Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Festa de Fin de ano 2019
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Lunes, 30 Decembro 2019 12:29
-
Última actualización en Martes, 31 Decembro 2019 12:53
-
Publicado el Lunes, 30 Decembro 2019 12:29
Mañá, martes, 31 de decembro, e para rematar o ano continuamos o amplo Programa de Actividades de Nadal do Concello, neste caso adicado aos nenos. As 11:00 horas teremos unha FESTA INFANTIL FIN DE ANO coas seguintes actividades:
- 11:00 horas. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes con xogos e actividades para tódolos nenos e pais.
- 12.00 horas.- Celebración Infantil Fin de Ano coa toma das 12 uvas e champín por parte dos nenos asistentes. Neste caso farémolo na Praza do Centro Cívico coas campanadas do Reloxio do Concello.

Concerto musical “Os tres amigos do acordeón”
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Domingo, 29 Decembro 2019 21:44
-
Última actualización en Domingo, 29 Decembro 2019 21:47
-
Publicado el Domingo, 29 Decembro 2019 21:44
Hoxe, domingo 29 de decembro, tivemos nos Salón de Actos do Centro Cívico o Concerto “Os tres amigos do acordeón: Herminio, Modesto e José”. Trátase de tres músicos amateurs, Modesto e José de Xove, e Herminio de Celeiro.

Inda que amateurs, son grandes afeccionados á música, e preparáronos un gran concerto de acordeóns con pezas como “Paquito Chocolatero”, “Aires de Viena”, “Madrecita Querida”, algún tango, etc.
Éxito do IX Concurso de Karaoke de Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Domingo, 29 Decembro 2019 20:59
-
Última actualización en Domingo, 29 Decembro 2019 21:42
-
Publicado el Domingo, 29 Decembro 2019 20:59
Celebrado este pasado sábado 28 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes cheo de xente decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. Xacobe Pedre e José Rodríguez, profesores da Escola Municipal de Música e Uxío Dayán do grupo de Gaitas de Saiñas, foron os xuices encargados de seleccionar aos gañadores. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Darío Castro Díaz, coa canción “Hijo de la luna” de Mecano. Premio de 60 €uros.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Martín Canoura Lamelas coa canción “Burrito Habanero” de Hugo Blanco. Premio de 60 €.
Premio a “Mellor Caracterización”: Anais Romero Suárez, coa canción “Estrellida donde Estás”. Premio de 60 €.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Alba Canouar Frá coa canción “I Dónt Wasna Be You Any Moore” de Billie Eilish . Premio de 90 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Izan Frá Fernández coa canción “Perfect” de Ed Sheeran. Premio de 90 €.
Premio a “Mellor Caracterización”: Víctor Vázquez con “La de la Mochila Azul” de Pedro Fernández. Premio de 90 €.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Elena Valle García coa canción “Halelujah” de Alexandra Burke . Premio de 150 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Laura Míguez Ramos coa canción “Por mil años más”. Premio de 150 €
Premio a “Mellor Caracterización”: Raul de Jesús Torres García coa canción “Wonder of You” de Elbvis Presley. Premio de 150 €
Decir que a participación foi excelente, con 22 inscritos: 4 en categoría “peques”, 7 en categoría “iunior” e 11 en categoría “veteranos”.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por noveno ano consecutivo. Na entrega de premios estivo o Alcalde, Demetrio Salgueiro acompañado polas concelleiras Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).
IMAXES DO EVENTO...
Leer más:Éxito do IX Concurso de Karaoke de Xove
O Concello continúa coas súas actividades de Nadal
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 26 Decembro 2019 12:15
-
Última actualización en Viernes, 27 Decembro 2019 11:11
-
Publicado el Jueves, 26 Decembro 2019 12:15
CANCELADO O CONCERTO DE NADAL
IX CONCURSO DE KARAOKE. CONTINÚA ABERTA A INSCRICIÓN
Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke.
A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura, ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.
Amáis disto, o mesmo día do karaoke, o sábado 28, tamén teremos aberta a inscrición no Pavillón de Deportes en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Malestar polo estado da estrada que vai a San Isidoro de Monte
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Lunes, 23 Decembro 2019 14:20
-
Última actualización en Lunes, 23 Decembro 2019 14:29
-
Publicado el Lunes, 23 Decembro 2019 14:20
Hoxe, un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte mantiveron no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro onde lle manifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Monte e que presenta un estado lamentable. A cantidade de baches, pequenos e grandes, é incontable, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. A estrada, de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, é nestes intres un auténtico perigo, tanto para pións como para a circulación de vehículos.Recordamos que esta estrada é vital para a parroquia, xa que é o cordón umbilical que une Monte con Xove, percorrido que hoxe é unha auténtica e perigosa aventura.

O alcalde aproveitou a xuntanza para entregarlles aos veciños unha copia do acordo asinado entre o Concello de Xove e a Deputación de Lugo segundo o cal a estrada debería estar asfaltada con aglomerado en quente neste 2019, acordo que a Deputación de Lugo está a inclumplir.
Actividades fin de semana en Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 20 Decembro 2019 11:57
-
Última actualización en Sábado, 21 Decembro 2019 00:08
-
Publicado el Viernes, 20 Decembro 2019 11:57

===AVISO IMPORTANTE!!, debido á alerta meteorolóxica prevista para mañá sabado día 21, a Inauguración do Nadal queda aprazada para o LUNS 23 no mesmo horario...====
Continuamos coas actividades de Nadal ....
- SÁBADO, 21 DE DECEMBRO.- INAUGURACIÓN DO NADAL. O programa de actos vai comezar coa chegada de Papá Noel, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Xove, onde vai recibir a tódolos nenos. De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10. Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.
- DOMINGO, 22 DE DECEMBRO.- TEATRO INFANTIL O grupo de teatro infantil ADALA de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un trobeiro e un demo están namorados da mesma princesa, pero o primeiro non é do gusto do Rei, porque non ten diñeiro e a simple vista tampouco parece moi listo. Para quedar ben con el, pero asegurándose de que non poida casar coa princesa, o Rei pon a proba ao rapaz: ten que facer o camiño de Santiago e traerlle unha cuncha. Se o consegue poderá casar coa princesa. Para asegurarse de que non sexa así, o Rei conta coa axuda do demo, que lle porá mil atrancos. Máis o trobador tamén contará con importantes aliados que velarán por el para que alcance o seu cometido: o apostol Santiago, San Francisco de Asís, a Vía Láctea e unha das súas fillas caída do ceo.
GRUPO CROONER : POP ROCK ACÚSTICO
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 19 Decembro 2019 14:29
-
Última actualización en Jueves, 19 Decembro 2019 14:59
-
Publicado el Jueves, 19 Decembro 2019 14:29
=====ACTUACIÓN MUSICAL=====
O Concello continúa coas súas actividades de Nadal, polo que coincidindo cos Venres de Tapeo organizados polos bares e restaurantes de Xove, o Concello programou un concerto no Pavillón Municipal de Deportes para mañá venres 20 de decembro a partires das 23:00 horas.
Concretamente vai ser o Grupo CROONER o que vai protagonizar o citado concerto. Formado por 4 membros, van a interpretar música moi variada, dentro dun estilo Pop Rock en acústico. A entrada a este concerto é totalmente libre. Sen dúbida, unha boa ocasión para disfrutar da boa música.

Actividades de Nadal en Xove
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 13 Decembro 2019 14:03
-
Última actualización en Lunes, 16 Decembro 2019 09:57
-
Publicado el Viernes, 13 Decembro 2019 14:03
# SABADO 14. VIDEPROYECCION FOTOGRAFICA "CLIC". AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO
Trátase dunha videoproxección de fotografías realizada conxuntamente pola Asociación Fotográfica “Os Negativos” de Viveiro e o Grupo “Fotonavia” de Asturias. O vídeo que se vai a proxectar recolle fotografías duns 20 afeccionados, tomadas en distintos lugares do mundo, pero preferentemente en Galicia e Asturias. A montaxe do vídeo foi realizada por Javi Freitas do Grupo “Fotonavia”. O vídeo está dividido en bloques temáticos: arquitectura, paisaxe, natureza, retrato, branco e negro, etc. A entrada, libre. Unha boa ocasión para disfrutar da mellor fotografía. Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).
A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira.Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.
# DOMINGO 15.- PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL " A BALEEIRA DE MORÁS".- AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO

Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).
A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira. Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal. Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.
IX Concurso de Karaoke de Xove. Xa está aberta a inscrición!
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Viernes, 13 Decembro 2019 11:23
-
Última actualización en Domingo, 29 Decembro 2019 22:06
-
Publicado el Viernes, 13 Decembro 2019 11:23
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 27 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 28) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS:
- Peques. Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 €
- Iunior.- Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 €
- Veteranos.- Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 €
En total son 900 € en premios en metálico. E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
Comeza o Nadal en Xove...
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 11 Decembro 2019 14:27
-
Última actualización en Miércoles, 11 Decembro 2019 14:29
-
Publicado el Miércoles, 11 Decembro 2019 14:27
Estamos no comezo do Nadal. Pois ben, o BELÉN XIGANTE DE XOVE acaba de abrir as súas portas a todo o público. Está instalado, coma nos últimos anos, no parque municipal que está enfrente ao Concello.
Vai estar aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día . Dende o Concello invitamos a tódolos nosos veciños e visitantes a que disfruten do Nadal e do Belén Xigante de Xove.
Programa de Nadal 2019-20
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 05 Decembro 2019 14:20
-
Última actualización en Martes, 10 Decembro 2019 08:50
-
Publicado el Jueves, 05 Decembro 2019 14:20

PRESENTACIÓN EN XOVE DO LIBRO-DISCO "IACOBUS"
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 20 Novembro 2019 12:47
-
Última actualización en Miércoles, 20 Novembro 2019 14:43
-
Publicado el Miércoles, 20 Novembro 2019 12:47
Hoxe, ás 11:00 horas no salón de Plenos do Concello, tivo lugar a presentación pública do LIBRO-DISCO “IACOBUS”, coa a presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, Xan Carballal director da Orquestra Clásica de Xove e Xulia Nogueira directora da Escola Municipald de Música de Xove. Estiveron acompañados por un nutrido grupo duns 40 alumnos e profestores do IES Illa de Sarón de Xove.
O Disco-Libro foi patrocinado pola Xunta de Galicia XACOBEO 2021 e polo Concello de Xove. Tivo un presuposto de 11.228,80, dos cales a Xunta aportou 6.737,28 € e o Concello o resto. Na realización do libro, que parteu dunha idea de Xulia Nogueira e Xan Carballal, participaron principalmente as seguintes persoas.
- Texto de Iacobus: Xulia Nogueira.
- Música e arranxos: Xan Carballal.
- Ilustracións: Xoan Guerreiro.
- Fotografía: Xulia Nogueira e Eloi Caldeiro.
- Deseño gráfico e maquetación: Xulia Nogueira.
Musicalmente tamén participaron alumnos e coros das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, así coma a Oraquestra Clásica de Xove.
O libro conta unha historia dun peregrino, que lóxicamente non imos desvelar aquí. No tocante ao disco, inclúe música orixinal a e arranxos de pezas medievais cargo de Xan Carballal, así como poesías de Xuia Nogueira.
Sen dúbidas, un gran traballo que permite celebrar os 30 anos da creación da Escola Municipal de Música de Xove, tal como ercolle o alcalde Demetrio SAlgueiro na introducción do libro.
Rematada a presentación, o alcalde entregoulle a Xan Carballal -como recoñecemento dese importante Premio da Crítica que recentemente recibeu o músico- unha figura de Sargadelos que representa o Faro de Roncadoiro, un dos símbolos de Xove. Noraboa a Xan por este importante premio da Crítica e polo recoñecemento do Concello.
TEATRO....
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 20 Novembro 2019 12:13
-
Última actualización en Miércoles, 20 Novembro 2019 12:19
-
Publicado el Miércoles, 20 Novembro 2019 12:13

Acordo Plenario sobre Alcoa
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Jueves, 17 Outubro 2019 10:56
-
Última actualización en Jueves, 17 Outubro 2019 11:13
-
Publicado el Jueves, 17 Outubro 2019 10:56
No pleno celebrado o pasado martes 15 de outubro, a iniciativa da Alcaldía de Xove, aprobouse por unanimidade de toda a corporación unha proposta en apoio da competitividade e futuro dos empregos das factorías que a multinacional alcoa ten en Xove e Cervo.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
As factorías coas que a multinacional Alcoa conta en Xove e Cervo (para a fabricación de alumina e aluminio) teñen un carácter estratéxico por canto constitúen o principal motor económico e laboral da Mariña lucense e un dos máis importantes da nosa provincia, onde incluso representa o 30% do seu Produto Interior Bruto (PIB).
Estamos a falar da principal fonte de emprego directo para máis de 1.100 familias de traballadores do complexo, aos que teríamos que engadir os empregos indirectos que xera Alcoa na costa lucense, tanto nas empresas auxiliares, como en sectores como o de servizos e hostalería (calcúlase un total no entorno a 5.000 postos de traballo).
Un dos principais factores que afectan á competitividade e futuro desta compañía ten que ver co custe da enerxía eléctrica, xa que logo para transformar a alumina en aluminio é preciso un proceso de electrólise que precisa de moita demanda enerxética. Só Alcoa San Cibrao ten un consumo equivalente a 30.000 fogares.
A factura eléctrica representa un dos gastos máis importantes da conta de explotación da factoría e os elevadísimos incrementos do prezo que están a ter lugar nos últimos meses poñen en risco a viabilidade e futuro deste complexo industrial, sen que o Goberno central adopte as medidas ás que se comprometeu, entre elas, a aprobación do Real Decreto que incorpora o Estatuto de Consumidores Electrointensivos.
Esta ferramenta normativa debe establecer unha combinación de medidas, primas, subvencións e descontos, que protexan a competitividade das empresa altamente dependentes da enerxía abaratando o custo final do subministro, unha variable especialmente necesaria, para empresas que compiten nun mercado global. Neste momento o prezo da electricidade en España é moi caro, preto dun 50 % máis que en Alemaña ou Francia.
Con todo, o borrador deste Real Decreto presentado o pasado mes de marzo polo Ministerio de Enerxía e Transición Ecolóxica non foi satisfactorio para ninguén, porque recortaba o sistema de apoio actual, e non incorporaba as demandas do sector. A Xunta de Galicia validou e presentou coas empresas electrointensivas as alegacións para que o futuro estatuto incluíra as propostas de Galicia sen que, ata o de agora, obter cumprida resposta.
Non é a primeira vez que na factoría lucense existen tensións como consecuencia do prezo da electricidade, pero nesta ocasión a situación é moito más grave derivada da inactividade do Goberno central ou de decisións políticas como as que desde o Executivo estatal cuestionan o futuro das empresas produtoras de enerxía (térmicas, de carbón, nucleares) sen alternativas viables a prezos competitivos.
Ademais a día de hoxe, a situación vese agravada tendo en conta que a multinacional advirte que o mantemento dos prezos actuais non permiten a produción aluminio en condicións competitivas e que lle levou a adoptar decisión inauditas, como a venda das factorías emprazadas na Coruña e Avilés ou a decisión de recortar a produción e pechar a actividade de 32 cubas na factoría de San Cibrao.
Por todo o anterior, preséntase ó Pleno do Concello de Xove a presente PROPOSTA DE ALCALDÍA EN APOIO DA COMPETITIVIDADE E FUTURO DOS EMPREGOS NAS FACTORIAS DA MULTINACIONAL ALCOA e proponse a aprobación dos seguintes
ACORDOS ADOPTADOS:
- 1º.- Instar ao Goberno central a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao (Cervo) .
- 2º.- Instar ao Goberno central a garantir un marco enerxético estable e competitivo e aprobar, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas, no que se incorporen as alegacións presentadas en conxunto pola Xunta de Galicia e as compañías galegas, así como as presentadas polos representantes dos traballadores, co fin de que Alcoa dispoña dun prezo da enerxía que lle permita manter a súa actividade.
Sorteo Membros Mesas Eleccións Xerais 10 novembro 2019
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Martes, 15 Outubro 2019 15:05
-
Última actualización en Miércoles, 16 Outubro 2019 15:07
-
Publicado el Martes, 15 Outubro 2019 15:05
De conformidade co disposto no artigo 26.4 da LOREG procedese ao sorteo e designación dos membros das Mesas Electorais ( titulares e suplentes ) para as próximas Eleccións Xerais de novembro de 2019, co resultado seguinte:
CENTRO SOCIAL DE TOIMIL (A VARA)-----DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
- Presidente/a: ROCIO BERMUDEZ RODRIGUEZ
- 1º Vocal: CONCEPCION FERNANDEZ CAJETE

- 2º Vocal: IAGO EIJO CANOURA
Suplentes : 1º Suplente de Presidente/a: ESTRELLA DEL ALBA SOTO LOPEZ
2º Suplente de Presidente/a: SANDRA MARIA FRANCO RODRIGUEZ
1º Suplente de 1º Vocal: TANIA IGLESIAS MARIÑO
2º Suplente de 1º Vocal: JOSE MANUEL FRANCO FERNANDEZ
1º Suplente de 2º Vocal: FRANCISCO GONZALEZ CHICA
2º Suplente de 2º Vocal: FRANCISCO MANUEL PARAPAR
CENTRO CIVICO DE XOVE-----DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
- Presidente/a: JOSE MANUEL FERREIRA LOPEZ
- 1º Vocal: JOSE ANGEL GARCIA GONZALEZ
- 2º Vocal: FRANCISCO ANTONIO CASARIEGO GUERREIRO
Suplentes : 1º Suplente de Presidente/a: MIRTA ESCUREDO DIEZ
2º Suplente de Presidente/a: FABIAN BEN CONDE
1º Suplente de 1º Vocal: EUGENIA VICTORIA CASABELLA FERNANDEZ
2º Suplente de 1º Vocal: MIGUEL ANGEL GARCIA SANCHEZ
1º Suplente de 2º Vocal: JUAN JOSE GARCIA SANCHEZ
2º Suplente de 2º Vocal: JOSE MANUEL FERNANDEZ LAGE
CENTRO CIVICO DE XOVE --- DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
- Presidente/a: TRINIDAD SANTOS FERNANDEZ
- 1º Vocal: JACOBO LOUZAO REGO
- 2º Vocal: MARIA CARMEN VILLAR LOZANO
Suplentes : 1º Suplente de Presidente/a: MINERVA SUAREZ RIVAS
2º Suplente de Presidente/a: PURIFICACION VALIN RODRIGUEZ
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA JOSEFA MEITIN OTERO
2º Suplente de 1º Vocal: MARTA RODRIGUEZ RAMOS
1º Suplente de 2º Vocal: MARIA AZUCENA MARTINEZ REGO
2º Suplente de 2º Vocal: MARIA DOLORES NOGUEROL LOPEZ
ANTIGUA ESCUELA DE VILACHÁ (PORTOCELO) --- DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
- Presidente/a: MARIA GORETTI FERNANDEZ SANCHEZ
- 1º Vocal: MARIA BELEN CASAS MARQUEZ
- 2º Vocal: ZEUS LOSADA SANCHEZ
Suplentes : 1º Suplente de Presidente/a: CRISTINA MEITIN ROUCO
2º Suplente de Presidente/a: ARACELI VIZOSO JUL
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA EPIFANIA SANCHEZ
2º Suplente de 1º Vocal: SANDRA PERNAS VIDAL
1º Suplente de 2º Vocal: MARIA DOLORES PRIETO VAZQUEZ
2º Suplente de 2º Vocal: MIGUEL SANCHEZ FERNANDEZ
AGRUPACION ESCOLAR GULPILLEIRAS (RIGUEIRA) --- DISTRITO: 01 SECCION: 002 MESA:U
Titulares :
- Presidente/a: LUCIA DUARTE GARCIA
- 1º Vocal: JORGE POSADA FREIJE
- 2º Vocal: MARIA PENA PASTOR
- Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: JOSE LUIS GOMEZ LABAYEN
- 2º Suplente de Presidente/a: DAVID CANOURA FERNANDEZ
- 1º Suplente de 1º Vocal: RAMON FRANCISCO EIJO BALSEIRO
- 2º Suplente de 1º Vocal: MARIA JOSE PIÑEIRO TEIJIDO
- 1º Suplente de 2º Vocal: MARIA LINA PENA EIJO
- 2º Suplente de 2º Vocal: MANUEL DUARTE FERNANDEZ


Derechos de los miembros de las mesas .- Al igual que en los comicios del pasado 28 de abril, los presidentes y vocales de las mesas, así como los suplentes que resulten finalmente designados como miembros titulares de la mesa, percibirán una dieta de 65 euros.
Además, tendrán derecho a una reducción de su jornada de trabajo de cinco horas el día inmediatamente posterior y estarán protegidos por el sistema de la Seguridad Social frente a las contingencias y situaciones que puedan derivarse de su participación en las elecciones.
Concentración pola continuidade de Alcoa
- Detalles
-
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Creado en Miércoles, 09 Outubro 2019 10:33
-
Última actualización en Martes, 15 Outubro 2019 18:41
-
Publicado el Miércoles, 09 Outubro 2019 10:33
Os Concellos da Mariña e os representantes dos traballadores decidiron facer movilizacións conxuntas para visualizar a problemática ante a ameaza do peche da fábrica de Alcoa. Debido á importancia que ten a presencia de Alcoa para todas as veciñas e veciños e tamén para todos os sectores do Concello é polo que chamamos a unha CONCENTRACIÓN ESTE MÉRCORES 9 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H. DIANTE DO CONCELLO DE XOVE.
Con estas medidas de concentracións semanais en varios concellos da Mariña pretendemos solicitarlle ao goberno central un precio competitivo da enerxía eléctrica para lograr a continuidade da planta de Alcoa.

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|