* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Oliver Escobar presentará un novo libro en Xove
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Jueves, 05 Novembro 2009 14:57
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Jueves, 05 Novembro 2009 14:50
O DOMINGO 3 de Xaneiro 2010, no Salon de Actos do Centro Cívico de Xove, as 5 da tarde será a presentación do libro escrito por Oliver Escobar, un Xovense, que está traballando en Escocia; titulado Galician Rhapsody, blues escocés.Libros anteriores:
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Martes, 20 Outubro 2009 17:06
O Concello de xove organiza unha viaxe en autobús a Santiago de Compostela para todas aquelas persoas que queiran asistir como público ao novo programa da TVG “LAND ROBER”, invitados polo xovense Roberto Vilar “O Tonecho”.
A viaxe tería lugar o xoves 19 de novembro, saindo ás 17:00 horas da Marquesina do Centro Cívico, sendo a hora prevista de chegada as 2:00 da madrugada.
Para anotarse, hai que chamar ao Concello ao teléfono 982592001 antes do 10 de novembro.
Comenza a XXIª tirada de Bolos "Concello de Xove"
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Viernes, 09 Outubro 2009 11:58
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Viernes, 09 Outubro 2009 11:22
O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova tempada de bolos. O sábado, 10 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 18 será a Xª Tempada.
Como novidade para este ano, decir que imos ter a Iª LIGA FEMININA DE BOLOS, a cal vai ter un desenvolvemento parello ás outras dúas, celebrándose as tres conxuntamente. Esperamos con isto facilitar a incorporación da muller ao mundo do deporte autóctono; o tempo dirá se acertamos ou non.
Outra das novedades para esta temporada, son as normas aprobadas por tódolos xogadores na Bolera do Centro Social de O Cruceiro o pasado 28 de marzo.
1º.- Queda anulada a norma aprobada o 28 de novembro de 1.998 no Centro Social de Vilachá que prohibía mollar as bolas e bolos.
2º.- Elimínase a LINEA DO 20 para categoría SENIOR, polo que a partires de agora só existirá a LINEA DO 10 para as categorías SENIOR, SUB 18 e FEMININA.
Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, hai uns dias tivemos unhas Xornadas de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebradas os dias 30 de setembro e 1 de outubro e polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES. O obxectivo destas Xornadas foi o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo. Amáis da colaboración que tódolos anos presta o IES Illa de Sarón, contamos novamente coa colaboración para esta tempada da EMPRESA AUTOESCUELA MUNDIAL; a ambos lles queremos dar as grazas.
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Viernes, 02 Outubro 2009 19:48
Hoxe, o Concelleiro de Obras e 1º Tenente de Alcalde José Manuel González, xunto co Arquitecto Técnico Municipal, visitaron as obras realizadas no entorno daIgrexa de Xuances, a cal, por certo, vai acoller mañá a Misa do Rosario dentro das Festas do Ramo 2009 que hoxe e mañá se celebran na Parroquia de Xuances.
Estas obras incluiron básicamente un acondicionamento do entorno do Iglesario de Xuances, realizándose traballos de adecuación dunha zoa lateral como aparcamento, aumentando neste senso o existente. A obra consisteu nuna rebaixa dun talud duns 75 metros de longo, e a construcción dun muro de contención realizado con grandes sillares de pedras, recintados co fin de crear un bonito efecto, axustándose esteticamente toda a intervención ao entorno da Igrexa.
Con esta obra ampliouse a zoa de aparcamento da Igrexa con 28 postos máis, o cal vai supor un mellor servizo a tódolos veiciños/as da Parroquia.
A obra realízouse integramente con cargo ao erario municipal, e contou cun presuposto de 55.544´54 €uros. Dado que se trata dunha obra nun entorno tan especial como é o da Igrexa de Xuances, dendo o Concello se lle solicitou autorización a Patrimonio da Xunta e tamén ao Obispado de Mondoñedo-Ferrol co fin de poder realizar estas obras.
Festa do Ramo no Alto do Cruceiro- Xuances
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Martes, 29 Setembro 2009 19:39
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Martes, 29 Setembro 2009 19:30
A Comisión de Festas de Xuances, formada por Onofre Louzao, Javier Rivas, Iago Eijo e Rubén Sánchez, organizamos por cuarto ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 2 de outubro e o sábado 3 de outubro. Antes de pasar a outras cousas, decir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, estando o campo ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, decir que a Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos nosos visitantes, dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
Xornadas de promoción dos bolos para os alumnos/as do ies illa de sarón
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Martes, 29 Setembro 2009 16:02
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Martes, 29 Setembro 2009 15:53
Un ano máis, e antes de comezar a XXIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do IES Illa de Sarón.
A exposición "Xove 360º. un grado máis" xira polos centros sociais
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Jueves, 24 Setembro 2009 19:07
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Jueves, 24 Setembro 2009 19:04
Esta Exposición fotográfica, que durante do 14 ao 30 de agosto estivo exposta na Sala de Exposicións do Cívico, pode ser contemplada agora no Centro Social de Lago, onde está instalada dende onte 22 de setembro ata o 4 de outubro. O horario de apertura vai selo o do propio Centro Social. Debido ao éxito da Exposición, dende a Concellería de Cultura decidiuse xirala por todo o Concello, polo que despois de Lago a Exposición irá ao Centro Social de S. Isidoro de Monte, e despois a outro, e así ata completar o circuito de todo o Concello:
-22 SETEMBRO A 4 OUTUBRO: C.S. LAGO -6 AO 18 OUTUBRO: C.S. S. ISIDORO DE MONTE -20 OUTUBRO A 1 NOVEMBRO: C.S. O CRUCEIRO -3 AO 15 DE NOVEMBRO: C.S. A VARA. -17 AO 29 NOVEMBRO: C.S. SUMOAS. -1 AO 13 DECEMBRO: C.S. VILACHÁ. -15 AO 27 DECEMBRO: C.S. S. PALMEIRO
Programa "Apertura de centros educativos públicos fora de horario lectivo"
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Miércoles, 23 Setembro 2009 01:00
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Domingo, 27 Setembro 2009 10:49
O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, ven de por en marcha, coa colaboración do IES Illa de Sarón de Xove e o CEIP Pedro Caselles Rollán, o "Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2009". Trátase dun programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa. O Presuposto Total deste Programa é de 11.300 €uros, dos cales 7.714´63 €uros son finaciados pola Consellería e o resto polo Concello de Xove.
Das catro modalidades existentes ("A", "B" , "C" e “D”), o noso Concello participa na "A" (apoio a actividades saudables e habilidades persoais) na "B" (apoio á mellora do éxito escolar) e na “C” (prevención e intervención ante o absentismo e abandono temprerán dos estudios). Na modalidade "A" participan os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles. Na modalidade "B" alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO. Na Modalidade “C”, participan rapaces/as de 16 a 24 anos.
O 29 de setembro: Festas do San Miguel de A Rigueira .
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Miércoles, 23 Setembro 2009 01:00
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Domingo, 27 Setembro 2009 11:07
A Asociación CulturalPau da Vella, co fin de recuperar as Festas do San Miguel , puxo en marcha unha Comisión de Festas formada por José Angel García González e Albano Riveira Paleo; despois duns meses de intenso traballo, acaban de por en marcha e recuperar as tradicionais FESTAS DO SAN MIGUEL, as cales levaban sen facerse dende hai uns 12 anos.
As celebracións desta Festas vanse centrar no Día de San Miguel, concretamente o 29 DE SETEMBRO, que este ano coincide cun martes. O espazo previsto para este evento é o Campo da Festa anexo á Igrexa Parroquial; trátase dun espazo amplo, habilitando a Comisión de Festas tamén amplos campos para aparcamento, o cal vai ser moi necesario dado que se espera que acuda moita xente. O Programa, moi atractivo, cremos que vai ser un importante reclamo para xente dos alrededores.
Programa “Ponte en Forma”.- Aerobic.- Ximnasia.-Pilates
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Miércoles, 16 Setembro 2009 15:35
Última actualización en Jueves, 25 Outubro 2012 11:14
Publicado el Lunes, 14 Setembro 2009 15:33
Aerobic: luns e mércores, de 10:30 a 11:30 Ximnasia De Mantemento: luns, mércores e venres, de 11:30 a 12:30. Pilates: martes e xoves, de 10:15 a 11:15. Pilates Maiores (+50 Anos): martes e xoves, de 11:15 a 12:15.
*Tódalas actividades comezarán o 5 de outubro, e realizaranse na sala multideportiva do concello.
* A inscrición será gratuita e farase na oficina do técnico municipal de cultura ou no tfno 982 59 20 01 (Estibaliz) dende o 14 ao 30 de setembro de 2009. prazas limitadas.
* O 2 de outubro exporase no Concello a lista de admitidos, quedando o resto nunha lista de reserva.
Cine Caixanova de Verán presenta “Kung Fu Panda” y “Mamma Mia” en Xove
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Lunes, 14 Setembro 2009 01:00
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Domingo, 13 Setembro 2009 15:36
La película de animación de la productora de Spielberg y el musical basado en las canciones de ABBA harán las delicias de grandes y pequeños “CINE CAIXANOVA DE VERÁN” es una de las actividades culturales que la entidad financiera llevará a Xove, fruto del convenio de colaboración establecido con el ayuntamiento de esta localidad. El 31 de agosto, a las 22.30 horas en la Praza do Centro Cívico se proyectará “Kung Fu Panda” y el 1 de septiembre, en el mismo lugar y la misma hora se proyectará “Mamma Mia!”. (EN CASO DE MAL TIEMPO O LLUVIA, LAS PROYECCIONES SE REALIZARÁN EN EL PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES).
práctica do curso de camareiro de restaurante-bar en Morás
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Martes, 25 Agosto 2009 01:00
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Miércoles, 16 Setembro 2009 15:55
Mañá martes 25 de agosto, no Centro Social de Morás, ás 19:00 horas (7 da tarde), as persoas alumnas do Curso de Camareiro/a de Restaurante-Bar realizarán unha práctica que consistirá no servizo dun aperitivo. A este aperitivo asistirán o Alcalde e os Concelleiros e Concelleiras de Xove, os representantes dos establecementos que colaboraron coa celebración do curso, alumnos que tiveron que deixalo por incorporarse a traballar por conta allea ou por conta propia (como é o caso de un alumno e unha alumna que comezaron a rexentar un bar na localidade) ...
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Miércoles, 16 Setembro 2009 16:04
Por segundo ano consecutivo o Concello de Xove, por medio da Concellería de Cultura, organiza o TORNEO DE BOLOS “SAN BARTOLO” 2009, o cal se vai desenvolver na BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE o SÁBADO 22 DE AGOSTO A PARTIRES DAS 4 DA TARDE.
A este Torneo, unha das múltiples actividades deportivo-culturais organizadas pola Concellería de Cultura do Concello, está previsto que acudan numerosos xogadores, tanto do club local, o Club de Bolos Xove, como xogadores doutros Clubs da Provincia.
A organización dispuxo para este importante evento deportivo 4 trofeos, deles 3 para os tres primeiros e un trofeo para mellor bolada.
Este Trofeo, que vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXIª Tirada de Bolos o vindeiro 10 de outubro, vaise disputar polas novas normas aprobadas polos xogadores o pasado 28 de marzo na Boleira do Centro Social de O Cruceiro. Dentro dos cambios producidos na Normativa dos Bolos e que se van esperimentar por primeira vez neste Torneo, temos:
aberto o prazo de Inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Miércoles, 12 Agosto 2009 16:18
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Miércoles, 16 Setembro 2009 16:16
Durante todo o mes de agosto está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Para matricularse hai que presentar a ficha da matrícula no Rexistro do Concello; os requisitos para esta matrícula, son: 1º.- A inscrición poderase facer durante todo o mes de agosto nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello, en REXISTRO onde Marité), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. 2º.- A matrícula na Escola é totalmente gratuita. 3º.- Para matricularse haberá que cubrir a Ficha de Inscrición, que estará a disposición dos/as solicitantes no Rexistro das Oficinas Municipais. Unha vez cuberta a solicitude, esta haberá que rexistrala no Rexistro Municipal, procurando cubrir correctamente tódolos datos. Haberá que aportar unha fotografía tamaño carné do/a solicitante. 4º.- Para o Curso 2009-2010 a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica dispón de 55 prazas, que serán cubertas por rigurosa orde de inscrición, ousexa, tomarase en conta a orde de inscrición no Rexistro Municipal. Pódese dar o caso de que teñamos máis solicitudes que prazas, polo que, nese caso, terán preferencia os censados/as no Concello de Xove. 5º.- Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola, o Concello fará pública a Lista de Inscritos na Escola. Rematado o prazo da matrícula oficial (finais de agosto), o Concello abrirá unha Lista de Reserva da Escola da que formarán parte, por rigurosa orde de inscrición no Rexistro, os/as que non entraran na Lista de Inscritos, en caso de que así suceda. Na Lista de Reserva se poderá seguir inscribíndose durante o resto do ano, pechándose definitivamente a finais de 2.009. 6º.- As actividades do Curso 2009-2010 comezarán o XOVES, 3 DE SETEMBRO de 2009.
Exposición de Manuel Fernandez Fra, en Xove.
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Lunes, 03 Agosto 2009 16:21
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44
Publicado el Miércoles, 16 Setembro 2009 16:21
Hoxe venres 24 de xullo ás 19:00 h. acaba de ter lugar a inauguración da exposición de Manuel Fernández Fra, veciño de Xove e gran aficionado á pintura. Ésta vai estar aberta na sala de exposicións coa que conta a Oficina Municipal de Turismo, situada na Avenida Diputación, dende o 24 de xullo ata o 10 de agosto, en horario de luns a domingo de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 (agás o luns e martes pola mañá que permanecerá pechada). No acto de inauguración desta exposición Manuel estivo acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura, Mª Dolores Meitín, e por familiares e amigos que o arroupaban nestes momentos. Son máis de 25 as obras que presenta Manuel Fernández.. Este pintor aficionado nace nas Casas da Aldea, na parroquia de Xove, no ano 1.934. Desenvolve a súa afición pola pintura de xeito tardío. Na súa obra recolle fundamentalmente motivos do seu pasado mariñeiro e tamén do seu entorno, básicamente Xove e concellos limítrofes, cunha temática moi variada: paisaxes, bodegóns, retratos, estampas típicas, etc…
video xove youtube
Detalles
Departamento de Cultura e Comunicación
Creado en Jueves, 30 Xullo 2009 00:49
Última actualización en Lunes, 06 Agosto 2012 19:44