos Xove e a Federación Galega de Bolos; o patrocinio foi por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores, tivemos: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.

   Na entrega de premios, ademáis dos representantes da Federación Galega de Bolos, participaron o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.

 

Actuación do grupo NI FU NI FA ANIMACIÓN coa obra "UN RATO DE BIBLIOTECA".

 Desenvolveuse hoxe ás 16:00 horas no SAlón de Actos do Centro Cívico, dentro do Programa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia "Ler conta moito". Esta actuación está englobada tamén dentro das actividades programadas pola Concellería de Cultura do Concello de Xove dentro do DÍA DOS NENOS - SAN BARTOLO 2015.

Aberta a preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove

Dende o martes 1 ata o mércores 30 de setembro, ámbolos dous días  incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. 

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.015/16. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR  A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO de 2015.

De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

SAN BARTOLO 2015 EN XOVE: DÍA DOS NENOS

Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2015, mañá, xoves 27 de agosto, teremos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DOS NENOS

  • 16:00 HORAS: actuación do Grupo  NI FU NI FA coa obra”UN RATO DE BIBLIOTECA” no Salón de Actos do Centro Cívico. Este espectáculo teatral vai dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público.
  • Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa  Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
  • 17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos  xogos e inchables. Vaise desenvolver na Praza do Centro Cívico; en caso de choiva, que esperemos que non suceda, as atraccións do Parque instalaríanse dentro do Pavillón Municipal de Deportes, polo cal a  actividade está totalmente garantizada. Dentro dos inchables que imos ter, dous son de auga, polo que recomendamos que os nenos/as e rapaces/as veñan cun bañador e unha toalla para poder disfrutar plenamente dos mesmos.
  • 21:30 HORAS: PREGÓN DAS FESTAS a cargo de D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador da Diócesis de Mondoñedo-Ferro. No salón de Actos do Centro Cívico.
  • Todas estas actividades, en especial o teatro para nenos e os inchables, son de carácter totalmente libre e gratuito, e aproveitamos para invitar a tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove e de toda a Comarca a que asistan.

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DAS FESTAS PATRONAIS DE XOVE

 programa de actividades ....

Leer más:PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DAS FESTAS PATRONAIS DE XOVE

IVª FESTA DO PERCEBE EN XOVE

Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 18 de xullo vai ter lugar a IVª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente destaFesta. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei. 

As distintas especialidades que se van ofertar son:

  • RACIÓN DE PERCEBES + PLATO CONMEMORATIVO…..10 €
  • RACIÓN DE EMPANADA DE POLBO..3 €
  • RACIÓN DE EMPANADA DE ZAMBURIÑAS..3 €
  • RACIÓN DE EMPANADA DE BONITO..3€
  • RACIÓN DE EMPANADA MIXTA DE MARISCOS...3 €

Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación dun DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Confraría de Pescadores de SanCibrao,a Asociación de Festexos a Medorra e a Asociación Cultural Saiñas de Xove. Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.

 

FALAREDES – PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CONCERTO  “ESTAMOS NO VERÁN”  A CARGO DE XOAN CURIEL.- Mañá, sábado 4 de xullo, pola mañá ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter o CONCERTO “ESTAMOS NO VERÁN” A CARGO DE XOÁN CURIEL. O concerto vai dirixido a tódolos nenos/as, en especial aos que teñan entre 7 e 12 anos, os cales poden vir acompañados polos seus pais e familiares.

Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES. Por último, dende o Concello queremos invitar a tódolos nenos/as de Xove ou da Comarca a que veñan a este magnífico concerto, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares.   -------> DOSSIER XOAL CURIEL

 

IIº Concurso Fotográfico: XOVE A SÚA COSTA E O SEU MAR

esteiro

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IIº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. Dentro do concurso imos ter dúas categorías: Adultos, que teñan 18 anos ou máis e Xuvenil, para menores de 18 anos. En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as  recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove. 

Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

   A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte: Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto. Copia do NIF do concursante. Un CD que conteña as imaxes dixitais. O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 18 DE SETEMBRO DE 2.015, e poderá presentarse  tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación,  tendo en conta o límite do día 18 DE SETEMBRO DE 2015.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.  

CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA 

 

Concerto de Fin de Curso da Escola de Música de Xove

Hoxe, ás 12:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos o CONCERTO FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE; no mesmo contamos  coa participación de tódolos alumnos/as da Escola, que interpretaron diversas pezas musicais correspondentes aos seus estudios e instrumentos.

CURSO DE FORMACIÓN EN SEGURIDADE EN BUQUES DE PESCA

Anuncio de convocatoria dun curso cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, alimentación e medio ambiente a través do programa de desenvolvemento rural sostible.

    • Nome do curso: FORMACIÓN EN SEGURIDADE EN BUQUES DE PESCA
    • Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso: TRIPULANTES DEL SECTOR PESQUERO
    • Concello: XOVE
    • Lugar: UNIDADES MOVILES ENPROGA, situadas no PEIRAO de MORÁS
    •  Modalidade: Presencial
    • Datas: SÁBADO DÍA 20 de Xuño de 2015 Horario: DE 09:30 a 13:30 HORAS Duración: 4 horas
    • Número de prazas: mínimo 10 - máximo 15
    • Presentación de solicitudes: ata O 17 de Xuño,
    • Contraría de Pescadores de SAN CIBRAO ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
    • Teléfono de contacto: 609870953 (preguntar por Rosa)
    • Solicitudes é documentación:
    • Orixinal da: Ficha de inscripción eos datos persoais,
    • Fotocopias: DNI, é Libreta de embarques (despacho en barco de pesca)
    • PARA OS DESEMPREGADOS tamén Fotocopias: Tarxeta do INEM
    • Máis información na páxina web do ISSGA:  http://issga.xunta.es/portal/index.html

Concurso:Diseña o cartel para as Festas de Xove 2015

-------------------OS DESEÑOS DEBEN SER ORIXINAIS-------------PREMIO: 100 EUROS----------

As Bases, Convocatoria e impresos pódense recoller nas oficinas do Concello no Rexistro de Entrada de Documentos, ou tamén aqui: 

Ficha de Inscripción  ---> Convocatoria_cartel_San Bartolo_2015 --->  BASES CARTEL

A documentación hai que presentala no Rexistro de Entrada de Documentos do Concello. A data límite de presentación vai ser o VENRES, 3 DE XULLO DE 2015 .-INCLUSIVE.

 

 

Actividade de Animación linguistica:Concerto de Xoan Curiel

xoaancurielO SÁBADO 4 DE XULLO, ÁS 11:30 HORAS  NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CIVICO, irmos ter a actuación de: XOAN CURIEL E SON+D2

Trátase dunha actividade apta para tódolos públicos, pero en especial para nenos/as de Primaria, Pois ben, dende Concello querernos contar con tódolos nenos/as de Xove nesta actuación, e aproveitamos tamén para INVITAR a tódolos pais e familiares a que asistan e acompañen aos nenos/as a esta actuación. Esta actuación está englobada dentro do Programa FALAREDES da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, contando coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove.

ACTIVIDADE TOTALMENTE LIBRE E GRATUITA

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026