XOVE CONCILIA VERÁN

O Concello continúa co seu programa “VERÁN XOVE 2019”, ofertando un gran abano de actividades lúdico-educativas aos seus veciños, en especial aos nenos e rapaces.

XOVE CONCILIA VERÁN

Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, arrancou o 16 de xullo con todo tipo de actividades; estas estanse realizando no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.

A posta en marcha deste Programa incide na INTEGRACIÓN DA VIDA LABORAL E ESCOLAR, aproveitando que os nenos/as que participan están en período vacacional. Concilia Xove, nace para cubrir as necesidades por parte das familias con demanda de ter un servicio do concello para conciliar a vida familiar e laboral.

 

XOGOS PRE-DEPORTIVOS

Dirixido a nenas e nenos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a 4º de primaria, desenvólvese do 2 de xullo ao 13 de agosto, segundo os seguintes horarios:

MARTES E XOVES de 11:30 a 12:30 H.

   Nesta actividade inscribíronse 14 nenos, que realizan as súas actividades na Aula Multideportiva do Concello.

MAÑÁNS DIVERTIDAS

Dentro deste programa, que está sendo levado a cabo por un grupo de voluntarias, estamos tendo diversas e variadas actividades:

   -Actividades de Robótica.- Realízanse os mércores, na Aula de Informática da Omix, en dous grupos, un de 10:30 a 11:45 h e outro de 12:00 a 13:15 h. Nesta actividade participan 23 rapaces/as de entre 10 e 16 anos.

   -Manualidades.- Outra das actividades realizadas polos inscritos nestas mañáns divertidas é a realización de distintas manualidades, realizadas con todo tipo de materiais, actividade na cal os participantes poden dar renda solta as súas inquedanzas artísticas.

   As mañáns divertidas comezaron o 2 de xullo e van ter continuidade ata o vindeiro 22 de agosto. As actividades desenvólvense os martes, mércores e xoves e son coordinadas por cinco rapazas voluntarias: Eva Hermida Quelle, Alba Villarquíde Pérez, Laura Cuadrado López, Sara Martínez Martínez e Sofía López Lousas.