Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Entregados os premios do concurso de postais de Nadal

Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, en horario de recreo, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.  O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai algo máis dun mes unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.

Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.  Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

LISTADO DE PREMIADOS....  

Leer más:Entregados os premios do concurso de postais de Nadal

Antroido 2020-->Concurso de Disfraces

    Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, presentaron o Programa de actividades do noso Concello para o ENTROIDO 2020

 

   Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.

 

INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2020" EN XOVE

   A mesma hai que realizala en:

      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 21 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

      -O mesmo día do desfile (22 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

   O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 22 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

 

 ------Documents----- FICHA DE INSCRIPCIÓN ----------- > BASES REGULADORAS  <---

 

 

Concurso “Tapeo do mar”

ROCÍO RODRÍGUEZ do establecemento hostaleiro A FUGA recibeu de man do alcalde José Demetrio Salgueiro o premio da II Edición do Concurso “Tapeo do mar” enmarcado nas Xornadas Gastronómicas 2019 do proxecto GALP: CONSTRUIR O FUTURO DE XOVE MIRANDO AO MAR pola súa tapa: LURA DE OUTONO

 

“Agradezo moito o premio, porque a verdade é que a tapa deunos moito traballo, pero o que realmente me gustou por enriba de todo foi a aceptación da clientela, a resposta da xente foi desbordante, non me esperaba que fose gustar tanto algo tan pequeniño.

A formación que recibín de Lucía Freitas foi moi valiosa, aprendín cousas que nin se me ocorrera que se podían facer e que seguín aplicando a outras tapas, por outra parte, de Lucía gustoume todo: a súa implicación, a súa humildade, a súa cercanía,...”

 

Concurso caretas antroido 2020

Convócase para este  Antroido 2020 o Concurso de Caretas dirixido a nenos xovenses en idade escolar, desde preescolar ata 4º de ESO

 A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto.- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 10 de febreiro de 2020.

As caretas poderán realizalas «en cartolina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio A4», segundo especifican nas bases adxuntas.

 

----BASES REGULADORAS-----  <<<-----FICHA DE INSCRIPCIÓN-----<<

 

 

Día dos Nenos e a Cabalgata de reis

Remata o nadal en Xove co Día dos Nenos e a Cabalgata de reis

Sábado, 4 de xaneiro - DÍA DOS NENOS.- Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro temos o DÍA DOS NENOS  con:

-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:

  • De 11:00 a 12:00       horas de 5 a 8 anos.
  • De 12:00 a 13:00 horas de 9 a 11 anos
  • De 13:00 a 14:00 horas de 12 a 15 anos
  • De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
  • De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
  • De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.

En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.

-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: La granja, Multiarcos, Moto Gp, Tobogán xigante, Tobogán dísney, Barredora, Globoflexia e Maquilaxe.

   A entrada a todas estas actividades é totalmente libre e gratuita.

Domingo, 5 de xaneiro – CABALGATA ESPECIAL DE REIS.- ntro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA ESPECIAL DE REIS o domingo 5 de xaneiro.

   Antes da cabalgata polas rúas de Xove, os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños. Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.   O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.


      CHAMAMENTO AOS ASISTENTES   

Dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as aceras, e que por cuestións de seguirdade non invadan a calzada.  

 


 

Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.

Festa de Fin de ano 2019

Mañá, martes, 31 de decembro,  e para rematar o ano continuamos o amplo Programa de Actividades de Nadal do Concello, neste caso adicado aos nenos. As 11:00 horas teremos unha FESTA INFANTIL FIN DE ANO coas seguintes actividades:fiestainfantil

  • 11:00 horas. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes con xogos e actividades para tódolos nenos e pais.
  • 12.00 horas.- Celebración Infantil Fin de Ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos  asistentes. Neste caso farémolo na Praza do Centro Cívico coas campanadas do Reloxio do Concello.

Concerto musical “Os tres amigos do acordeón”

Hoxe, domingo 29 de decembro, tivemos nos Salón de Actos do Centro Cívico o Concerto “Os tres amigos do acordeón: Herminio, Modesto e José”. Trátase de tres músicos amateurs, Modesto e José de Xove, e Herminio de Celeiro.

Inda que amateurs, son grandes afeccionados á música, e preparáronos un gran concerto de acordeóns con pezas como “Paquito Chocolatero”, “Aires de Viena”, “Madrecita Querida”, algún tango, etc.

 

Éxito do IX Concurso de Karaoke de Xove

Celebrado este pasado sábado 28 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes cheo de xentewink decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. Xacobe Pedre e José Rodríguez, profesores da Escola Municipal de Música e Uxío Dayán do grupo de Gaitas de Saiñas, foron os xuices encargados de seleccionar aos gañadores. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:nl-105316-karaoke-vertical-neon-sign

Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):

  • 1º Premio “Mellor Voz”: Darío Castro Díaz, coa canción “Hijo de la luna” de Mecano. Premio de 60 €uros.
  • 2º Premio “Mellor Voz”: Martín Canoura Lamelas coa canción “Burrito Habanero” de Hugo Blanco. Premio de 60 €.

          Premio a “Mellor Caracterización”: Anais Romero Suárez, coa canción “Estrellida donde Estás”. Premio de 60 €.

   Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):

  • 1º Premio “Mellor Voz”: Alba Canouar Frá coa canción “I Dónt Wasna Be You Any Moore” de Billie Eilish . Premio de 90 €.
  • 2º Premio “Mellor Voz”: Izan Frá Fernández coa canción “Perfect” de Ed Sheeran. Premio de 90 €.

   Premio a “Mellor Caracterización”: Víctor Vázquez con “La de la Mochila Azul” de Pedro Fernández. Premio de 90 €.

   Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):

  • 1º Premio “Mellor Voz”: Elena Valle García coa canción “Halelujah” de Alexandra Burke . Premio de 150 €.
  • 2º Premio “Mellor Voz”: Laura Míguez Ramos coa canción “Por mil años más”. Premio de 150 €

   Premio a “Mellor Caracterización”: Raul de Jesús Torres García coa canción “Wonder of You” de Elbvis Presley. Premio de 150 €

   Decir que a participación foi excelente, con 22 inscritos: 4 en categoría “peques”, 7 en categoría “iunior” e 11 en categoría “veteranos”.

A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por noveno ano consecutivo.   Na entrega de premios estivo o Alcalde, Demetrio Salgueiro  acompañado polas concelleiras Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).

  IMAXES DO EVENTO...

Leer más:Éxito do IX Concurso de Karaoke de Xove

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal

CANCELADO O CONCERTO DE NADAL

 

IX CONCURSO DE KARAOKE. CONTINÚA ABERTA A INSCRICIÓN

Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke.

 A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura, ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.

  Amáis disto, o mesmo día do karaoke, o sábado 28, tamén teremos aberta a inscrición no Pavillón de Deportes en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Malestar polo estado da estrada que vai a San Isidoro de Monte

Hoxe, un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte mantiveron no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro onde lle manifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Monte e que presenta un estado lamentable. A cantidade de baches, pequenos e grandes, é incontable, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. A estrada, de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, é nestes intres un auténtico perigo, tanto para pións como para a circulación de vehículos.Recordamos que esta estrada é vital para a parroquia, xa que é o cordón umbilical que une Monte con Xove, percorrido que hoxe é unha auténtica e perigosa aventura.

O alcalde aproveitou a xuntanza para entregarlles aos veciños unha copia do acordo asinado entre o Concello de Xove e a Deputación de Lugo segundo o cal a estrada debería estar asfaltada con aglomerado en quente neste 2019, acordo que a Deputación de Lugo está a inclumplir.eek

Actividades fin de semana en Xove

 ===AVISO IMPORTANTE!!, debido á alerta meteorolóxica prevista para mañá sabado día 21, a Inauguración do Nadal queda aprazada para o LUNS 23 no mesmo horario...====

   Continuamos coas actividades de Nadal ....laughing

  • SÁBADO, 21 DE DECEMBRO.- INAUGURACIÓN DO NADAL. O programa de actos vai comezar coa chegada de Papá Noel, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Xove, onde vai recibir a tódolos nenos. De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10. Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.
  • DOMINGO, 22 DE DECEMBRO.- TEATRO INFANTIL O grupo de teatro infantil ADALA de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un trobeiro e un demo están namorados da mesma princesa, pero o primeiro non é do gusto do Rei, porque non ten diñeiro e a simple vista tampouco parece moi listo. Para quedar ben con el, pero asegurándose de que non poida casar coa princesa, o Rei pon a proba ao rapaz: ten que facer o camiño de Santiago e traerlle unha cuncha. Se o consegue poderá casar coa princesa. Para asegurarse de que non sexa así, o Rei conta coa axuda do demo, que lle porá mil atrancos. Máis o trobador tamén contará con importantes aliados que velarán por el para que alcance o seu cometido: o apostol Santiago, San Francisco de Asís, a Vía Láctea e unha das súas fillas caída do ceo.

GRUPO CROONER : POP ROCK ACÚSTICO

=====ACTUACIÓN MUSICAL=====

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal, polo que  coincidindo cos Venres de Tapeo organizados polos bares e restaurantes de Xove, o Concello programou un concerto no Pavillón Municipal de Deportes para mañá venres 20 de decembro a partires das 23:00 horas.

Concretamente vai ser o Grupo CROONER o que vai protagonizar o citado concerto.  Formado por 4 membros, van a interpretar música moi variada, dentro dun estilo Pop Rock en acústico. A entrada a este concerto é totalmente libre. Sen dúbida, unha boa ocasión para disfrutar da boa música.

Actividades de Nadal en Xove

   #       SABADO 14. VIDEPROYECCION FOTOGRAFICA "CLIC". AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO    

   Trátase dunha videoproxección de fotografías realizada conxuntamente pola Asociación Fotográfica “Os Negativos” de Viveiro e o Grupo “Fotonavia” de Asturias. O vídeo que se vai a proxectar recolle fotografías duns 20 afeccionados, tomadas en distintos lugares do mundo, pero preferentemente en Galicia e Asturias. A montaxe do vídeo foi realizada por Javi Freitas do Grupo “Fotonavia”.   O vídeo está dividido en bloques temáticos: arquitectura, paisaxe, natureza, retrato, branco e negro, etc.    A entrada, libre. Unha boa ocasión para disfrutar da mellor fotografía. Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).

 A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira.Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.

   #     DOMINGO 15.- PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL " A BALEEIRA DE MORÁS".- AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO     

   Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).

 A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira. Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.  Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá.  Entrada libre.

IX Concurso de Karaoke de Xove. Xa está aberta a inscrición!

Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

 A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 27 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 28) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.      

PREMIOS:

  • Peques. Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 €
  • Iunior.- Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 €
  • Veteranos.- Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 €

En total son 900 € en premios en metálico. E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.

 

Comeza o Nadal en Xove...

Estamos no comezo do Nadal. Pois ben, o BELÉN XIGANTE DE XOVE acaba de abrir as súas portas a todo o público.  Está instalado, coma nos últimos anos, no parque municipal que está enfrente ao Concello.

Vai estar aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día . Dende o Concello invitamos a tódolos nosos veciños e visitantes a que disfruten do Nadal e do Belén Xigante de Xove.
 

Programa de Nadal 2019-20

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo