Slider

C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Presentación en Xove do Libro “Noui e o Bebedizo Máxico”

Hoxe, dende as 10:30 ás 11:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, desenvolveuse o último acto da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello. No mesmo contouse coa presencia dos alumnos de 1º a 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán.  Este acto consisteu na presentación do libro  "Noui e o bebedizo máxico", contado polos propios nenos e nenas creadores, ao resto do alumnado e profesorado de Primaria. Ao finalizar, o Alcalde, Demetrio Salgueiro resaltou a importancia de traballar a igualdade de xénero no ámbito educativo  e agradeceu ao profesorado do CEIP a súa implicación e interese. Xunto coa  concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dun libro e diploma a cada neno e nena creador do conto.

Durante os meses de outubro e novembro de 2014  (inicio deste  curso escolar), os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP "Caselles Rollán" de Xove, traballaron nun proxecto de igualdade, organizado polo Concello de Xove en colaboración co propio Colexio e subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europaeo. Este proxecto consistiu na elaboración dun conto para a igualdade, basado nunha historia, persoaxes e escenario ideado polo propio alumnado de 6º. Pois ben, foi este conto, en forma de libro, o que se presentou hoxe aquí en Xove. En canto ao libro, que como dixemos inicialmente recibiron os de 6º de Primaria,  será repartido tamén entre os restantes nenos/as do Colexio.

Actuacións na TDT en Xove

O vindeiro LUNS, 9 DE MARZO, ao longo da mañá, vaise proceder no Repetidor de A Medela ao APAGADO DO CANLE 63 (TVE1, TVE2, CLAN, 24H e TVE1 HD), polo cal será necesario SINTONIZAR ESTES PROGRAMAS NA CANLE 47 (DEFINITIVO).

Tamén van a proceder a instalar a CANLE 26, na que se emitirán BOING, GOL TV e    ENERGY, aínda que estes programas seguirán a verse ata o 31 de marzo nos seus canles actuais.

Os veciños/as do Concello que reciben sinal dos reemisores de Veiga, Camba ou San Cristovo NON SE VERÁN AFECTADOS.

Remata o Obradoiro “Sendas de Burela, Cervo e Xove 2”

Este obradoiro, que comezou o pasado 29 de agosto  de 2014, foi promovido polo Concello de Xove, contando tamén  coa colaboración dos Concellos de Cervo e Burela. No mesmo  inscribíronse 20 persoas de tódalas idades. A sede organizativa e coordinativa do mesmo estivo no Concello de Xove. O obradoiro, como cáseque todos deste tipo, tivo unha parte teórica e outra práctica.

En canto ás diversas partes teóricas, foron impartidas no antigo Colexio de Palmeiro; ademáis da teoría propia do obradoiro,  desenvolvéronse varias actividades formativas tranversais:  igualdade, sensibilización medioambiental, informática básica, prevención de riscos laborais e técnicas de busca de emprego.   A  parte práctica desenvolveuse en varios lugares do noso Concello: no entorno do Centro Cívico (parque e entorno), na Urbanización Palmeiro no entorno da sede de COGAMI e ao carón do antigo colexio. Tamén se realizou a poda e mantemento de toda a masa árborea da Avenida Deputación e dos parques de Xove. A duración do curso foi de 6 meses, 2 de teoría e 4 de teórico-práctico. O obradoiro foi financiado pola Consellería de Traballo (a través da Dirección Xeral de Emprego) e o Fondo Social Europeo. Pola súa banda, o noso Concello puxo a disposición do obradoiro os medios materiais, básicamente ferramentas e útiles de traballo (desbrozadoras, cortacéspedes, vehículos,  etc.), financiando tamén parte dos materiais para o seu desenvolvemento.

XVI Tirada do Campionato de Bolos

foto11

 Nesta xornada  tivemos  37 inscritos e con un Campo en perfectas  condicións, que tivo os resultados seguintes:

  • Liga Senior Masculina.- Tirada moi igualada nesta categoría; o 9º posto acadado por Rafael González, que sumou só dous puntos, costoulle o liderato, e importante vantaxe de 9 puntos que disfrutaba sobre Arturo Vigo esfumouselle, e agora é segundo a un punto de Arturo. A falla de dúas tiradas para rematar, Morás e Sumoas, a emoción é máxima; en principio a tirada de Morás favorece a Arturo e a de Sumoas a Rafael, dahí que o pronóstico é totalmente incerto, e o normal é que teñamos que esperar ata a última tirada para coñecer o gañador desta XXVIª tirada. Tanto Arturo como Rafa son agora matemáticamente inalcanzabeis, polo que os perseguidores terán que pelexar pola terceira praza final; nesta tesitura temos a Alex Meitín con 86 puntos, Francisco Pérez con 76, Jose Vigo con 73, e Moisés Rodríguez, Sócrates Campo e Luis Rancaño con 69, 67 e 66 puntos respectivamente. En principio o vixente campión Alex Meitín ten moitas posibilidades, pero bueno, xa se sabe, ata o rabo todo é toro, e calquera dos que veñen por detrais pode dar a sorpresa; un día malo teno calquera.
  • Liga Senior Feminina.- Se a igualdade na anterior categoría é máxima, o mesmo pasa nesta; a líder Belén Meitín non foi capaz siquer de puntuar, o que aproveitaron Salomé Cardoso e Carmen Roca para recortar distancias, estando agora a 2 e 3 puntos respectivamente da líder. A falla de só dúas tiradas, o máis posible é que se xoguen o todo polo todo na última tirada; Belén inda ten un certo marxe de fallo dado grazas á pequena vantaxe que posúe, pero Salomé e Carmen non poden permitirse fallar.
  • Liga Sub 16.- Se as dúas primeiras posicións xa están claras, nas dúas últimas tiradas finais queda por ver quen se alza co último escalón do podium; esta terceira praza a están a disputar Julia López (30 puntos) e Hugo Pérez (27 puntos), dous nenos moi competitivos e cun gran futuro neste deporte. Pois ben, no tramo de Liga que resta teremos que fixarnos nestes dous xogadores para ver quen deles se leva o gato á auga.

Nesta categoría inda queda unha pequena pelexa, que están a dirimir os dous mellores xogadores da Liga; Daniel e Miguel tamén están coitando por ver quen se alzo co trofeo á mellor bolada do campionato; por agora vai por diante Miguel, xa que ten unha mellor bolada de 74 tantos acadada o pasado 25 de xaneiro na boleira do Cruceiro. Pero bueno, coñecendo como coñecemos a Daniel, sabemos que vai a pelexar ata o final por conseguir este prezado trofeo. 

A vindeira tirada, e penúltima desta tempada, vaise celebrar CENTRO SOCIAL DE MORÁS,  O VINDEIRO  SÁBADO, 28 DE FEBREIRO DE 2015.cool

Leer más:XVI Tirada do Campionato de Bolos

Entroido' 2015

    • CARROZAS: 1º Premio (450 €): HADAS MÁGICAS .- 2º Premio (250 €): CARAVANA DE MUJERES.- 3º Premio (150 €): A CASIÑA DO TIROL.- 3º Premio (150 €): OS VISITANTES
    • COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSOAS:1º Premio (250 €): DANZA DO DRAGÓN.- 2º Premio (200 €): SAN BARTOLIÑOS.- 3º Premio (125 €): ALBORADA NO XARDÍN.- 3º Premio (125 €): O CURRO DE SAN BARTOLO
    • GRUPOS DE 3 A 9 PERSOAS: 1º Premio (110 €): OS POLLITOS.- 2º Premio (80 €): OS ESPAPEIS.- 3º Premio (50 €): CHINAS.- 3º Premio (50 €): BUFONES DE LA CORTE
    • PARELLAS ADULTOS: 1º Premio (60 €): SOY TU AMIGO FIEL.- 2º Premio (50 €): 3º Premio (40 €): 3º Premio (40 €)
    • PARELLAS INFANTÍS: 1º Premio (60 €): ASTERIX E OBELIX.- 2º Premio (50 €): BOLBORETAS DE PRIMAVERA.- 3º Premio (40 €): AS GALIÑAS POÑEDORAS.- 3º Premio (40 €): POLI E PRESO
    • INDIVIDUAIS ADULTOS:.- 1º Premio (50 €): ALBAÑIL EN CRISIS.- 2º Premio (40 €): ROMANO VIVARIENSE.- 3º Premio (30 €): AMBIENTADOR PINO.- 3º Premio (30 €): A PAIASIÑA MICOLOR
    • INDIVIDUAIS INFANTIL:.- 1º Premio (50 €): DEBAJO DEL MAR.- 2º Premio (40 €): GARDACOSTAS.- 3º Premio (30 €): HULK.- 3º Premio (30 €): EN EL FUTURO TAMBIÉN SE RECICLAJE
    • Outras Categorías:Premio ao disfraz máis original, tanto individual como colectivo (30 €) :  A volta ao rural (carroza).- Premio ao participante máis maior (30 €uros): Mercedes Varela Bolón de “Alborada no xardín”.- Premio ao  conxunto máis numeroso (30 €uros): O curro de San Bartolo (Carroza).- Participante máis novo: un agasallo – Julia Bermúdez Pena de “Os visitantes”

CONTINÚAN OS SÁBADOS BAILONGOS EN XOVE

Os Sábados Bailongos, que na súa primeira parte desenvolvéronse dende finais de novembro ata finais de xaneiro deste ano, van ter a súa coninuidade ata finais de marzo. Un total de 7 bailes, que comezarán este vindeiro sábado 7 de febreiro co DÚO SESIÓN, vanse desenvolver ata finais de marzo. Temos que decir que o Concello está moi satisfeito de cómo se están a desenvolver, sobretodo pola resposta do público, tanto de Xove como de fóra. 

En total van ser 16 SÁBADOS BAILONGOS, cuxa organización e financiamento corre totalmente a cargo do noso Concello.O lugar de celebración vai seguir sendo o  Salón de Actos do Centro Cívico, local que cremos especialmente axeitado para este tipo de actos dado que se trata dun espazo amplo,  cunha  boa acústica para este tipo de  música e cálido para xente. A entrada aos bailes é de carácter totalmente libre e gratuito, comezando os mesmos, cada sábado, ás 21:30 horas.

PROGRAMACIÓN  7 DE FEBREIRO: DUO SESIÓN // 21 FEBREIRO: DUO MERENGUE //  28 FEBREIRO: DUO ECLIPSE // 7 MARZO: DUO SAVOI // 14 MARZO: DUO DIAMANTES//  21 MARZO: DUO SESIÓN // 28 MARZO: DUO EPO-K.

 

Programa de Antroido'2015 Xove

 As actividades do noso Concello para o Entroido, coordinadas coma en anos anteriores pola Concellería de Cultura, vanse  desenvolver o sábado 14 de febreiro durante unha boa parte dese día. O Programa é o seguinte:

  •   16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo da CHARANGA “ATURUXO” de Ribado.
  •  17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
  •  18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL TAPI-DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas,  e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.
  •   22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

   A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ANTROIDO 2015" EN XOVE.-  O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

  • No Concello, na oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:00 a 15:00 horas –os luns de 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas-) ata o venres 13 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
  • O mesmo día do desfile (14 defebreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

 O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 14 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

Leer más:Programa de Antroido'2015 Xove

Vídeos do Concurso de karaoke de Nadal.-

.......PULSA EN LEER MAIS PARA VER OS VIDEOS COMPLETOS .............

Leer más:Vídeos do Concurso de karaoke de Nadal.-

Actividades das Festas de Nadal en Xove

DÍA DO NENO E CABALGATA DE REIS

O Concello avanza cara o final deste Nadal cun amplo programa de actividades:

SÁBADO 3  DE XANEIRO.- Celebraremos, ao longo de toda a xornada, o DÍA DO NENO, que vai ter dous ámbitos, un na Piscina Municipal e outro no Pavillón de Deportes:Na Piscina Municipal teremos  XOGOS ACUÁTICOS, con 3 aparellos de auga distintos, en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde. A entrada a esta actividades vai estar regulada polo personal da Piscina Municipal, facéndose a entrada á mesma segundo grupos de idades:

  • De 11:00 a 12:00 h.: 5 a 8 anos.
  • De 12:00 a 13:00 h.: de 9 a 11 anos.
  • De 13:00 a 14:00 h.: de 12 a 15 anos.
  • De 16:30 a 17:30 h.: de 12 a 15 anos.
  • De 17:30 a 18:30 h.: de 9 a 11 anos.
  • De 18:30 a 19:30 h.: de 5 a 8 anos.

   No Pavillón Municipal de Deportes,  en horario de 16:00 a 20:00 horas, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar de inchables no Pavillón de Deportes.  Imos ter 8 grandes inchables, todos distintos e pensados para distintos tipos de idades; esta oferta vaise completar con dous obradoiros, un de papiroflexia e outro de maquillaxe.  A ENTRADA A ESTAS ACTIVIDADES É DE CARÁCTER TOTALMENTE LIBRE E GRATUITO.

DOMINGO 5 DE XANEIRO.- A Cabalgata está previsto que comence ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón co DJ TAPI-DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.

Con respecto á celebración da Cabalgata, o Concello emitiu o seguinte AVISO: Dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata o vindeiro LUNS, 5 de xaneiro. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde  Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade, onde está o Bar A Esquina). Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos) disfruten de máxima seguridade.

INTENSO FIN DE SEMANA DE NADAL EN XOVE.-

  • O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha; despois dos Bolechas, da Festa na Escola Infantil e da apertura hoxe da exposición de Cristian Carabalí, preséntasenos un intenso fin de semana de Nadal, con múltiples actividades.
  •  Sábado, 20 de decembro .- VISITA DE PAPÁ NOEL POLAS PARROQUIAS -Durante o día, Papá Noel vai realizar unha visita por tódalas parroquias do Concello conforme ao seguinte percorrido:
  • Pola mañá: Ás 12:00 h. no Centro  Social de Monte, ás 12:30 h. no Escola de Gulpilleiras en A Rigueira, e  ás 13:00 h. no Club Palmeiro.
  • Pola tarde: Ás 15:30 h. no Centro Social do Cruceiro, ás 16:00 h. no Centro Social de A Vara, ás 16:30 h. no Centro Social de Vilachá, ás 17:00 h. no Pórtico da Igrexa de Morás, ás 17:30 h. no Centro Social de Lago e ás 18:00 h. no Centro Social de Sumoas.
  • INAUGURACIÓN DO BELÉN MUNICIPAL.- O Belén Municipal, que ocupa unha boa parte do Parque anexo ao Centro Cívico, vaise inagurar ás 19:00 horas (7 da tarde). Nesta inauguración vanse realizar algunhas escenificacións a cargo da Escola de Maiores do Concello. Uns 20 membros da Escola van participar no evento.
  • Rematada a inauguración, imos poder disfrutar novamente de Papá Noel, que vai estar na Praza do Centro Cívico despois de percorrer tódalas parroquias do Concello.
  •   Domingo, 21 de decembro .- TEATRO  .-  Ás 20:00 h. (8 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico,   o grupo de teatro da FUNDACIÓN EU SON/CENTRO DE DISCAPACITADOS INTELECTUAIS de Burela vai por en escena a obra “UN DÍA DO REVÉS” de Alba Guijarro.
  • Dende o Concello queremos invitar a tódolos nosos veciños e visitantes a participar neste amplo abanico de  actividades, que un ano máis organiza o Concello a través das distintas concellerías.

Programa de actividades de Nadal 2014-2015

 

Leer más:Programa de actividades de Nadal 2014-2015

KaraoKe de Nadal 2014-215

CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA      pdfLISTA_DE_CANCIÓNS IVº CONCURSO KARAOKE

SÁBADOS BAILONGOS EN XOVE

Este fin de semana comeza no noso Concello os SÁBADOS BAILONGOS, unha das actividades lúdico-culturais que máis éxito está a ter; estamos a falar   dos bailes populares de salón, eventos que son seguidos e contan coa participación de todo tipo de persoas, pero que teñen o seu público máis particular, polo menos no noso Concello, no sector da terceira idade e parellas casadas en xeral.

O lugar de celebración dos SÁBADOS BAILONGOS vai a ser o  Salón de Actos do Centro Cívico, local que cremos especialmente axeitado para este tipo de actos dado que se trata dun espazo amplo,  cunha  boa acústica para este tipo de  música e cálido para xente. A entrada aos bailes é de carácter totalmente libre e gratuito, comezando os mesmos, cada sábado, ás 21:30 horas.

Esta actividade, que se vai prolongar nos vindeiros meses, xa conta cun programa pechado ata finais de xaneiro do vindeiro ano e que adxuntamos. A organización e financiamento desta actividade corre totalmente a cargo do noso Concello.

nova edición do concurso POSTAIS PARA O NADAL

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.- Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.

Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano escolleuse  unha postal de Noel Quelle, gañador da pasada edición na categoría de 1º a 4º de ESO, como felicitación de Nadal  do Concello  a tódolos nosos veciños.

Os traballos (postais)  hai que presentalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, sendo a  data límite para presentar as postais  o venres 19 de decembro, incluído. Cada concursante poderá presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se quere potenciar e a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os traballos participantes serán expostos na Biblioteca Municpal segundo se vaian presentando. Dende o Concello animamos a tódolos nenos/as e rapaces/as a que participen nesta actividade. -----> convocatoria e bases no Portal Transparencia <-----

 

Festa do Ramo no Alto do Cruceiro- Xuances ' 2014

A Comisión de Festas de Xuances, formada por Javier Rivas, Iago Eijo, Francisco Sánchez, Rubén Sánchez Alejandro Quintas, organizamos por oitavo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 3 e o sábado 4 de outubro. Antes de pasar a outras cousas, decir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, estando o campo ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, decir que a Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos nosos visitantes, dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

Como principal novidade para edición deste ano, decir que ESTREAMOS CAMPO DA FESTA, xa que o lugar onde tradicioinalmente desenvolvemos as actividades festivas está recén asfaltado, co fin de favorecer os bailes e as demáis actividades.

En canto ao amplo programa de actividades, destacamos a celebración, na súa OITAVOA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 3 de outubro.  Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e  un viño.  . En total temos preparadas máis de  1.000 racións, que esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa imos ter un posto onde os visitantes van poder adquirir tikets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bó programa de baile a partires das 10:30 da noite, baile que estará amenizado pola orquestra "GALILEA".   En canto ao programa de actividades do sábado, 4 de outubro, temos:

  •    13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, que van contar cunha coral e os gaiteiros de Saiñas de Xove.
  •    14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do “FIN DE SIGLO".
  •    22:00 horas (10 da noite): Verbena coas orquestras "FIN DE SIGLO" e "MOSAICO".

Por último, a Comisión quere darlle as gracias a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran coas nosas Festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos nosos veciños.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo
Caldeira-Astilla-2026